Illas maiores da Sonda

As illas maiores da Sonda son un grupo de illas na parte occidental do Arquipélago Malaio. As illas no grupo inclúen Borneo, Xava, Célebes e Sumatra. O grupo está dividido politicamente entre Brunei, Indonesia e Malaisia. Xunto coas illas menores da Sonda, ao leste, conforman as illas da Sonda.

Mapa do arquipélago Malaio coa localización das catro principais illas (en vermello) das Illas maiores da Sonda.
Mapa do arquipélago Malaio coa localización das catro principais illas (en vermello) das Illas maiores da Sonda.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.