Illa Sandy é unha illa de Anguila, un Territorio Británico de Ultramar, e forma parte das Antillas Menores no mar Caribe.

Illa Sandy
Localización da illa
Situación
País Anguila
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas18°12′45.35″N 63°7′5.92″O / 18.2125972, -63.1183111Coordenadas: 18°12′45.35″N 63°7′5.92″O / 18.2125972, -63.1183111
Xeografía
Longura máxima250 m.
Largura máxima75 m.

Illa Sandy é unha pequena illa na que se atopa un restaurante local. Desde Sandy Ground pódese chegar a Anguila en 15 minutos. O propietario do restaurante encárgase do transporte gratuíto en barco. A illa é pequena (ca. 250x75 metros), formada por area branca e redonda, no medio hai algo de vexetación con arbustos e palmeiras.

A illa é popular entre os turistas pola riqueza do seu fondo mariño, a praia de area fina e coral pola presenza dun negocio (bar / restaurante) famoso na zona.

En 1995, a illa foi mergullada polo furacán Luís durante algúns días, mentres que as instalacións resultaron gravemente danadas polo paso dos seguintes ciclóns tropicais e, durante unha destas tormentas, o barco quedou encallado na illa.[1] Os edificios reconstruíronse posteriormente.

Incluso a flora foi danada polas tormentas tropicais, as palmeiras e os arbustos foron desarraigados polos fortes ventos dándolle á illa un aspecto aínda máis árido, case sen vexetación.

O restaurante reconstruíuse en 2007, así e todo en 2017, o Furacán Irma destruíu os edificios e a vexetación, deixando unha barra de area espida.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar