Illa das Esculturas

parque escultórico en Pontevedra

Coordenadas: 42°26′24″N 8°38′02″O / 42.44, -8.633889

A Illa de Covo, máis coñecida como Illa das Esculturas, é un parque e unha insua situados preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten unha superficie de 70.000 m²[1] e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes peonís. É o maior e máis importante museo ao aire libre de Galicia[2][3] e un dos máis importantes de España.[4]

Entrada do parque.

Hai no parque, entre outros, un labirinto de 2 m de altura,[5] un menhir de granito rosa de 5 m de altura nun cruzamento de camiños ou unha casa flotante no río Lérez no fondo da illa.[6] A fauna inclúe aves acuáticas e carpas.

Historia editar

A illa formouse no río a partir dos sedimentos transportados polo Lérez depositados alí porque o río xa está moi preto do nivel do mar e perde a súa forza para arrastrar eses sedimentos. Ao principio formouse unha chaira intermareal, pero o Lérez atopou este obstáculo no seu camiño cara á ría de Pontevedra e buscou outra ruta alternativa, abrindo así unha canle pola dereita.[7]

A illa permaneceu en estado salvaxe ata 1997, cando se transformou nun parque.[8] Posteriormente levouse a cabo un proxecto de posta en valor deste espazo, coa creación de obras de arte contemporánea interrelacionadas coa paisaxe por parte de 12 artistas de renome internacional,[9],[10] que tomaron como tema central o granito de Galicia e a relación do home coa súa contorna. Trátase do exemplo máis importante de land art, unha tendencia da arte contemporánea, en Galicia. O proxecto inaugurouse oficialmente o 29 de xullo de 1999.[11]

 
Plano da Illa das Esculturas.

En 2008 a comunidade de montes de Lérez levou a cabo unha talla da maioría dos eucaliptos que había, substituíndoos por árbores autóctonas.[12]

Descrición editar

A illa, declarada espazo natural protexido,[13] ten case un quilómetro de lonxitude[14] e unha forma alongada. Conta cunha zona de xuncos, praderías, un camiño principal e camiños secundarios. Tres pontes de madeira cruzan a canle interior[15] e unha pasarela atirantada sobre o río Lérez conéctaa co paseo do Lérez. Na illa hai 12 esculturas de granito de artistas internacionais.

Á illa chegan as mareas e é utilizada por moitas aves como lugar de cría. É un espazo protexido declarado LIC (lugar de interese comunitario).[16] Situada ó carón do Campus Universitario de Pontevedra, a illa tamén é utilizada por moitas persoas como lugar de paseo ou de adestramento deportivo.

Esculturas editar

Os autores internacionais e as súas obras escultóricas presentes na illa son:[17][18][19]

  • Ceo acurtado, do italiano Giovanni Anselmo. É unha columna de granito negro de Campo Lameiro dun metro e 20 centímetros que representa o espazo entre o ceo e a terra.
  • Sen título, do portugués José Pedro Croft. Trátase dunha Casa construída en granito gris de Mondariz. É unha construción de 3,20 metros sen portas nin fiestras, que se funde coa natureza que a rodea. Nas súas paredes hai incrustado unha árbore como símbolo da natureza en movemento. A casa reflicte o pequeno mundo que o home se constrúe dentro da casa que é a natureza[20] e evoca as casas rurais absorbidas pola natureza.
  • Pyramid, do estadounidense Dan Graham. A pirámide de granito rosa ten 1,9 metros de altura, duplícase nas augas do río e contén tres pirámides invertidas talladas. A obra busca o efecto de refracción da luz e o granito está pulido para conseguilo. A pirámide está colocada preto da auga do río para obter o reflexo da auga coma se fose unha pirámide dobre.[21]
  • Petrarca, do escocés Ian Hamilton Finlay. Trátase de Tres medallóns de lousa verde colgados de eucaliptos, coa inscrición Petrarca e números romanos correspondentes aos sonetos. Trátase dun conxunto de tres medallóns de lousa verde co nome do poeta italiano gravado e do número en caracteres romanos dun soneto en cada peza: Petrarca XXXV, Petrarca CXXXII e Petrarca CCCX. Finlay convida o espectador a buscar e descubrir que se esconde nesta clave numérica. Son versos de amor e soidade cos que entra en comunicación o observador. Os medallóns están en tres eucaliptos a cinco metros de altura, mirando cada un a un punto cardinal diferente para xogar co sol nas distintas franxas do día.[22]
  • Sen título, da estadounidense Jenny Holzer. Instalou Oito bancos de granito gris no paseo central da illa, con doce frases ou aforismos de intención reflexiva inscritos en cada un. Os oito bancos dan á arte unha utilidade cotiá.[23]
  • Línea de Pontevedra, do inglés Richard Long. Creou Pontevedra Line, un pequeno muro de 37 metros de lonxitude, realizado con pezas de granito branco, que evoca a idea do paseo como acción e pensamento.
  • Labirinto de Pontevedra, do estadounidense Robert Morris. Recrea a Pedra do Labirinto, dos petróglifos de Mogor. É circular, de dous metros de altura e rematado por unha cuberta de lousa negra.
  • Unha Folie ou Pequeno Paraíso para Pontevedra, dos franceses Anne e Patrick Poirier. Trátase dun xardín de 3.000 metros cadrados, fóra da illa para ser visto desde ela. A obra está feita de aceiro inoxidable, granito gris, plantas e árbores.[24]
  • Sen título, do alemán Ulrich Rückriem. Creou unha Columna de granito rosa que lembra as tradicións galegas. É unha estela de 5 metros de altura nun cruzamento de camiños.

Os artistas galegos e as súas obras son:[25]

  • Lamed Vav / Os 36 xustos, de Fernando Casás. Representa a Os 36 xustos que sosteñen o mundo da tradición hebrea mediante 36 bloques de granito negro, como troncos dun bosque tallado e devastado, distribuídos polo propio bosque da illa.
  • Saavedra, de Francisco Leiro. Instalou un salón nunha balsa ancorada no río Lérez ao final da illa. Esta obra é coñecida popularmente como A Batea.[26] Saavedra converte un espazo familiar nun inalcanzable e incómodo.[27]
  • Xaminorio xunquemenes abay, de Enrique Velasco. Creou un dobre Camiño de Xuncos na beira do río mostrando a ductilidade e flexibilidade do granito.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Du Pays Basque à la Galice, sur les pas des artistes contemporains". Beaux Arts Magazine nº436 (en francés). 23 de septembro de 2020. 
  2. "El renacimiento de la Illa das Esculturas". Cadena SER (en castelán). 3 de marzo de 2022. 
  3. "La Isla de las Esculturas atisba su redención". El País (en castelán). 22 de xaneiro de 2011. 
  4. "La Illa das Esculturas saldrá del ostracismo". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de marzo 2022. 
  5. "Un laberinto granítico de Robert Morris redondea la Illa das Esculturas de Pontevedra". El Mundo (en castelán). 19 de febreiro de 2000. 
  6. "1999: La escultura flotante de Francisco Leiro volcaba en el Lérez sin sufrir ningún daño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2019. 
  7. "Desmontando Pontevedra". TVG. 16 de marzo de 2020. 
  8. "Pontevedra recupera las márgenes del río Lérez". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 2018. 
  9. "La Illa das Esculturas espera su turno". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 2004. 
  10. "El ciclo del Museo acerca hoy la provocadora obra de Jeff Koons". El Diario Montañés (en castelán). 23 de xuño de 2008. 
  11. "12 artistas crean en Pontevedra una Isla de Esculturas". El País (en castelán). 29 de xullo de 1999. 
  12. "Acondicionan las parcelas de A Illa das Esculturas afectadas por la tala de árboles". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de marzo de 2008. 
  13. "Parque Illa das Esculturas en Pontevedra". El Mundo (en castelán). 15 de xullo de 2015. 
  14. "Doce museos al aire libre en España (más una sorpresa submarina)". El País (en castelán). 30 de aril de 2021. 
  15. "La Illa de Esculturas recupera sus pasarelas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2011. 
  16. "La Isla de las Esculturas atisba su redención". El Mundo (en castelán). 22 de xaneiro de 2011. 
  17. "Parque Illa das Esculturas en Pontevedra". El Mundo (en castelán). 15 de xullo de 2015. 
  18. "12 artistas crean en Pontevedra una Isla de Esculturas". El País (en castelán). 29 de xullo de 1999. 
  19. "Las esculturas de A Illa sufrieron más de 500 ataques desde 1999". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 2006. 
  20. "A Illa das Esculturas, un museo al aire libre en Pontevedra". El Español (en castelán). 15 de xuño de 2021. 
  21. "Falece Dan Graham, escultor da 'Pirámide' do parque da Illa da Esculturas". Diario de Pontevedra. 21 de febreiro de 2022. 
  22. "La trágica historia del único artista que se negó a visitar su obra dedicada al amor en la Illa das Esculturas". Pontevedra Viva (en castelán). 10 de febreiro de 2023. 
  23. "A Illa das Esculturas, un museo al aire libre en Pontevedra". El Español (en castelán). 15 de xuño de 2021. 
  24. "La Illa das Esculturas saldrá del ostracismo". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de marzo de 2022. 
  25. "12 artistas crean en Pontevedra una Isla de Esculturas". El País (en castelán). 29 de xullo de 1999. 
  26. "La Batea de Leiro vuelve a tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de maio de 2021. 
  27. "A Illa das Esculturas, un museo al aire libre en Pontevedra". El Español (en castelán). 15 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar