Illas Sverdrup
Vista da illa
Datos
Capital
País Canadá
Localización Océano Ártico
Arquipélago Illas Árticas do Canadá
Linguas
Poboación (2009) 8-12 non permanente
Superficie 66.000 km²
Densidade
Coordenadas 82°00′N 95°00′O / 82.000, -95.000
Maior Altura 2.211 m. Pico Outlook
Localización
Localización da illa

As illas Sverdrup son un arquipélago do grupo das illas da Raíña Isabel, que á súa vez forman parte do arquipélago ártico canadense, localizado ao norte das illas da Raíña Isabel, que pertence integramente ao territorio de Nunavut, Canadá.

Historia editar

Este grupo de illas recibe o seu nome en honra ao explorador noruegués Otto Sverdrup, que explorou e cartografiou as illas entre 1898 e 1902, co barco Fram, aínda que algunhas foran previamente habitadas polos inuit.

Sverdrup reclamou as illas para Noruega, pero o goberno noruegués non mostrou interese en proseguir coa súa demanda ata 1928. Nese momento, o goberno noruegués expuxo a demanda, principalmente para utilizar as illas como moeda de cambio nas negociacións co Reino Unido sobre o estatuto doutras illas árticas, Jan Mayen e illa Bouvet. O 11 de novembro de 1930 Noruega recoñeceu a soberanía canadense sobre as illas Sverdrup.

Xeografía editar

O grupo de illas atópanse ao oeste da grande illa Ellesmere, a uns 82°N e 95°O. As principais illas do grupo son a illa Axel Heiberg, illa de Amund Ringnes, e a illa Ellef Ringnes, e o arquipélago tamén inclúe un número indeterminado de pequenas illas nas augas que o rodean.

Os únicos asentamentos nas illas son Isachsen (unha antiga estación de persoal, ocupada entre 1948 e 1978) na illa de Ellef Ringnes e Mc Gill Arctic Research Station, na illa de Axel Heiberg, unha estación estival de investigación.

Principais illas editar

Illa Pico Altitude m. Área km² Lugar Canadá Lugar Mundo
Axel Heiberg Pico Outlook 2211 43178 7 32
Illa Ellef Ringnes ... 260 11295 16 69
Illa de Amund Ringnes ... 265 5255 25 111
Illa Meighen ... 300 955 50 337
Illa King Christian King Christian Mountain 165 645 60 420
Illa Stor ... 500 313 87 ...
Sverdrup Pico Outlook 2211 66000 - -

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar