Ibrahim Sissoko
futbolista marfilés
Ibrahim Sissoko, nado en Abidjan o 29 de novembro de 1991, é un futbolista marfilés. Xoga de extremo no VfL Wolfsburg.
Ibrahim Sissoko | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ibrahim Sissoko | ||
Nacemento | 29 de novembro de 1991 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Abidjan | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Wolfsburg | ||
Número | TBA | ||
Carreira xuvenil | |||
Académica | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Académica | 22 | (0) |
2012– | Wolfsburg | 2 | (0) |
2012–2013 | → Panathinaikos (cedido) | 28 | (2) |
2013–2014 | → Saint-Étienne (cedido) | 4 | (0) |
2013–2014 | → Saint-Étienne B (cedido) | 3 | (0) |
2014 | → Deportivo (cedido) | 16 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 31 de maio de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
O 29 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña até o final da campaña, converténdose na cuarta incorporación do equipo coruñés no mercado invernal da tempada 2013–14.[1] Debutou como branquiazul na xornada 24, nunha vitoria fronte o Sabadell en Riazor (2–1). O seu primeiro, e único, gol como branquiazul chegou na xornada 35, nunha vitoria fronte o Mallorca a domicilio (0–3). Ao rematar a campaña o equipo ascendeu a Primeira División, retornando Sissoko ao Wolfsburg.