Illa de Santo Antón, A Coruña

illa situada no porto da cidade vella da Coruña
Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela.

Coordenadas: 43°21′58″N 8°23′16″O / 43.365987, -8.387844

A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande[1] é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina.

Illa de Santo Antón
Illa do santo
Castelo de Santo Antón
Illa de Santo Antón en A Coruña
Illa de Santo Antón
Illa de Santo Antón
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ConcelloA Coruña
ProvinciaProvincia da Coruña
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie0´011 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.

Historia editar

A finais da idade media existía xa na illa unha pequena ermida dedicada a santo Antón na que se recollían e atendían os navegantes enfermos. Posteriormente converteuse (como outras illas galegas) en lazareto. Coa concesión, por parte de Carlos I, da Casa de Contratación de Especias, o porto da Coruña converteuse nun obxectivo para os inimigos da Coroa, polo que o Rei ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade, entre elas a construción dunha fortaleza na illa, o castelo de Santo Antón, construción que comezou no ano 1587.

En 1590, durante o ataque de Francis Drake, as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que Filipe II ordenou ao seu arquitecto que continuase e finalizase as obras do castelo. A fortaleza foi dada por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre.

Tras un ataque francés no século XV, o marqués de Valparaíso propuxo a Filipe IV a reforma da fortificación, que concluíu no século XVIII, cando se construíu a casa do Gobernador coa súa capela neoclásica no eixo da composición do edificio.

Desde comezos do século XVIII e ata o ano 1960, en que o Ministerio do Exército o cedeu ao Concello, perdeu o seu carácter militar e converteuse en prisión. Entre os seus reclusos cabe destacar a Alessandro Malaspina, Melchor Macanaz, o xeneral Villarroel e o mariscal de campo Porlier.

Logo da súa cesión ao Concello, no ano 1964 iniciáronse as obras, dirixidas por Pons Sorolla, para convertelo en museo, e que se terminaron no ano 1968. Hoxe en día mantén o seu status como Museo Arqueolóxico Municipal.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar