Hunduwa foi unha cidade da rexión de Lukka (Licia), próxima á costa sur, que aparece rebelada contra os hititas antes do -1400, xunto con Dalawa. Madduwattas rei de Zippasla suxeriu que o exército hitita (dirixido por Kisbapili) atacase Hunduwa e el mesmo Dalawa. En realidade Madduwattas aliouse con Dalawa e, coa súa axuda, fixo caer a Kisnapili nunha trampa e exterminou o exército hitita.