Caroline
Foto satélite da Illa Caroline; O norte atópase na parte superior dereita. Os illotes maiores teñen un ancho de 500 metros aproximadamente
Datos
País Kiribati
Illa principal South Islet (Rimapoto)
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 3´76 km²
Superficie lagoa 6 ´30 km²
Nº de illas 39
Coordenadas 9°56′13.13″S 150°12′41.40″O / -9.9369806, -150.2115000
Maior Altura 6 m.
Localización
Localización do atol

A Illa Caroline ou Atol Coroline (tamén coñecida como Illa do Milenio), é o máis oriental dos atois coralinos inhabitados que comprenden as Illas da Liña austrais no océano Pacífico central.

Historia editar

Hai evidencias de asentamentos polinesios, pero estaba deshabitado ao chegar os europeos. Primeiro foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, quen pescou peixes de cores e chamouno "Illa do Peixe". En 1795 redescubriuna o inglés Willian Broughton e púxolle o nome da filla do primeiro Lord do Almirantado. Non hai que confundir a illa Carolina coas Illas Carolinas nos Estados Federados de Micronesia. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes de Thornton, Hirst, Clark e Independence.

En 1868 foi reclamada polo Reino Unido; e desde a súa independencia en 1979, forma parte da República de Kiribati. A illa Caroline permaneceu relativamente sen cambios por parte do home e é considerada unha das illas tropicais máis primitivas do mundo, a pesar da explotación de guano, a colleita de copra e a presenza humana durante os séculos XIX e XX. O atol alberga unha das maiores poboacións de caranguexos de coco do mundo e é un importante lugar de cría para as aves mariñas, sobre todo para o Onychoprion fuscata.

A illa é coñecida polo seu rol na celebración da chegada do novo milenio, xa que debido a que se sitúa xusto ao oeste da liña internacional de cambio de data constitúe un dos primeiros territorios onde comeza calquera día e polo tanto tamén foi un dos primeiros lugares onde empezou o día 1 de xaneiro de 2000; debido a isto o atol foi recentemente bautizado como Illa do Milenio.

Illas editar

Tres grandes illotes constitúen o groso da superficie terrestre de Caroline: Nake (1,04 km²) no norte; Long (0,76 km²) no nordés da lagoa e South (1,07 km²). O resto son pequenos illotes, a maioría dos cales foron nomeados durante a expedición ecolóxica de 1988, realizada por Angela e Cameron Kepler, divídense en catro grandes grupos: os illotes Nake do sur, os illotes de sotavento centrais, os illotes de sotavento do sur, e os illotes de Barlovento. Os illotes de Caroline son particularmente efémeros, no transcurso dun século de observación, varios dos illotes máis pequenos apareceron ou desapareceron totalmente cas principais tormentas, mentres que as formas das máis grandes cambiaron significativamente.

 
Canle entre o lado oeste de Long Island e a illa de Nake (no fondo)