Ignacio García López

político español

Ignacio García López, nado en Madrid o 5 de setembro de 1924 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 2017,[1] foi un político español.

Infotaula de personaIgnacio García López
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979
Q5938894 Traducir
7 de xullo de 1976 – 13 de abril de 1977
← Adolfo SuárezSupresión do cargo →
Procurador en Cortes
21 de xaneiro de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Antonio Chozas Bermúdez (pt) Traducir, Adolfo SuárezJosé Luis Pérez Tahoces (en) Traducir →
Q43134780 Traducir
26 de decembro de 1975 – 16 de xullo de 1976
← Antonio Chozas Bermúdez (pt) TraducirEduardo Navarro Álvarez (en) Traducir →
Gobernador civil de Biscaia
novembro de 1974 – novembro de 1975
← Fulgenci Coll de San Simón (en) TraducirFelipe Ugarte Lambert de Sainte Croix →
Q39558956 Traducir
xaneiro de 1973 – novembro de 1974
← Fernando Pérez de Sevilla y AyalaVictorino Anguera Sansó (en) Traducir →
Gobernador civil de Pontevedra
xaneiro de 1970 – xaneiro de 1973
← Ramón Encinas
Procurador en Cortes
24 de xullo de 1968 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
15 de xullo de 1965 – 15 de novembro de 1967
← José Miguel Ortí Bordás (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , ministro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Empregado de banca, e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, foi xefe central da Organización Juvenil Española, secretario xeral do SEU e secretario nacional de Juventudes. As súas responsabilidades nas mocidades franquistas permitíronlle acceder ao posto de gobernador civil de Pontevedra en 1970,[2][3] destino ao que seguiron os gobernos civís de Asturias (1973) e Biscaia, cargos que simultaneou co de procurador en Cortes.

En decembro de 1975, cando Adolfo Suárez era Secretario Xeral do Movemento, con rango de ministro, García López foi nomeado vicesecretario xeral. Sete meses máis tarde, o 7 de xullo de 1976 Suárez pasou a ocupar a Presidencia do Goberno de España e Ignacio García converteuse no último Secretario Xeral do Movemento. En abril de 1977 suprimiuse a Secretaría Xeral do Movemento e Ignacio García López continuou no executivo como ministro Secretario Xeral do Goberno, onde permaneceu ata as eleccións de xullo.

O 15 de xullo de 1977 o rei Xoán Carlos desígnao senador, e pasa a integrar o grupo de senadores da UCD. Despois de traballar algún tempo na UCD como coordinador do partido en Madrid abandonou a política. Foi un dos membros fundadores da Asociación para la Defensa de la Transición, unha organización de recuperación da memoria da Transición Española[4].

Predecesor:
Adolfo Suárez
 
Secretario Xeral do Movemento

1976-1977
Sucesor:
Ministerio suprimido en abril de 1977

Notas editar

  1. Necrolóxica
  2. El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.
  3. El Pueblo Gallego, 8-2-1970, p. 13.
  4. Estatutos da Asociación para la Defensa de la Transición

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar