A illa James Ross é unha illa grande no lado sueste e cerca do extremo nordés da península Antártica, da cal está separada pola canle do Príncipe Gustav.

Illa James Ross
Situación
PaísAntártida Antártida, Reclamada por Arxentina, Chile e Reino Unido Reino Unido
ArquipélagoArquipélago James Ross
MarOcéano Antártico
Coordenadas64°10′S 57°45′O / -64.167, -57.750Coordenadas: 64°10′S 57°45′O / -64.167, -57.750
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie2.598 km²
Longura máxima75 km.
Largura máxima64 km.
Punto máis alto1.630 m. Mount Haddington
Demografía
CapitalBase Johann Gregor Mendel
PoboaciónDeshabitada

A elevación máxima é de 1.630 m, ten forma irregular e unhas 64 km. de norte a sur. Foi cartografiada en outubro de 1903 pola Expedición Sueca á Antártida baixo a dirección de Otto Nordenskjöld. El chamouna así en honra a Sir James Clark Ross, o líder da expedición británica a esta área en 1842, quen descubriu e fixo unha trazado aproximado da costa leste da illa. O nome da illa James Ross é usado para evitar a confusión coa illa Ross do estreito de McMurdo.

A primeira Base Polar Checa da Antártida está localizada na illa.

Ósos conxelados editar

O primeiro dinosauro descuberto na Antártida era o Antarctopelta oliveroi, é un Ankylosauria de tamaño mediano atopado sobre a illa James Ross polos xeólogos arxentinos Eduardo Olivero e Roberto Scasso en 1986. O dinosauro foi recuperado do Campaniano, unha época do Cretáceo superior na Formación Santa Maria, aproximadamente a 2 km ao sur da enseada Santa Marta, sobre a parte norte da illa. O ankylosaur formalmente non foi chamado así ata o 2006.

En decembro de 2003, o paleontólogo estadounidense Judd Case do Colexio Santa María de California e o xeólogo estadounidense James Martin da Escola de Minas e Tecnoloxía de Dakota do Sur descubriron os ósos dun Theropoda na illa. Alcumado Naze logo de ser atopado no norte da península Naze, na cal foi atopado. Os restos son do Cretáceo superior, inclúen unha mandíbula superior e dentes, e a maior parte das pernas inferiores e pés. Está dispoñible pouca información, pero a forma da perna e os pés indican era un corredor, e o tamaño indica que probablemente media 1'8 m de alto cun peso aproximado de 135 quilogramos. Este é o segundo Theropoda Antártico descuberto, despois do Cryolophosaurus.

Reclamacións territoriais editar

A Arxentina inclúe á illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes:

  • Arxentina: isla James Ross
  • Chile: isla Ross
  • Reino Unido: James Ross Island