IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda retallista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa.[Cómpre referencia] A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.[Cómpre referencia]

IKEA International Group

Editar o valor em Wikidata
TipoPrivada
Fundación1943
LocalizaciónLeiden, Holanda Meridional
Países Baixos
Persoas claveIngvar Kamprad, (fundador)
Anders Dahlvig, (presidente)
Hans Gydell, (vicepresidente)
IndustriaMobiliario
Beneficio35 074 millóns de € (2016)
Número de empregados194 000 (2016)
Na rede
https://www.ikea.com/us/en, https://ikea.ca e https://www.ikea.com
Facebook: IKEA Twitter: IKEA Instagram: ikeausa LinkedIn: ikea Youtube: UCea45juw3lHS65aRSC4bdCw Pinterest: IKEAUSA Souncloud: Ikea Discogs: 4554423 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En 2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade de Älmhult, Suecia.

A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nas escolas de negocios.

Orixe do nome editar

A palabra IKEA está formada polas iniciais do seu fundador, Ingvar Kamprad (I.K.), máis a primeira letra de Elmtaryd e Agunnaryd, que son a granxa e a aldea onde creceu, respectivamente.

Historia editar

 
IKEA na Coruña
 
IKEA en Minnesota
 
IKEA en Madrid

En 1943, Ingvar Kamprad -un xove granxeiro sueco- comezou un negocio de venda de artigos por correo nunha aldea do sur de Suecia. A idea era vender artigos que cubrisen diversas necesidades a prezos accesibles. É así como comezou vendendo bolígrafos, billeteiras, marcos, reloxos, xoiería e medias de nailon.

No ano 1947 expandiu o seu negocio á venda de mobles e en 1951 publicou o primeiro catálogo IKEA de mobles. Daquela tomou a decisión histórica de concentrarse exclusivamente en mobiliario para o fogar, abandonando os demais artigos. O catálogo converteuse nun símbolo da compañía e na súa principal canle de mercadotecnia.

Cara 1953 IKEA só vendía por catálogo, pero a competencia co seu máis próximo rival[quen?] lévao a unha guerra de prezos que baixou as marxes e puxo en risco a calidade. Coa idea de lograr un maior achegamento entre os seus produtos e os seus clientes, Ingvar Kamprad decidiuse a inaugurar ese ano o seu primeiro salón de exhibición en Älmhult, unha cidade do sur de Suecia.

O éxito do local non pasou inadvertido para o cártel do moble que dominaba a industria sueca nese momento. Os competidores premeron aos provedores para que terminaran os seus contratos de abastecemento con IKEA, nun intento por sacala do mercado.[Cómpre referencia] Tamén foi excluída das principais feiras.[Cómpre referencia] O boicot contra IKEA obrigouna en 1955 a comezar o deseño dos seus propios mobles.[Cómpre referencia]

A idea de realizar mobles armables para facilitar o seu transporte levou a pensar en embalaxes planos, que reduciron aínda máis o prezo final ao cliente. O novo sistema de embalaxe reduciu o espazo de almacenaxe, reduciu os custos laborais e evitou danos de transporte.

En 1963 abriuse a primeira tenda IKEA fóra de Suecia, na veciña Noruega, nas proximidades da súa capital Oslo.

En 1965 inaugurouse unha tenda IKEA de 45.800  na capital de Suecia, Estocolmo, de forma circular inspirada no deseño do Museo Guggenheim de Nova York. O éxito xerou enormes problemas de capacidade para atender aos clientes, polo que se permitiu que os propios clientes se atenderan. Xurdiu entón unha característica importante da firma.

En 1969 abriuse unha nova tenda no país veciño de Dinamarca, e en 1973, a primeira tenda fóra de Escandinavia foi inaugurada en Zürich, Suíza. Esta tenda foi clave para a rápida expansión de IKEA en Alemaña, que é hoxe en día o seu maior mercado.[Cómpre referencia]

 
IKEA no mundo. Países en azul conteñen tendas IKEA, en amarelo futuras aperturas e en vermello antigas tendas

Despois viron tendas no Xapón (1974), Australia (1975), Hong Kong (1975), o Canadá (1976) e Singapur (1978). Xa na década dos oitenta abriuse a primeira tenda en España, en Telde, na illa de Gran Canaria, no ano 1981. En 1985 inauguráronse as primeiras tendas nos Estados Unidos de América e unha en Tenerife. En 1992 ábrese unha en Mallorca e en 1996 chega á Península Ibérica, coa súa tenda en Badalona. Máis tarde chegou a China (en 1998), Israel (en 1999) e Rusia (en 2000).

O 27 de agosto de 2007 inaugurouse a súa tenda número 17 en Suecia, na localidade de Karlstad.

O 20 de xullo de 2010 a multinacional inaugurou o seu primeiro establecemento en Galicia na cidade da Coruña.

En novembro de 2012 Ikea recoñeceu e pediu desculpas polo uso de presos políticos da República Democrática Alemá (RDA) nas súas fábricas a finais dos anos 1980.[1]

Modelo de negocio editar

IKEA reformulou e bastante o modelo de fabricación e comercialización de mobles de maneira que a maioría dos produtos que vende son desarmables, poden almacenarse e transportarse en embalaxes planas e uniformes, co fin de abaratar os custos e os prezos. A este tipo de mobiliario chámaselle "RTA" (Ready To Assembly) e abarca a todo produto que necesita un armado previo para o seu uso. A maioría dos produtos que se comercializan na actualidade veñen cunha guía de armado e as ferramentas necesarias para armalo, co fin de levar a cabo o concepto "fágao vostede mesmo" (do it yourself).

A súa liña de produtos pretende cubrir tódalas necesidades do fogar e as distintas idades. Ofrece mobles funcionais e de deseño a un prezo relativamente baixo, pero afirma non renunciar ao compromiso e responsabilidade social co medio ambiente, os procesos de produción (como a prohibición do traballo infantil nos seus produtos) e a administración (afirma manexar unha política de equidade entre empregados, outorgando a homes e mulleres un mesmo salario a quen teñen o mesmo cargo). Este enfoque ecoloxista e progresista forma parte da súa estratexia de mercadotecnia e da súa imaxe de marca.

A compañía deseña os seus propios mobles e produtos, os cales son fabricados por máis de 1.500 provedores en máis de 50 países.[Cómpre referencia]

As franquías permitíronlle medrar a baixo custo -22 tendas son administradas baixo este concepto- pero requiriron dun maior control.

Os seus maiores mercados son Alemaña (20% das vendas), Inglaterra (12%), Estados Unidos (11%), Francia (9%) e Suecia (8%).[cando?] Tamén realiza vendas por correo ou por Internet.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar