Nasir-ud-Din Muḥammad[1] (en persa: نصیرالدین محمد, transliterado Nasīr-ad-Dīn Muhammad), máis coñecido polo seu nome de reinado, Humayun (en persa: همایون, transliterado Humāyūn), nado en Cabul o 6 de marzo de 1508 e finado en Delhi o 22 de febreiro de 1556, foi o segundo emperador do Imperio mogol. Gobernou dende 1530 a 1540 un territorio que hoxe corresponde a Afganistán, Paquistán, e parte do norte da India. Era fillo de Babur, fundador do imperio. Do mesmo xeito que o seu pai, perdeu pronto o seu reino. Con todo, coa axuda do Imperio persa, finalmente recuperou un imperio aínda máis grande. Ascendeu ao trono o 30 de decembro de 1530 a pesar da oposición dunha parte da nobreza. Foi o herdeiro dun imperio que o seu pai non tivo tempo de organizar.

Humayun
Nacemento6 de marzo de 1508
Lugar de nacementoCabul
Falecemento27 de xaneiro de 1556
Lugar de falecementoDelhi
Causacaída
SoterradoTúmulo de Humayun
RelixiónIslam
Ocupaciónmonarca
PaiBabur
NaiMaham Begum
CónxuxeBega Begum, Gunwar Bibi, Hamida Banu Begum e Mah Chuchak Begum
FillosAkbar, Al-aman Mirza, Mirza Muhammad Hakim, Bakshi Banu Begum, Bakht-un-Nissa Begum e Sakina Banu Begum
IrmánsGulbadan Begum, Fakhr-un-Nissa, Gulchehra Begum, Kamran Mirza, Altun Bishik, Askari Mirza, Mirza Hindal e Gulrukh Begum
Na rede
WikiTree: گورکانی-1 Find a Grave: 11212452 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Reinado de Humayun editar

 
Sher Shah Suri
 
Acuarela de Humayun, preto de 1875

Aproveitando a inestabilidade do imperio, minado polas intrigas da corte, os raxás sometidos polo seu pai rebeláronse. En 1531, Humayun levou o seu exército ante a fortaleza de Kalinjar, mais debido á escaseza de fondos da tesouraría imperial, aceptou o forte rescate que se lle ofreceu e levantou o sitio. Humayun púxose entón en marcha para someter os afgáns instalados en Bihar aos que derrotou en 1532. En decembro dese mesmo ano logrou someter as tropas de Sher Shah Suri.

Mentres tanto, Bahadur Shah anexionouse a zona de Malwa (correspondente a unha parte do actual estado de Madhya Pradesh e do Rakhastán). Bahadur fortificouse no forte de Chittor. Humayun tomou o forte e obrigou a Bahadur a fuxir. As tropas do imperio continuaron a súa marcha, tomando a fortaleza de Mandu e as cidades de Cambay e Ahmedabad. Deixou o seu irmán Askari como gobernador da zona, mais este viuse incapaz de defender a rexión cando en 1536 Bahadur Shah a atacou.

Mentres Humayun continuaba coas súas campañas no oeste, Sher Shah reforzou a súa posición en Bihar e lanzouse á conquista de Bengala. Humayun decidiu tentar recuperar Bengala en lugar de perseguir a Sher Shah. O 26 de xuño de 1539, as tropas mogois foron derrotadas polas afgás na batalla de Chansa. Humayun viuse obrigado a fuxir ata Agra acompañado unicamente por algúns fieis seguidores. Perdeu unha nova batalla contra os afgáns en Kannauj en 1540 o que o obrigou novamente a fuxir, esta vez cara ao Punjab e, posteriormente a Sind. Foi alí, en Umarkot, onde naceu o seu fillo e herdeiro, Akbar, en 1542.

Desterro e volta ao trono editar

 
Tumba de Humayun

A fuxida de Humayun terminou en Persia onde o xa lle ofreceu tropas para que puidese recuperar o trono. En 1544, Humayun tomou as cidades de Kandahar e Cabul, gobernada polo seu irmán Kamran, que a recuperou en 1546. Ao ano seguinte a cidade volveu ser tomada por Humayun. En 1549, Kamran apoderouse de Kandahar; Humayun recuperou a vila, cegou o seu irmán e enviouno á Meca como penitencia.

Trala morte accidental de Sher Shah durante o sitio de Kalinjar (1545) o seu fillo, Islam Shah sucedeuno. Humayun estaba xa preparado para volver á India e recuperar o seu trono. En 1554, entrou en Peshawar; ao ano seguinte tomou Lahore. Ese mesmo ano, a súa vitoria contra as tropas afgás na batalla de Macchiwara consagrou a súa vitoria. En xullo de 1555, Humayun entrou finalmente en Delhi e recuperou o trono despois de 15 anos no exilio.

O segundo emperador dos mogois morreu en 1556 ao caer accidentalmente dende unha escaleira da súa biblioteca. A súa esposa, Hamida Begum, ordenou construír un mausoleo na súa honra.[2][3] A tumba de Humayun situada en Delhi está considerada dende 1993 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Trátase dunha das mellores mostras da arte mogol da India e está considerada a precursora en estilo do Taj Mahal de Agra.

Notas editar

  1. Mehta, Jaswant Lal (1986). Advanced Study in the History of Medieval India (en inglés). Sterling Publishers Pvt. Ltd. p. 146. ISBN 9788120710153. 
  2. Kamiya, Takeo. "Humayun's Tom in Delhi". UNESCO. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  3. Banerji, S.K. (1938). Humayun Badshah. Oxford University Press. pp. 97, 232. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar