A illa de Oak (Oak Island en inglés, Oak significa carballo), é unha pequena illa pertencente ao Canadá situada no océano Atlántico norte. Coincide co nome dunha poboación de Carolina do Norte (EUA). Moitos coidan que nesta pequena illa está enterrado un gran tesouro.

Oak
Bandeira Escudo
Localización
Illa de Oak, Nova Escocia.
Illa de Oak, Nova Escocia.
Datos
Capital
País Canadá
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 0´57 km²
Densidade
Coordenadas 44°31′00″N 64°17′57″O / 44.51667, -64.29917
Maior Altura 11 m.

Misterio editar

No verán de 1795, Daniel McGinnis, aínda adolescente, paseaba na illa de Oak, Nova Escocia, Canadá, cando atopou unha curiosa depresión circular no solo. Oindo falar dos contos de piratas naquela rexión, decidiu volver para casa e retornar cos seus amigos para investigar o burato.

Daniel McGinnis, John Smith, e Anthony Vaughan, cavan 9 m. ó carón dun carballo cuxas polas semellan aserradas. Cada 3 m. de profundidade atopan distintas capas de sedimentos diferenciados, o que os fai pensar en que o pozo non sexa natural. No seguinte século continúan as exploracións e moitos caza tesouros van descubrindo novas capas de sedimentos. En 1803 unha nova escavación vese frustrada polo que semellan ser acuíferos subterráneos que conectan co mar.

En 1893 fúndase a Oak Island Treasure Company. En 1897, William Chappel atópase cunha capa composta por ferro, formigón e madeira. A continuación, un recheo de achas de carballo e coco. A 46´6 m. de profundidade atopa un papel escrito en tinta chinesa co anagrama "VI". En sucesivas escavacións atópanse restos metálicos variados.

En 1972, unha cámara fotográfica baixou ata a zona inundada a 70 m. do pozo principal. As fotos revelan toros de árbores, un cofre, unha man e o que semella ser unha cabeza humana.

No transcurso das pescudas do misterio morreron seis persoas, as catro últimas en 1965.

Teorías do tesouro editar

Son moitas as teorías que especulan sobre a procedencia do que semella ser un tesouro enterrado. Unha fala da posible fortuna do capitán Kidd, quen evacuaría as riquezas roubadas no Caribe e acumuladas na Illa Tartaruga. Outra fala da posible autoría de Sir Francis Drake, quen agocharía o seu tesouro na illa.

A máis pintoresca fala dos Cabaleiros Templarios, quen puideron agochar gran parte das súas riquezas por medio de complicados métodos de enxeñaría.

O que é certo é que hoxe en día a illa é un destino turístico de primeiro orde en Nova Escocia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar