O Ilyushin Il-96 é un avión catrimotor de pasaxeiros de fuselaxe ancha deseñado por Ilyushin na Unión Soviética e fabricado por Voronezh Aircraft Production Association en Voronezh, Rusia. O primeiro prototipo realizou o seu primeiro voo o 28 de setembro de 1988, equipado con motores turboventilador soviéticos Aviadvigatel PS-90A, e o 29 de decembro de 1992 entregouse a primeira unidade á aeroliña rusa Aeroflot. Foi o primeiro avión ruso que non recibiu unha designación OTAN.

Ilyushin Il-96
Il-96
Tipopasaxeiros
FabricanteIlyushin
Primeiro voo28 de setembro de 1988
Introducido29 de decembro de 1992
Estadoen servizo
Unidades construídas28