O Idos de marzo (en latín: Idus Martiae; en latín tardío: Idus Martii) é o 74º día no calendario Romano, correspondendo a 15 de marzo. Esa data estaba marcada por varias observancias relixiosas e tamén, destacaba por ser, para os romanos, a data límite para saldar débedas. Tamén se fixo moi coñecida a data, no 44 a.C., por se-la data do asasinato de Xulio César que converteu aos Idos de marzo nun punto de inflexión na historia romana.

A Morte de Xulio César (1806) por Vincenzo Camuccini

Idos editar

Os romanos non contaban tódolos días dun mes densde o primeiro ata o último. Pola contra, contaban a partir de tres puntos fixos do mes: os Nonas (o 5 ou 7, nove días inclusive antes dos Idos), os Idos (na maioría dos meses correspodía co 13, mais en marzo, maio, xullo e outubro correspondían co 15), e as Calendas (o 1 do mes seguinte). Orixinalmente, os idos estaban determinados pola lúa chea, reflectindo a orixe lunar do calendario romano. No calendario máis antigo, os idus de marzo serían a primeira lúa chea do novo ano.[1]

Observancias relixiosas editar

 
Panel pensado para representar a Mamuralia, a partir dun mosaico dos meses nos que marzo se sitúa a principios de ano (primeira metade do século III a.C.; El Djem, Tunisia, en África Romana)

Os idos de cada mes estaban consagrados a Xúpiter, a divindade suprema dos romanos. O Flamen Dialis, o sumo sacerdote de Xúpiter, ía en procesión coa "ovella do Idus" (ovis Idulis) pola Vía Sacra ata o arx, onde era sacrificada.[2]

Ademais do sacrificio mensual, os idus de marzo tamén eran a ocasión da Festa de Anna Perenna, unha deusa do ano (latín annus) cuxa festa concluía orixinalmente as cerimonias do ano novo. O día celebrábase con entusiasmo entre a xente do común con merendas, bebidas e festa. Unha fonte da antigüidade tardía tamén sitúa a Mamuralia nos idos de marzo. Esta observancia, que ten aspectos de chivo expiatorio ou ritual pharmakos da antiga Grecia, implicaba golpear a un ancián vestido con peles de animais e quizais expulsalo da cidade. O ritual puido ser un festival de ano novo que representaba a expulsión do ano vello [3][4]

Posteriormente, durante a época imperial, os Idos comezaban unha "semana santa" de festas consagrada a Cibeles e Atis, sendo o día en que Canna intrat ("Entra o carrizo"), cando Atis nacía e se atopoba entre as canas dun río frixio. Alí, era descuberta por pastores ou pola deusa Cibeles, que tamén era coñecida como a Magna Mater ("Gran Nai"); hai diferentes versións da lenda.[5]

Unha semana despois, o 22 de marzo, a solemne conmemoración de Arbor intrat ("A árbore entra") conmemoraba a morte de Atis baixo un piñeiro. Un colexio de sacerdotes, os dendrophoroi ("portadores de árbores") cortaban anualmente unha árbore, colgaban nela unha imaxe de Atis e levábana ao templo da Magna Mater con lamentos.

O día formalizouse como parte do calendario romano oficial baixo Claudio (sobre o 54). Seguia un período de loito de tres días, que culminaba coa celebración do renacemento de Atis o 25 de marzo, data do equinoccio de primavera no calendario xuliano.

Asasinato de César editar

Artigo principal: Asasinato de Xulio César.
 
Reverso dun denario dos Idos de marzo emitida polo asasino de César, Bruto, no outono do 42 a.C., coa abreviatura EID·MAR (no Idos de Marzo) baixo un píleo da liberdade entre dúas dagas.

Na época actual, os idous de marzo son máis coñecidos como a data na que Xulio César foi asasinado no 44 a.C. César morreu acoitelado tran unha conspiración que se produciu ao saír dunha reunión do Senado, e na que participaron até 60 persoas, lideradas por Bruto e Casio, estiveron implicados. Segundo Plutarco, un vidente advertira de que un mal chegaría a César a máis tardar nos Idos de marzo. De camiño ao teatro de Pompeio, onde sería asasinado, César pasou por diante do vidente e chanceou: "Os idos de marzo veñen", dando a entender que a profecía non se cumprira, ao que o vidente respondeu "Si, César; pero non marcharon". Este encontro fíxose famoso na obra de William Shakespeare, Xulio César, cando César é advertido polo adivino para "se coidadase dos idos de marzo". O biógrafo romano Suetonio identifica ao "vidente" cun arúspice chamado Spurinna

A morte de César foi un feito final na crise da República Romana, e desencadeou a guerra civil que tería como resultado o ascenso ao poder exclusivo do seu herdeiro adoptivo Octavio (máis tarde coñecido como Augusto). Escribindo baixo Augusto, Ovidio retrata o asasinato como un sacrilexio, xa que César tamén era o Pontífice Máximo de Roma e un sacerdote de Vesta. No cuarto aniversario da morte de César no ano 40 a.C., tras lograr unha vitoria no asedio de Perusia, Octavio executou a 300 senadores e équites que loitaran contra el baixo o mandato de Lucio Antonio, irmán de Marco Antonio. As execucións foron unha dunha serie de accións realizadas por Octavio para vingar a morte de César. Suetonio e o historiador Dión Casio caracterizaron a matanza como un sacrificio relixioso, sinalando que se producira nos idos de marzo no novo altar do divino Xulio.[6][7]

Notas editar

  1. Scullard 198, pp. 42–43
  2. Scullard 1981 p. 43
  3. Salzman 1990, pp. 124, 128–129
  4. Fowler 1908, pp. 44-50
  5. Salzman, 1990, p. 166.
  6. Suetonius, Life of Augustus 15.
  7. Cassius Dio 48.14.2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar