A illa Spaatz é unha illa cuberta polo xeo, na Antártida. Está situada a 73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000 ao suroeste da Illa Alexandre I e ao oeste da base da península Antártica, preto da costa da Terra de Ellsworth e a 30 millas ao leste da illa Smyley.

Spaatz
vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida Reclamada por Chile e Reino Unido Reino Unido
MarOcéano Antártico
Coordenadas73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000Coordenadas: 73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie4.100 km²
Longura máxima80 km.
Largura máxima40 km.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Ten 50 millas de longo por 25 millas de ancho e cobre unha área de ao redor de 4.100 km². O lado norte da illa linda coa entrada de Ronne; o resto da illa está rodeada polo xeo agás o estreito de Stange e o estreito de Xurxo VI.

Finn Ronne e Carl Eklund do Servizo Estadounidense do Antártico (USAS) (1939-1941) exploraron o lado norte deste espazo xeográfico en decembro de 1940. Foi fotografada desde o aire e trazado o primeiro mapa da illa pola Expedición de Investigación do Antártico de Ronne (1947-1948) dirixida por Finn Ronne. Foi chamada así por Ronne en honra ao xeneral Carl Spaatz, Xefe de Persoal da USAAF, quen deu a axuda aérea para a asistencia da expedición.

Reclamacións territoriais editar

Chile inclúe á illa na Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico, pero ambas reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes:

  • Chile: ?
  • Reino Unido: Spaatz Island