Polillo (Modelo:IPA-tl) é unha illa na rexión nordés do arquipélago filipino. Está separado de Illa de Luzón polo Estreito de Polillo e forma o lado norte da Baía Lamon.

Illa Polillo
Polillo en Filipinas
Polillo
Polillo
Localización da illa
mapa da illa
Situación
País Filipinas
ProvinciaProvincia de Quezón
ArquipélagoIllas Polillo, arquipélago filipino
MarOcéano Pacífico
Coordenadas14°50′34″N 121°55′45″L / 14.84278, -121.92917Coordenadas: 14°50′34″N 121°55′45″L / 14.84278, -121.92917
Xeografía
Superficie628´9 km²
Punto máis alto350 m. Monte Malulod
Demografía
Poboación64.802 (2010)
Densidade103 hab./km²

A illa divídese en tres concellos. O concello de Polillo cobre a parte sur da illa, mentres que a parte nororiental é administrada polo concello de Burdeos. O noroeste está dentro da xurisdición do concello de Panukulan. A illa tamén alberga ao lagarto Butaan, un parente do dragón de Komodo.[1]

Segundo o Censo filipino de 2010, a illa é fogar de 64.802 habitantes.

A mediados do século XVI, os españois chegaron á illa e alí construíron unha capela. Fixéronse cargo da administración da illa e realizaron moitos cambios no seu tempo.

Notas editar

  1. Sy, E.; Afuang, L.; Duya, M.R.; Diesmos, M. (2007). "Varanus olivaceus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar