Hymenophyllum tunbrigense

especie de planta

Hymenophyllum tunbrigense é un pequeno fento do xénero Hymenophyllum que pertence á familia Hymenophyllaceae. Recibe os nomes comúns de himenófilo de Tunbridge ou fento membranoso de Tunbridge[1].

É propio da Europa atlántica e macaronésica, atopándose, logo, en Galiza.

Descrición editar

O rizoma, filiforme e non escamoso, leva tres frondes miúdas, de non máis dunhas ducia de centímetros. As frondes son translúcidas, de aparencia fraca, xa que só teñen unhas poucas camadas de células; de aí o nome de membranoso.

Hábitats editar

O fento membranoso de Tunbridge pode formar importantes colonias sobre rochas húmidas silícicas, a miúdo partillando hábitat con musgos.

Distribución editar

Hoxe en día está presente en toda a vertente atlántica europea temperada. En Francia aparece nos departamentos de Finistère, Côtes-d'Armor, a Mancha, Orne, e Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e en Córsega[2].

Ademais das zonas temperadas, medra en rexións subtropicais e tropicais de Asia, Norte, Centro e Sur de América; existindo poboacións importantes nas illas da Macaronesia (nos Azores, na illa de Madeira e nas illas Canarias).

Atopáronse pequenas poboacións relictas moi locais no Gran Ducado de Luxemburgo, nos Vosgos franceses, no oeste e norte da Gran Bretaña, Irlanda e Galiza. Na primeira metade do século XX houbo tamén poboación preto de La Roche-en-Ardenne, e nas Ardenas belgas.

 
Detalle da folla

Protección editar

As princiapis ameazas desta especie están no manexo do bosque (a especie é sensíbel ao sol e seca axiña), as zonas de lecer preto dos ríos, a escalada e a recolleita. A maioría das poboacións desapareceron en Europa, e as restantes concéntranse nunha poucas fendas rochosas.

En Francia está totalmente protexida[3].

Notas editar

  1. Tunbridge é unha vila do sur de Inglaterra
  2. Eflore, Base de Données Nomenclaturale de la Flore de France par Benoît Bock. 2010.
  3. Annexe 1 de la Liste des espèces végétales protégées sur l'ensemble du territoire français métropolitain, Arrêté du 20 janvier 1982

Véxase tamén editar

Outros artigos editar