Humane Society of the United States

A Humane Society of the United States ou HSUS (en galego, Sociedade Humana dos Estados Unidos) é unha organización con sede en Washington d.C centrada na promoción do benestar dos animais. É unha das maiores organizacións centradas no benestar dos animais no mundo, con 9,5 millóns de membros e un orzamento de 103 millóns de dólares no 2006.[1] En 2007 viron un incremento tanto en incorporación de membros coma en ingresos, con 10,5 millóns de membros e un presuposto de 120 millóns de dólares.[2] Os fundadores de HSUS trataron de non de duplicar os esforzos de centos de sociedades locais que traballan para axudar aos animais. En lugar diso, decidiu facer fronte ás crueldades de alcance nacional, tratando de resolver os problemas de benestar animal mediante a aplicación de estratexias, recursos e solucións máis alá da capacidade das organizacións locais.[3]

Humane Society of the United States
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Data de fundación24 de novembro de 1954 e 1954
SedeWashington, D.C.
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://humanesociety.org
Facebook: humanesociety Twitter: HumaneSociety Instagram: humanesociety LinkedIn: the-humane-society-of-the-united-states Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A HSUS foi fundada en 1954 polo xornalista Fred Myers e outras tres persoas. As maiores campañas de grupo teñen como obxectivos catro temas primarios: as granxas factoría de animais, os deportes e entretementos que implican violencia para cos animais e outras formas de crueldade con estes, o comercio de peles e as prácticas de caza deportiva.

HSUS publica Animal Sheltering, un magazine bimensual para profesionais do refuxio de animais.[4] Tamén fai Rural Area Veterinary Services, un programa de servizos veterinarios gratuítos en comunidades empobrecidas.[5]

Notas editar

  1. Merger Adds to Humane Society's Bite - Washingtonpost.com
  2. "2007 Annual report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  3. "Fred Myers: Co-Founder of The HSUS". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  4. "Publications - AnimalSheltering.org". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  5. "Mobile Vet Clinic Treats Poor Pets - ImDiversity.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar