Illa da Revolución de Outubro

A illa da Revolución de Outubro (en ruso остров Октябрьской Революции, óstrov Oktiàbrskoi Revoliútsii) é a principal do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada entre as illas Komsomólets e Pioner ó norte e a illa Bolxevique o sur.

Illa da Revolución de Outubro
Остров Октябрьской Революции, Ostrov Oktyabrskoy Revolyutsii
Localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ArquipélagoSevernaya Zemlya
MarOcéano Ártico
Coordenadas79°30′N 97°30′L / 79.500, -97.500
Xeografía
Superficie14.170 km²
Punto máis alto965 m. Monte Karpinski
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron quen lle deron este nome en honor da Revolución Rusa. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Alexandra (остров Святой Александры, óstrov Sviatoi Aleksandri) en honor da tsarina Alexandra, asasinada durante a revolución bolxevique.

Ten unha superficie estimada de 14.170 km², é a 59 máis grande do mundo. O punto máis alto é o monte Karpinski, de 965 m. A metade da illa esta cuberta por glaciares que desembocan no mar. Nas partes libres de xeo, a vexetación é de tipo desértico ou de tundra.

A illa da Revolución de Outubro ten cinco glaciares principais: Rusánov, Karpinski, Universitetski, Vavílov e Albánov, e o de Maliutka, máis pequeno. De 1974 a 1988, na parte norte do glaciar Vavílov funcionou unha estación meteorolóxica. Entre os glaciares discorren diversos ríos, o principal dos cales é o Bolxaia, en dirección noroeste.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar