Coordenadas: 75°28′30″N 143°02′31″L / 75.47500, -143.04194

As illas Anzhu (en ruso, острова Анжу) son un grupo de illas localizadas no Ártico Siberiano, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia. Este grupo de illas é un territorio practicamente deshabitado.

Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia.
Localización das illas Anzhu.
Mapa do arquipélago de Nova Siberia.

Administrativamente, as illas pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía editar

As illas están situadas entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental, na zona ártica de Rusia. A superficie total das illas é de aproximadamente uns 29.000 km².

As principais illas do grupo de Anzhu son (de oeste a leste):

Historia editar

As illas Anzhu levan o seu nome en honra do oficial naval e explorador ruso Pyotr Anzhu, que no transcurso dunha expedición ás costas siberianas dirixida por Ferdinand von Wrangel (1820-24) realizou o primeiro mapa das illas.