IC 405 (tamén coñecida coma a Nebulosa da Estrela Chameante, SH 2-229, ou Caldwell 31) é unha nebulosa de emisión/reflexión[2] da constelación de Auriga, que rodea a estrela azulada AE Aurigae. Ten unha magnitude de 6,0 e está nas coordenadas RA 05h 16m 05s e DEC +34° 27′ 49″.[1] Está nebulosa queda moi preto dos cúmulos estelares M38 e M36, así coma da nebulosa de emisión IC 410 e da estrela Hassaleh, a cal é unha estrela de clase-K visible a simple vista. A nebulosa ten un tamaño aparente de 37,0' x 19,0', cun radio estimado en 5 anos luz, e está a uns 1.500 anos luz de distancia.[1] Pénsase que o movemento propio da estrela central nos pode retrotraer cara ao cinto de Orión.[1]

IC 405
Imaxe da Nebulosa da Estrela Chameante que amosa o fume da nebulosa de reflexión.
Datos para a observación
Tipo de obxecto Nebulosa de reflexión/emisión
Ascensión recta 05h 16m 05s[1]
Declinación +34° 27′ 49″[1]
Distancia ~1.500 al[1]
Magnitude aparente 6,0?
Dimensións aparentes 37′ × 19′[1]
Constelación de Auriga
Características físicas
Radio 2,5 al[2]
Magnitude absoluta ?
Outras designacións Nebulosa da Estrela Chameante, Caldwell 31, Sharpless 229

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 The Encyclopedia of Science. "Flaming Star Nebula (IC 405)". Consultado o 17-05-2012. 
  2. 2,0 2,1 Astronomy Picture of the Day. "IC 405: The Flaming Star Nebula". Consultado o 17-05-2012. 
  • Pasachoff, Jay M. (2000). "Atlas of the Sky". En Peterson Field Guides. Stars and Planets. New York, NY. pp. 578 pg. ISBN 0-395-93432-X. 
  • Eicher, David J. (1988). AstroMedia (Kalmbach Publishing Company), ed. The Universe from Your Backyard: A Guide to Deep-Sky Objects from Astronomy Magazine. ISBN 0-521-36299-7. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar