Ignacio de Loiola

Santo Ignacio de Loiola, nado en Azpeitia en 1491 e finado en Roma o 31 de xullo de 1556, foi un relixioso vasco, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os xesuítas, unha compañía relixiosa católica establecida co fin de fortalecer a Igrexa, inicialmente contra o protestantismo.

Infotaula de personaIgnacio de Loiola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iñigo López de Oñaz y Loyola Editar o valor em Wikidata
24 de setembro de 1491 ↔ 1 de novembro de 1491 Editar o valor em Wikidata
Holy House (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 1556 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Maria della Strada (en) Traducir (1556–1570)
Igrexa do Gesù Editar o valor em Wikidata
Superior xeral da Compañía de Xesús
19 de abril de 1541 – 31 de xullo de 1556 – Diego Laínez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade de Alcalá
Collège Sainte-Barbe Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsoldado (1516–1521), Sacerdote católico de rito romano , fundador de orde ou congregación Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara, lingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra das Comunidades de Castela, Conquista de Navarra e Batalla de Pamplona Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de xullo Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoEucaristía na Igrexa Católica, casula e libro Editar o valor em Wikidata
Patrón deSoldado e Pobo vasco Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaCasa de Loiola Editar o valor em Wikidata
PaisBeltrán II Ibáñez de Loiola Editar o valor em Wikidata  e María Sánchez de Licona Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4f81b230-fc43-4284-af20-17e7f5c8d045 Discogs: 4179972 WikiTree: López-1723 Find a Grave: 94571285 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado posibelmente a 24 de decembro de 1491, recibiu o nome de Íñigo López na localidade de Loiola (en castelán Loyola), no actual municipio de Azpeitia, a preto de vinte quilómetros ao suroeste de Donostia no País Vasco.

Ignacio foi o máis novo de trece irmáns. O seu pai faleceu cando tiña apenas sete anos de idade. En 1506, tornouse paxe dun familiar, Juan Velázquez de Cuellar, tesoureiro (contador mayor) do reino de Castela. Como cortesán, levou vida liviá.

En 1517, Ignacio tornouse militar. Gravemente ferido nunha batalla en Pamplona o (20 de maio de 1521), pasou meses impedido, no castelo do seu pai.

Aspiración relixiosa editar

Durante o seu período de recuperación leu numerosos textos relixiosos sobre a vida de Xesuscristo e dos santos da Igrexa. Colleu teima coa idea ascética dunha vida de auto-abnegación, emulando os feitos heroicos de Francisco de Asís e outros líderes monásticos. Decidiu dedicar a súa vida á conversión dos infieis en Terra Santa.

Durante ese período, Ignacio desenvolveu os primeiros planos dos exercicios espirituais (Ejercicios espirituales), que chegarían a adquirir unha grande influencia na mudanza dos métodos de propaganda da Igrexa; "o muíño para onde todos os xesuítas son arrastrados; eles emerxen con caracteres e talentos diversos, mais as marcas impresas permanecerán indelébeis" (Cretineau-Joly).

Após ter recuperado a saúde, visitou o mosteiro dominico de Montserrat (25 de marzo de 1522), onde pendurou o seu equipamento militar perante unha imaxe da Nosa Señora. En breve entrou no mosteiro de Manresa (apenas morou nunha cela do mosteiro como hóspede, mais non era monxe), en Cataluña, onde practicou o máis rigoroso ascetismo

Dise que tivo visións. A Virxe viróuselle en obxecto dunha devoción cabaleiresca. Imaxes militares tomaron grande importancia na súa contemplación relixiosa.

Estudos en París editar

En 1528 entrou para a Universidade de París, onde ficou sete anos e estendeu a súa educación literaria e teolóxica, tentando captar o interese dos outros estudantes para os seus exercicios espirituais. En 1534 tiña seis seguidores — Pedro Faber, Francisco Xabier, Alfonso Salmeron, Jacó Laines e Nicolau Bobedilla, dos diferentes reinos españois, e Simão Rodrigues, portugués.

Fundación da Compañía de Xesús editar

En 15 de agosto de 1534 el e os outros seis fundaron a Compañía de Xesús na igrexa de Santa María, en Montmartre, "para efectuar traballo misioneiro e de apoio hospitalario en Xerusalén, ou para ir onde o Papa quixer, sen cuestionar". En 1537 eles viaxan a Italia para procurar a aprobación papal da súa compañía. O Papa Paulo III concedeulles unha recomendación e permitiu que fosen ordenados padres. Foron ordenados en Venecia polo bispo de Arbe (24 de xuño).

Dedicáronse inicialmente a pregar e a facer obras de caridade en Italia. A guerra re-encirrada entre o emperador, Venecia, o Papa e os turcos otománs, impedía calquera viaxe até Xerusalén ou cando menos facíaas pouco aconsellábeis.

Na compaña de Faber e Lainez, Ignacio viaxou a Roma en outubro de 1538, para pedirlle ao Papa a aprobación da nova compañía. A congregación de cardinais, deu unha opinión positiva á constitución presentada, e en 27 de setembro de 1540, o Papa Paulo III confirmou a compañía mediante a Bula "Regimini militantis Ecclesiae", que integra a "Fórmula do Instituto" onde está contida a lexislación substancial da nova compañía. O número dos seus membros foi, no entanto, limitado a 60. Esta limitación foi porén posteriormente abolida pola bula "Injunctum nobis" de 14 de marzo de 1543.

Superior Xeral Xesuíta editar

Ignacio foi escollido como o primeiro Superior Xeral da Compañía de Xesús. Enviou os seus compañeiros como misioneiros para criaren escolas, liceos e seminarios por Europa toda.

En 1538 foran impresos os Exercicios espirituais, obxecto de inspección pola Inquisición romana, tendo sido no entanto autorizados.

Ignacio escribiu as Constitucións Xesuítas, adoptadas en 1554, que criaran unha organización xerarquicamente ríxida, enfatizando a absoluta auto-abnegación e a obediencia ao Papa e aos superiores xerárquicos (perinde ac cadaver, disciplinado como un cadáver, en palabras do mesmo Ignacio). O seu grande principio tornouse o lema dos xesuítas: Ad Majorem Dei Gloriam (Pola maior gloria de Deus).

Os xesuítas foron un gran factor no éxito da Contra-Reforma.

Morreu en Roma e foi canonizado a 12 de marzo de 1622 polo Papa Gregorio XV. Festéxase o seu día o 31 de xullo.