Ignacio Camuñas Solís

político español

Ignacio Camuñas Solís, nado en Madrid o 1 de setembro de 1940, é un político e editor español. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito comparado pola Universidade de Estrasburgo, exministro do Goberno de España, é diplomático de profesión. Dende que pediu a excedencia desempeñou en distintos momentos actividades de carácter editorial en distintas empresas culturais de España.

Infotaula de personaIgnacio Camuñas Solís
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
13 de marzo de 1979 – 18 de novembro de 1982

Circunscrición electoral: Valladolid (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
29 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Madrid (en) Traducir
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático
Partido Popular
Vox Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de outubro de 2018Q69366108 Traducir
14 de marzo de 2018Manifesto for History and Freedom (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 922474

Foi director e conselleiro delegado do grupo editorial Guadiana de Publicaciones, editor da revista mensual Gentleman.

Durante a transición democrática, participou na creación de Unión de Centro Democrático (UCD) en 1977, co Partido Demócrata Popular (PDP) do que foi fundador e secretario xeral, adscrito á Plataforma de Converxencia Democrática, formando a á liberal da UCD. O PDP foi o único representante español no Congreso Europeo de Partidos Liberais celebrado na Haia, en 1976.

Deputado da UCD dende 1977 (ocupou o posto 7 na candidatura ó Congreso dos Deputados por Madrid), ministro de Relacións coas Cortes, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e presidente da Comisión Mixta Cortes Españolas-Parlamento Europeo.

En 1980 na vixésimo oitava edición do Grupo Bidelberg, celebrada en Bad Aachen, na Alemaña occidental, os días 18, 19 e 20 de abril, foi o único representante español presente.[1]

Foi secretario xeral da Comisión Española da UNESCO e conselleiro do director xeral da organización. Así mesmo formou parte en distintas ocasións da Delegación española na Organización das Nacións Unidas (ONU).

Foi presidente do Centro de Fundacións e, anos máis tarde, presidente da Asociación Española de Fundacións; actualmente preside o Foro da Sociedade Civil. Posúe a Gran Cruz de Carlos III.

O 16 de xaneiro de 2014 presentou o novo partido político Vox xunto con outros ex militantes do Partido Popular.[2][3][4] Posteriormente foi elixido vicepresidente de Vox; porén, en setembro dese mesmo ano anunciou que abandonaba a súa militancia.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Partido Demócrata Popular, Bilbao, Albia, 1977.
  • España: el final de una época. Informe del Foro de la Sociedad Civil, Madrid, Libros Libres, 2009.