Illa Melville, Australia

A illa Melville atópase no leste do Mar de Timor, na costa do Territorio do Norte en Australia. É ao oeste da península de Cobourg na Terra de Arnhem e ao norte de Darwin.

Melville
Localización da illa
Illas Tiwi, a maior é Melville
Situación
PaísAustralia Australia
Subdivisións de AustraliaTerritorio do Norte
ArquipélagoIllas Tiwi
MarEntre o Mar de Timor e o Mar de Arafura, océano Índico
Coordenadas11°33′S 130°56′L / -11.550, -130.933
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie5.786 km²
Punto máis alto102 m. Monte Walter
Demografía
CapitalMilikapiti
Poboación1.030 hab.
Densidade0´18 hab./km²

A maior comunidade da illa é Milikapiti, cunha poboación de 559 habitantes. A segunda aldea é Pirlangimpi (Pularumpi, antigo Garden Point), cunha poboación de 440, a 27 km ao oeste de Milipakpiti, na costa oeste da illa de Melville. Ao redor de 30 persoas máis viven en cinco asentamentos aborixes.

Con 5.786 km² é a segunda illa máis grande de Australia, logo de Tasmania (e con exclusión da masa continental). Tamén é coñecida no idioma Tiwi como Yermalner. Só a 55 m. ao sur do seu extremo meridional está a illa Irrititu, cunha superficie de 1´7 km².

Xuntas, a Illa Melville e a illa Bathurst son coñecidas como as Illas Tiwi.

Dise que o primeiro europeo en avistar a illa foi Abel Tasman en 1644, aínda que isto é discutible. O máis probable é que a illa Melville fora descuberta polos portugueses, xa que os aborixes atopados polo explorador Phillip Parker King (fillo do gobernador de Nova Gales do Sur Philip Gidley King) en 1818, sabían algunhas palabras en portugués.

Foi chamada así en honra a Robert Dundas, 2º Vizconde de Melville, Primeiro Lord do Almirantado entre 1812-27, tamén leva o seu nome a máis grande Illa Melville no Canadá, no Ártico. Pouco despois, os británicos fixeron o primeiro intento de establecerse na costa norte de Australia, en Fort Dundas, que fracasou ao pouco tempo.

O clima é tropical.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar