Illa de San Borondón

A illa de San Borondón é unha suposta illa atlántica cuxa existencia se afirma nunha lenda popular das Illas Canarias (España), que trata sobre unha illa que aparece e desaparece desde hai varios séculos, con orixe no periplo lendario de San Brandán de Clonfert («San Borondón»). Este mito ten orixe nos autores da Grecia clásica, e coñécese en Europa como «illa de San Brandán» desde a súa plasmación polos cartógrafos medievais, pero nas Canarias a tradición foi adoptada con entusiasmo, e adaptada, até no nome, á idiosincrasia nacional propia.[1] Debido ás súas características e comportamentos estraños, como o aparecer e desaparecer ou esconderse tras unha espesa capa de néboa ou nubes, foi chamada «a Inaccesible», «a Non Trubada», «a Encuberta», «a Perdida», «a Encantada» e algún apelativo máis.[2]

A existencia real da illa dábase por posible no século XV, polo que é mencionada nos tratados internacionais da época. Así, o Tratado de Alcaçovas, subscrito entre España e Portugal en 1479 para repartirse territorialmente o Atlántico aínda por navegar, especificaba claramente que San Borondón («aínda por gañar») pertencía ao Arquipélago Canario.[1] A baía de Samborombón (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) foi nomeada de tal modo durante a expedición de Magallanes en marzo de 1520, na crenza de que fora formada polo desprendemento da illa de San Borondón do continente americano.

Xeografía do mito editar

Posición e configuración editar

 
Mapa do norte de África de 1707 segundo Guillermo Delisle, ampliándoo apréciase a illa algo ao oeste das Canarias.

Leonardo Torriani, enxeñeiro encargado por Filipe II para fortificar as Illas Canarias a finais do século XVI, describe as súas dimensións e localización e achega como proba da súa existencia as arribadas fortuítas dalgúns mariños ao longo dese século.

Esta illa localizaríase ao oeste do arquipélago, a 550 km en dirección oeste-noroeste do Hierro e a 220 km en dirección oeste-suroeste da Palma, aínda que segundo outras «testemuñas» que din tela visto, sitúase directamente entre as illas da Palma, A Gomera e O Hierro.[3]

San Borondón mediría 480 km de longo (de norte a sur) e 155 km de ancho (de leste a oeste), formando cara ao medio unha considerable concavidade e elevándose polos lados en dúas montañas moi eminentes, sendo a maior delas a da parte setentrional.[3]

Cartografía na que aparece representada editar

Abundan as representacións cartográficas nas que, a través do discorrer dos séculos, aparece San Borondón. Sen ser exhaustivos, poden citarse:[4][5]

A procura de San Borondón editar

Hai relatos desde hai séculos que narran a aparición da illa, a súa visión por moitas testemuñas e a súa posterior desaparición, mentres que outras persoas atribúen a estraña aparición a algunha acumulación de nubes no horizonte ou a un fenómeno de espellismo.

Expedicións navais editar

A lenda de San Borondón chegou a adquirir tal forza nas Canarias que durante os séculos XVI, XVII e XVIII se organizaron expedicións de exploración para descubrila e conquistala. Entre elas poden enumerarse:

  • Finais do século XV: Fernando de Viseu, sobriño do Infante Don Enrique o Navegante de Portugal.[4]
  • 1526: Hernando de Troia e Francisco Álvarez, veciños de Gran Canaria.[4]
  • 1570:
    • 3 de abril: Hernán Pérez de Grao, rexente da Real Audiencia das Canarias; afirma ao seu regreso ter estado nas súas costas e perder alí a parte dos seus tripulantes.[4]
    • Pedro Vello, piloto portugués, relata como preto das Canarias tivo que cambiar o seu rumbo para refuxiarse do vento e atopouse con San Borondón. Desembarcou na illa xunto con outros dous tripulantes, que debeu abandonar nela porque o vento aumentou e obrigouno a retirarse con présa.[1]
    • Fernando Villalobos, rexedor da Palma, con tres navíos.[4]
    • Alonso de Espinosa, gobernador do Hierro.[4]
  • 1604: Gaspar Pérez de Acosta e Frei Lorenzo de Pinedo, franciscano e mariñeiro; só achan unha acumulación de nubes e celaxes no horizonte.[4]
  • 1721: Gaspar Domínguez, capitán de mar e veciño de Santa Cruz de Tenerife, cunha balandra no que foi a última expedición oficial, por encargo de Juan Mur e Aguirre, Capitán Xeneral das Canarias.[4]

Avistamentos recentes editar

En 1953, o diario ABC titulaba: «Foi vista outra vez a misteriosa “Illa Sirena”, ao noroeste da do Hierro (Canarias)»[12], e en 1958, no mesmo diario: «A Illa errante de San Borondón foi fotografada por primeira vez».[13][1] Non obstante, ningún mapamundi actual nin foto de satélite avala a existencia real desta illa.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Merino, Roberto (20 de marzo de 2011). "Larga vida a San Borondón". ABC. Consultado o 25 de marzo de 2011. 
  2. "San Borondón, la isla fantasma.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2013. Consultado o 09 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Historia General de las Islas Canarias, Viera Clavijo, Imprenta de Blas Román, Madrid (1772)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 San Borondón, la isla descubierta, Tarek Ode y David Olivera, Litografía Trujillo, La Laguna (Tenerife) (2004), ISBN 84-609-3640-6
  5. 5,0 5,1 5,2 Sabas, Martín (2007). Ínsula de Babel (1a. ed.). Santa Cruz de Tenerife: Idea. ISBN 9788483821619. 
  6. Codazzi, Angela (1970). "BECCARIO, Battista". Dizionario Biografico degli Italiani 7. 
  7. Torriani, Leonardo (1959). "CAPITULO I: De la isla Antilia o de San Borondón, que no se halla". Descripción e historia del reino de las Islas Canarias:antes Afortunadas, con el parecer de sus fortificaciones (PDF) (en castelán). Santa Cruz de Tenerife: Goya. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  8. "L'Afrique, dressée sur les observations de Mrs de l'Académie royale des ...". Gallica. Consultado o 11 abril 2018. 
  9. Poggio Capote, Manuel; Regueira Benítez, Luís (2009). La isla perdida : memorias de San Borondón desde La Palma. Cartas diferentes. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  10. Tous Meliá, Juan (2000). Visita de las yslas y reyno de la Gran Canara.. hecha por Yñigo Briçuela Hurbina [estudio crítico]. Ministerio de Defensa, Museo Militar Regional de del Centro de Historia y Cultura militar de Canarias. 
  11. Gautier-Dagoty, Jacques-Fabien (1756). "Mer Atlantique Occidentale". Cartes en couleur des lieux sujets aux tremblements de terre dans toutes les parties du monde selon les sistème de l'impulsion solaire. 
  12. "Ha sido vista otra vez la misteriosa "isla sirena" al nor-oeste de la de Hierro". ABC (en castelán). 1 setembro 1953. 
  13. "La isla errrante de San Borondon ha sido fotografiada por primera vez". ABC (en castelán). 10 agosto 1958. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar