«Hurt»
sinxelo de Nine Inch Nails
do álbum The Downward Spiral
Lanzamento 17 de abril de 1995
Formato CD promocional
Gravada
Xénero musical rock industrial
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 6:12
Discográfica Nothing Records, Interscope
Produtor(es) Trent Reznor
Escritor(es)
Cronoloxía
«"Burn «Hurt» «"The Perfect Drug
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Hurt" é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 17 de abril de 1995 como parte do seu álbum The Downward Spiral. No ano 2002 "Hurt" foi versionada por Johnny Cash sendo unha das súas últimas edicións antes da súa morte. A versión foi un éxito de crítica, e o seu vídeo está composto por imaxes da vida de Cash, sendo nomeado ao mellor vídeo do ano nos premios Grammy e nos Country Music Awards.

Nine Inch Nails nunca lanzou comercialmente "Hurt" para o público. Porén, un sinxelo promocional foi distribuído con mesturas censuradas e sen censurar do tema. O disco está etiquetado coma Halo 10, como o primeiro disco promocional de "Piggy". Non se considera un Halo oficial, e o disco Further Down the Spiral levouse a numeración Halo 10 oficial.

O significado de "Hurt" é moi discutido; algúns oíntes din que a canción actúa como unha nota de suicidio con toques de depresión, mentres que outros ven nela a descrición de alguén que atopa unha razón para vivir. Oficialmente, a canción fala sobre diferenzas entre a sociedade e a automutilación. O tema que dá título a The Downward Spiral, ao estilo de "Hurt", ten de protagonista a alguén que se suicida cunha arma de fogo apuntando á "súa cara" (a inédita "Just Do It" fala dun destino semellante, mentres que a violencia con armas cargadas de "Big Man with a Gun" pode escoitarse ás veces como un final alternativo do álbum – este última co seu protagonsta matando a outra persoa en vez de suicidarse), seguido por cambios no ambiente da personaxe.

Listaxe de cancións editar

  1. "Hurt" (Quiet version) Clean – 5:04
  2. "Hurt" (Live version) Clean – 5:15
  3. "Hurt" (Álbum version) Clean – 6:20
  4. "Hurt" (Quiet version) Soiled – 5:21
  5. "Hurt" (Live version) Soiled – 5:15
  6. "Hurt" (Álbum version) Soiled – 6:14