A illa Bely (tamén chamada Belyy e Beliy, ruso: Белый остров) é unha illa relativamente grande no Mar de Kara na punta da península de Yamal, Siberia, Rusia.[1] Preto da punta noroeste da illa, alí atópase a Estación Experimental Rusa (Polyarnaya Stantsiya) Estación Popov.

Bely
Белый остров
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
ÓblastÓblast de Tiumén
MarMar de Kara
Coordenadas73°11′N 71°17′L / 73.183, -71.283Coordenadas: 73°11′N 71°17′L / 73.183, -71.283
Xeografía
Superficie1.810´4 km²
Longura máxima63 km.
Largura máxima41 km.
Perímetro243´7
Punto máis alto12 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

Illa Bely cobre unha área de 1810 km². Está cuberta por tundra, pero tamén crecen algúns arbustos ananos nesta illa.[2] Está separada do continente polo estreito de Malygina, un estreito de 8 a 10 km de ancho que se conxela a maior parte do ano.

Esta illa pertence ao Distrito Autónomo de Yamalia-Nenetsia que é a parte norte da división administrativa de Rusia do Óblast de Tiumén.

 
Estación Polar Popov.

Illas adxacentes editar

Dentro da ampla baía oriental da illa Bely hai unha longa illa de 10 km chamada Bezymyannyy. Ostrov Tabango e Ostrov Tyubtsyango atópanse a 20 km ao sur da esquina SE da illa Bely.

Notas editar

  1. GoogleEarth
  2. "Vegetation on Bely Island". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2007. Consultado o 01 de maio de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar