A illa Ukerewe (en inglés: Ukerewe island) é unha illa lacustre africana pertencente a Tanzania, a maior illa do lago Vitoria, a 5º maior illa lacustre do mundo e a maior illa interior de África, cunha superficie de aproximadamente 530 km².[1] Forma parte do Distrito Ukerewe, que se atopa a 45 km ao norte de Mwanza, á que está unida por transbordador,[2] e tamén dispón dun transbordador de vehículos máis curto que percorre 3´8 km e une a illa a través da canle Rugezi cun camiño de terra na beira oriental do lago, que se estende a Kibara e Musoma. O litoral da illa Ukerewe está formado por numerosas baías e está rodeado polo menos dunha ducia de illas menores. A súa comunidade máis grande é Nansio.

Ukerewe
Ukerewe en Tanzania
Ukerewe
Ukerewe
Localización da illa
Mapa do lago Victoria, coa illa Ukerewe no sur
Situación
PaísTanzania Tanzania
MarLago Vitoria
Coordenadas2°3′S 33°1′O / -2.050, -33.017Coordenadas: 2°3′S 33°1′O / -2.050, -33.017
Xeografía
Superficie530 km km²
Longura máxima47 km.
Largura máxima21 km.
Demografía
CapitalNansio
Poboación345.147 (2012)
Densidade283´2 hab./km²
Vista das ribeiras da illa

A illa Ukerewe é coñecida por ter unha gran poboación de africanos con albinismo. Moitos dos primeiros que chegaron a vivir alí foron levados e abandonados na illa polas súas familias cando eran pícaros. Malia que comprende unha porcentaxe excepcionalmente alto da poboación da illa, seguen sendo, como en Tanzania, unha minoría oprimida.[3]

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar