A Illa Grossa (en castelán: Columbrete Grande) é a maior das Illas Columbretes, pertencentes ao municipio de Castelló de la Plana, en España, cunha superficie de 14 hectáreas. Dista uns 60 km da Costa do Azahar.

Illa Grossa
Columbrete Grande
A Illa Grossa, a máis setentrional do mapa.
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
ArquipélagoIllas Columbretes
MarMediterráneo
Coordenadas39°32′N 0°25′O / 39.54, -00.41
Xeografía
Superficie0,14 km²
Punto máis alto67 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa está asociada a un proceso de rifting activo desde o Mioceno inferior, predominando os materiais basálticos. Está formada por varios cráteres encadeados; a forma resultante é unha sorte de media elipse de 1 km de diámetro de media que ten dúas elevacións principais ou outeiros unidos polos restos dun cráter. O círculo está parcialmente pechado por outros illotes como Mancolibre, La Senyoreta, el Mascarat e Trenca Timons. A enseada que queda no medio chámase Porto Tofiño. O monte máis alto, situado ao norte do illote, recibe o nome de monte Colibrí. Forma parte xunto con todo o arquipélago dun parque natural autonómico.

Faro das Columbretes, o punto máis alto do arquipélago.

No século XIX prendeuse lume ao illote para acabar coas serpes e instalouse un faro a 67 metros de altitude, o punto máis alto do arquipélago, habitado por fareros ata 1975, data en que se automatiza. A partir de entón está deshabitada a excepción do persoal do servizo de vixilancia que establece a Generalitat Valenciana. As serpes eran propias das illas, xa que os seus nomes orixinais (Ophiusa ou Columbraría), déronllo os navegantes gregos e romanos por mor da abundancia dos réptiles. Durante algún tempo refuxiáronse na illa piratas e contrabandistas.

Varias empresas organizan visitas en barco á illa e inmersións de submarinismo.

Fauna editar

A illa é famosa por albegar unha numerosa poboación do lagarto de Columbretes (Podarcis atrata), o único vertebrado endémico da Comunidade Valenciana. Só nesta illa vivían ao acabar o ano 2006 uns 25.000 exemplares;[1] aínda que actualmente discútese se esta especie é endémica de Columbretes, ao haberse achado exemplares de xenética moi parecida no norte e nordés da Península Ibérica.[2]

Tamén garda exemplares de especies en perigo de extinción, como o falcón de Eleonor e a gaivota corsa.[3]

Notas editar

  1. Desenvolvemento intelixente[Ligazón morta] (última consulta a 10 de abril de 2009)
  2. www.nerium.net (última consulta a 10 de abril de 2009)
  3. www.escapadarural.com - Illas Columbretes Arquivado 04 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (Última consulta: 12 de outubro de 2010).