Illa Guidoiro Pedregoso

illa na ría de Arousa

A Illa Guidoiro Pedregoso (Illa do Guidoiro Pedregoso) é unha unha illa galega da provincia de Pontevedra a poñente da Illa de Arousa (concello ao que pertence) e a un quilómetro ao oeste da Illa Guidoiro Areoso.

Guidoiro Pedregoso
Illa Guidoiro Pedregoso en Pontevedra
Illa Guidoiro Pedregoso
Illa Guidoiro Pedregoso
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
Provincia Pontevedra
MarOcéano Atlántico
Coordenadas42°32′44″N 8°54′55″O / 42.545585, -8.915217
Xeografía
Superficie0´056 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía e ecoloxía editar

 
O Guidoiro Pedregoso, xunto aos outros illotes e o parque Carreirón no sur da Arousa, incluídos nos complexo Intermareais de Punta Carreirón e de Umia-O Grove, na parte sur da Ría de Arousa (cartel sito na praia da Mexilloeira, no Grove).

Ten unha superficie de 5,6 hectáreas e está constituída de penedos e salpicada de manchas de area, sobre todo na súa parte oeste. É máis alta que a veciña Guidoiro Areoso e posúe máis vexetación, sobre todo herbácea. Abundan as ratas e é un lugar de aniñamento para as gaivotas, entre outras aves acuáticas e mariñas.

Xunto ao sur da Arousa (parque Carreirón), o Areoso e outros illotes do concello da illa de Arousa e outras zonas do concello do Grove, forma parte do complexo intermareal Punta Carreirón e no complexo intermareal Umia-O Grove.


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.