Ijiraq é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, John J. Kavelaars e o seu equipo no ano 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 6.[5][6] No 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuit, que fai referencia a unha criatura desta mitoloxía.[7]

Ijiraq
Descubrimento[1]
Descuberta por J. J. Kavelaars
B. J. Gladman
Descuberta no 2000
Designación alternativa Saturno XXII
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior 11,124 Gm
Excentricidade 0,3163
Período orbital 451,4 d
(1,24 a)
Inclinación 46,444° *
Características físicas
Diámetro medio 12 km[3] **
Período de rotación ?
Albedo 0,04 [3] asumido
Cor vermello
B-V=1.05 R-V=0,58[4]
Tipo espectral (máis vermello có tipo D) [4]
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Orbita e características físicas editar

 
Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul)

Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Ijiraq ten ó redor de 12 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 11,124 millóns de kms en 451 días, coma se pode comprobar, unha orbita moi semellante á de Kiviuq. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representada polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.

Pensase que Ijiraq está nunha resonancia Kozai, por exemplo, cando ciclicamente se reduce a inclinación orbital, aumenta a excentricidade e viceversa. O argumento da periapse da órbita oscila ó redor dos 90° cunha amplitude 60° [8].

Como xa dixemos, Ijiraq é membro do Grupo Inuit,[9] pero observacións recentes revelaron que Ijiraq é máis vermello ca Paaliaq, Siarnaq e Kiviuq. O seu gradiente espectral (a medida de refractividade dun corpo en relación á lonxitude de onda) é moito máis empinado que para os outros membros (20% por 100 nm), típica dos TNOs coma Sedna pero descoñecida para os satélites irregulares. Tamén cabe subliñar, que a diferenza dos outros tres satélites, o espectro de Ijiraq carece dunha liña feble de absorción preto dos 0.7 μm, atribuído a unha posible presenza de auga.[4]

Nome editar

Kavelaars, astrónomo da McMaster University, suxeriu este nome co fin de axudar á nomenclatura astronómica a saír un pouco da ruta Greco-Romana. Estaría varios meses buscando nomes entre fontes multi-culturais e canadenses, consultando a eruditos indíxenas, pero sen atopar un mome adecuado. En marzo do 2001, mentres lles estaba lendo un contos ós seus fillos, tivo unha revelación. O ijiraq xogaba ó acocho, do mesmo xeito cás lúas pequenas de Saturno: as cales eran difíciles de atopar, e frías coma os países do "Canadian arctic" (o equipo dos descubridores que incluía canadenses, noruegueses e islandeses). Kavelaars contactou co autor do conto, Michael Kusugak, para pedirlle o seu permiso, e máis tarde tamén suxeriu os nomes de lúa Kiviuq e 90377 Sedna.

Notas editar

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. Mean orbital parameters from JPL
  3. 3,0 3,1 "Scott Sheppard pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2003. Consultado o 11 de maio de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Grav, T.; and Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites
  5. IAUC 7521: S/2000 S 5, S/2000 S 6 Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is 18 de novembro do 2000 (descubrimento)
  6. MPEC 2000-Y14: S/2000 S 3, S/2000 S 4, S/2000 S 5, S/2000 S 6, S/2000 S 10 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
  7. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. 8 de agsoto do 2003 (bautizo da lúa)
  8. Nesvorný, D.; Alvarellos, Jose L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine., The Astronomical Journal, 126 (2003), pp. 398–429
  9. Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; and Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (July 12, 2001), pp. 163–166

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar