A illa Mc Clintock, tamén MacKlintok ou MacClintok (ruso: Остров Мак-Клинтока; Ostrov Mak-Klintoka) é unha illa na Terra de Francisco Xosé, Rusia.

Illa MacKlintok
Localización da illa
Mapa do arquipélago
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
MarMar de Kara
Coordenadas80°9′N 56°29′L / 80.150, -56.483Coordenadas: 80°9′N 56°29′L / 80.150, -56.483
Xeografía
Superficie612 km²
Longura máxima31 km.
Largura máxima25 km.
Perímetro120´4 km.
Punto máis alto521 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Esta illa ten máis ou menos forma cadrada e a súa lonxitude máxima é de 33 km. A súa superficie é de 612 km² e está en gran medida cuberta de glaciares. O seu punto máis alto ten 521 m.

A illa Mc Clintock está situada moi preto ao oeste da illa Hall, separada dela por un estreito paso, Proliv Negri. O punto máis ao norte da illa é Mys Grili (cabo Grili). O punto máis ao suroeste é a illa Mc Clintock e o máis sueste Mys Oppoltsera.

A illa Mc Clintock recibiu o seu nome do explorador ártico irlandés Francis Leopold McClintock.

Illas veciñas editar

  • Ostrov Aldzher (Остров Алджер), illa Alger. Queda máis aló da beira setentrional da illa Mc Clintock, separada dela por un estreito paso de 3 km. A illa Alger foi o lugar de invernada da errada expedición estadounidense Ziegler-Baldwin de 1901.
  • Ostrov Bryeydi (Остров Брейди), illa Brady é unha illa relativamente grande. Na súa maior parte, cuberta de glaciares. Atópase máis aló do extremo noroeste da illa Mc Clintock, separada dela polo Proliv Abyerder de 6 km de ancho. O punto máis alto na illa Brady ten 381 m. Esta illa recibiu o seu nome do gobernador de Alasca en 1897-1906 John Green Brady. Mys Vize, o cabo máis norteño da illa Brady, recibiu o seu nome do experto ruso ártico Vladimir Wiese.
  • Xusto xunto á beira meridional da illa Mc Clintock, hai un grupo de illotes chamados Ostrova Borisika.
  • A 5 km da costa meridional queda Ostrov Ogord (Остров Огорд), illa Aagaard. Esta illa recibiu o seu nome en honor de Bjarne Aagaard, un experto noruegués na exploración e caza de baleas no Antártico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar