Illa Oleni (tamén coñecida como Oleniy e Oleni) (ruso: Остров Олений) é unha illa única no mar de Kara a poucos quilómetros da costa, ao norte da costa dun dos brazos da Península Gydan en Siberia do Norte. Está cuberta de tundra e pantanos e ten 53 km de longo e o seu largo medio é de 27 km, cunha superficie de 1.197 km².

Oleny
Localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
Distrito AutónomoDistrito Autónomo de Iamalia-Nenetsia
MarMar de Kara, no océano Ártico
Coordenadas72°24′N 77°45′L / 72.400, -77.750Coordenadas: 72°24′N 77°45′L / 72.400, -77.750
Xeografía
Superficie1.197 km²
Longura máxima53 km.
Largura máxima27 km.
Perímetro146´3 km.
Punto máis alto16 m.
Distancia a terra2 km.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

O mar que rodea a illa de Oleny está cuberto de xeo no inverno e hai numerosos témpanos de xeo ata no verán, polo que a miúdo fusiónase coa península de Gydan na parte continental de Siberia, da que está separada por un estreito de só 2 km de ancho.

A Illa de Oleny pertence ao distrito autónomo de Iamalo-Nenets, que é a parte norte da división administrativa da Federación Rusa. Oleny tamén forma parte da Reserva Natural do Gran Ártico, a reserva natural máis grande de Rusia.

Esta illa non se debe confundir con outras illas chamadas "Oleny" ou "Oleniy" (Ruso: Ostrov Oleny), unha das cales atópase no propio mar de Kara, no Grupo Plavnikovyye, mentres que as outros están no Mar de Barents e no Mar Branco.

Illas adxacentes editar

  • Na punta suroeste da illa Oleny atópanse tres pequenas illas chamadas Illas Proklyatye (Проклятые острова; Proklyatye ostrova) nos 72°15'N de latitude e 77°05'E de lonxitude.
  • Illa de Rovny atópase preto da costa continental, a poucos quilómetros ao leste das Illas Proklyatye.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar