Illa White, Nunavut

A illa White (illa Branca) é unha das illas árticas canadenses deshabitadas na rexión de Kivalliq, Nunavut, Canadá. Situado na conca Foxe, no extremo norte da illa Southampton, ten unha superficie de 789 km².[1]

Illa White
Localización da illa
Mapa da illa White situada ao nordés da illa Southampton
Situación
País Canadá
TerritorioNunavut
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarConca Foxe
Coordenadas65°50′N 84°50′O / 65.833, -84.833Coordenadas: 65°50′N 84°50′O / 65.833, -84.833
Xeografía
Superficie789 km²
Longura máxima55 km.
Largura máxima19 km.
Punto máis alto1.100
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A Illa White está separada da Illa Southampton polo estreito (menos de 2 km) Comer ao oeste, e o estreito Falcon ao sur. Hai varios cabos incluíndo Cabo Middleton, Cabo Frigid e Cabo Deas. O estreito das baleas (Whale Sound) e o Toms Harbour están na costa leste, e o Frozen Strait está apenas máis aló. A illa White está rodeada por varias pequenas illas incluíndo illa Passage, a illa Whale, a illa Seekoo, a illa Nas, así como moitas que están sen nome. Os picos máis altos teñen 1.100 m e 1.000 m. A illa está sementada de lagos, o máis grande ten 17 km de longo.

Notas editar

  1. "The Atlas of Canada - Sea Islands". Natural Resources Canada. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2010. Consultado o 2011-05-05. 

Véxase tamén editar