Illas Sagres
Coordenadas: 42°30′32″N 9°02′58″O / 42.509019444444, -9.0493388888889
As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.
Illas Sagres | |
---|---|
Situación | |
País | Galicia |
Provincia | A Coruña |
Arquipélago | Illas Sagres |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | Coordenadas: 42°30′32″N 9°02′58″O / 42.509019444444, -9.0493388888889 |
Xeografía | |
Superficie | 0´135 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.
O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes superficiais e outros que velan e desvelan coa marea.