O bus I-1K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.[1][2]

Características editar

O bus I-1K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites na órbita xeoestacionaria, pero pode adaptarse a outras funcións, como misións interplanetarias. O corpo central ten forma de caixa de 1,505 x 1,476 x 1,530 m, cunha masa sen propelente de 500 kg e podendo albergar unha carga útil de 100kg. Os paneis solares poden proporcionar ata 1000 W de potencia e ten unha esperanza de vida de 7 anos.[1][2]

Usouse por primeira vez no satélite METSAT 1, para logo ser usado polos satélites da serie IRNSS, os GSat e GISAT e logo a sonda marciana Mars Orbiter Mission.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "I-1K" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISRO: I-1K (I-1000) Bus" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar