A illa Maly Taymyr (en ruso: Малый Таймыр, ou Ostrov Maly Taymyr, «pequena Tamir») é unha pequena illa do arquipélago Severnaya Zemlya, localizada no Ártico de Rusia, no mar de Láptev, en augas do estreito de Vilkitsky.

Maly Taymyr
Малый Таймыр
Situación
PaísRusia Rusia
ProvinciaKrai de Krasnoyarsk
ArquipélagoSevernaya Zemlya
MarOcéano Ártico
Coordenadas78°09′00″N 107°03′00″L / 78.15000, -107.05000
Xeografía
Superficie232 km²
Longura máxima16.4 km
Largura máxima29 km
Demografía
Poboación0 hab.

Administrativamente, a illa depende do Krai de Krasnoyarsk.

Xeografía editar

A illa Maly Taymyr, con 232 km², está situada na parte exterior sueste do arquipélago de Severnaya Zemlya, a uns 40 km da illa Bolxevique. Localízase ao nordés da península de Taymyr, fronte á costa oriental de Siberia. Moi próxima a esta illa, entre ela e Bolxevique, hai outra pequena illa, a illa Starokadomsky, a menos de 6 km no seu parte nordés. As augas do estreito de Vilkitsky, ao sur da illa, así como as augas que rodean as dúas illas, están cubertas de xeo durante o longo inverno e ten moitos témpanos flotantes nos poucos días do curto verán en que están libres, entre xuño e setembro.

A illa Maly Taymyr é parte da Reserva Natural Estatal Gran Ártico, creada en 1993 ao redor da península de Taymyr, e que é a reserva natural máis grande de Rusia e a terceira maior do mundo.

Na costa norte de Maly Taymyr hai unha pequena illa ribeirega chamada Ostrov Oktyabrenok.

A illa Maly Taymyr non debe confundirse coa illa Taymyr no mar de Kara.

Historia editar

A illa Maly Taymyr foi descuberta pola Expedición Hidrográfica ao Océano Ártico, dirixida por Boris Vilkitsky, cos quebraxeos Vaygach e Taymyr, que partiu en 1911 e chegaron a esta zona o 21 de agostoxul./ 3 de setembro de 1913greg., en que izaron a bandeira rusa no que creron unha única illa e chamaron «Terra de Nicolao II», en honra ao Tsar Nicolao II de Rusia.[1] A illa foi chamada despois illa tsarévich Alexei, ou simplemente illa Alexei, en honra ao fillo do tsar, Alexei Nikolaevich, pero despois da Revolución de Outubro pasou a denominarse «Maly Taymyr».[2]

Notas editar

  1. Nuttall, Mark. Encyclopedia of the Arctic (en inglés). 
  2. Cavell, Janice; Noakes, Jeff. Acts of Occupation: Canada and Arctic Sovereignty, 1918-25 (en inglés). p. 184. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar