A Humanae Vitae (en galego: Da vida humana) é unha encíclica escrita polo papa Paulo VI e publicada o 25 de xullo de 1968. Co subtítulo de Sobre a regulación da natalidade, reafirmou a doutrina tradicional da Igrexa no tocante ao amor matrimonial, á paternidade responsable e ao rexeitamento do control artificial da natalidade co emprego de métodos anticonceptivos.

Humanae Vitae
Autor/aPaulo VI, papa
OrixeCidade do Vaticano
Lingualingua alemá, lingua inglesa, lingua castelá, lingua francesa, lingua húngara, lingua italiana, lingua latina, lingua portuguesa, chinés simplificado e chinés tradicional
Data de pub.25 de xullo de 1968
editar datos en Wikidata ]
Paulo VI publicou a Humanae Vitae o 25 de xullo de 1968.

A encíclica foi moi controvertida pola súa prohibición de calquera forma de anticoncepción no matrimonio, e Paulo VI non publicou ningunha outra encíclica nos dez anos restantes do seu pontificado. En 2008, Bieito XVI dixo sobre esta materia "tan controvertida e, con todo, tan decisiva para o futuro da humanidade", que a Humanae Vitae se converteu en "sinal de contradición [...] un significativo xesto de coraxe ao reafirmar a continuidade da doutrina da Igrexa. [...] O que era verdade onte, permanece verdadeiro tamén hoxe."[1]

Antecedentes editar

O tema xa viña sendo tratado polos papas anteriores a Paulo VI, e introducírase na doutrina da Igrexa a medida que xurdían os diferentes métodos anticonceptivos e se estendía a despenalización do aborto.

Certamente a cuestión non era nova, xa que sobre ela xa publicara Pío XI a encíclica Casti Connubii, na que referíndose ao maxisterio da Igrexa afirmaba:

Estando pola súa natureza o acto conxugal destinado á procreación, quen, ao exercelo, prívanlle a vontade da súa natureza e virtude, obran contra a natureza e cometen unha acción vergoñenta e intrinsecamente deshonesta.[2]

O mesmo fixo o papa Pío XII en diferentes pronunciamentos en 1944, 1951 e 1958, e o papa Xoán XXIII afirmaba na súa encíclica Mater et Magistra:

193. A vida humana é sagrada: mesmo a partir da súa orixe, ela esixe a intervención directa da acción creadora de Deus. Quen viola as leis da vida, ofende a Divina Maxestade, degrádase a el mesmo e ao xénero humano, e enfraquece a comunidade da que é membro.[3]

Tamén no Concilio Vaticano II abordou o tema na constitución Gaudium et Spes, gabando as parellas que, de xeito responsábel e prudente, formaban familias numerosas.[4] Nesta constitución remarcouse expresamente que, no tocante á regución da natalidade, habería que recorrer á castidade conxugal e que non é lícito adoptar medios que a lei divina reproba.[5]

Mais na Humanae Vitae a materia foi tratada por vez primeira na súa totalidade e de xeito ordenado. A encíclica foi promulgada poucos anos despois da constitución pastoral Gaudium et Spes do Concilio Vaticano II, e dentro do seu contexto.

Este documento é hoxe considerado un marco sobre a visión da familia na doutrina social da Igrexa e serviu de base para outros documentos sobre bioética e moral reprodutiva da Igrexa, como as instrucións Donum vitae e Dignitas personae, publicadas nos pontificados de Xoán Paulo II e Bieito XVI respectivamente.

Contidos editar

O texto da encíclica comeza cunha introdución na que xustifica a pertinencia da mesma polos aspectos novos neste eido, en particular o aumento da poboación global, os cambios no lugar da muller na sociedade e os diferentes desenvolvementos técnicos no campo médico. Partindo disto, a encíclica lembra a competencia do Maxisterio da Igrexa neste ámbito e os principios que guían a súa doutrina nel, a lei natural e a revelación divina.

O texto continúa lembrando as ensinanzas da Igrexa no tocante á paternidade responsable e ao amor conxugal, con referencias ás encíclicas Casti connubii e Mater et Magistra e á constitución Gaudium et Spes anteriormente mencionadas. No apartado de "Características do amor conxugal", o papa di que é humano (espiritual e sensible), total (os cónxuxes deben compartir todo), fiel e exclusivo e fecundo.[6] O documento continúa repasando a noción de "paternidade responsable" que ten a Igrexa, e finaliza na análise da natureza das relacións sexuais no matrimonio e na súa valoración moral. Isto leva xa á valoración moral dos métodos anticonceptivos.

Aborto editar

Ao non tratarse dun método anticonceptivo, as referencias ao aborto inducido na encíclica son poucas, e redúcense a unha lembranza da doutrina da Igrexa sobre o tema, que o considera un pecado grave.[7]

Métodos anticonceptivos editar

En canto ao uso dos métodos anticonceptivos nas relacións matrimoniais, Paulo VI sostén a súa ilicitude. Ademais, sostén que estes métodos poden ter graves consecuencias na sociedade, e di que a súa normalización pode facer que o home vexa na muller un instrumento de pracer:

Pódese temer que o home, habituándose ao uso das prácticas anticonceptivas, acabe por perder o respecto pola muller e, sen se preocupar do seu equilibrio físico e psicolóxico, chegue a considerala como un simple instrumento de pracer egoísta no canto de como a súa compañeira, respectada e amada.[8]

Tamén sostén que os homes precisan de estímulos para actuar conforme á moral e que, por tanto, non se lles deben proporcionar medios que eludan as consecuencias dos seus actos. Inclúe nesta análise dos métodos anticonceptivos á esterilización directa, tanto permanente como temporal.

Recurso aos períodos infecundos editar

Pola contra, o pontífice sostén que é lexítimo para os matrimonios recorrer aos períodos infecundos, xa que dese xeito se respecta a orde estabelecida por Deus.[9] A licitude deste recurso depende tamén de que os motivos que leven a espazar os embarazos sexan graves.

Segundo Paulo VI, a diferenza entre os métodos anticonceptivos e a planificación familiar natural é que estes se serven da propia natureza humana e non impiden o desenvolvemento dos procesos naturais. Outra diferenza consiste en que se precisa a abstinencia sexual temporal e isto evita que os cónxuxes caian no egoísmo e na instrumentalización do outro, favorecendo o seu desenvolvemento espiritual.[10]

Esterilización terapéutica editar

Porén, o papa sostén que é lexítima a esterilización cando é unha consecuencia de diferentes métodos terapéuticos sempre e cando a devandita esterilización non sexa nin querida nin buscada por calquera motivo.[8]

Reaccións editar

Reaccións dentro da Igrexa Católica editar

Reaccións doutros grupos cristiáns editar

Actualidade editar

A doutrina da encíclica segue vixente na Igrexa Católica, malia as dúbidas que espertou nalgúns bispos no momento da súa publicación. Nos diferentes documentos eclesiais a postura consonte o aborto, a esterilización e os métodos anticonceptivos non ten variado.

O Catecismo da Igrexa Católica, no seu apartado "A fecundidade do matrimonio" (puntos 2366 a 2372), fai varias mencións aos contidos da encíclica, citándoa ás veces textualmente:

2369 Salvagardando ambos aspectos esenciais, unitivo e procreador, o acto conxugal conserva íntegro o sentido de amor mutuo e verdadeiro e a súa ordenación á altísima vocación do home á paternidade (HV 12).[14]

O papa Xoán Paulo II confirmou as ensinanzas da Humanae Vitae na súa exhortación apostólica Familiaris consortio de 1981:

Desta maneira, na continuidade coa tradición viva da comunidade eclesial a través da historia, o Concilio Vaticano II e o maxisterio do meu Predecesor Paulo VI, expresado sobre todo na encíclica Humanae Vitae, transmitiron aos nosos tempos un anuncio verdadeiramente profético, que reafirma e repón, con claridade, a doutrina e a norma sempre antigas e sempre novas da Igrexa sobre o matrimonio e sobre a transmisión da vida humana.[15]

En 1995 reiterou e profundou nesta doutrina na encíclica Evangelium Vitae, na que reafirmou as ensinanzas da Igrexa sobre o valor da vida humana e a sacralidade da concepción.

Notas editar

  1. "Aquele momento tornou-se depressa sinal de contradição. Elaborado à luz de uma difícil decisão, ele constitui um significativo gesto de coragem ao reafirmar a continuidade da doutrina e da tradição da Igreja.", "O que era verdade ontem, permanece verdadeiro também hoje.", Discurso do papa Bento XVI aos participantes no Congresso Internacional do XL aniversário da encíclica Humanae Vitae, por Bieito XVI, 10 de maio de 2008 (en portugués).
  2. "Cum autem actus coniugii suapte natura proli generandae sit destinatus, qui, in eo exercendo, naturali hac eum vi atque virtute de industria destituunt, contra naturam agunt et turpe quid atque intrinsece inhonestum operantur.", Casti Connubii (en latín)
  3. "193. A vida humana é sagrada: mesmo a partir da sua origem, ela exige a intervenção direta da ação criadora de Deus. Quem viola as leis da vida, ofende a Divina Majestade, degrada-se a si e ao gênero humano, e enfraquece a comunidade de que é membro.", Mater et Magistra (en portugués)
  4. "[…] devem ser especialmente lembrados aqueles que, de comum acordo e com prudência, aceitam com grandeza de ânimo educar uma prole numerosa", Gaudium et Spes (en portugués).
  5. "Quando se trata, portanto, de conciliar o amor conjugal com a transmissão responsável da vida, a moralidade do comportamento não depende apenas da sinceridade da intenção e da apreciação dos motivos; deve também determinar-se por critérios objectivos, tomados da natureza da pessoa e dos seus actos; critérios que respeitem, num contexto de autêntico amor, o sentido da mútua doação e da procriação humana. Tudo isto só é possível se se cultivar sinceramente a virtude da castidade conjugal. Segundo estes princípios, não é lícito aos filhos da Igreja adoptar, na regulação dos nascimentos, caminhos que o magistério, explicitando a lei divina, reprova.", Gaudium et Spes (en portugués).
  6. Humanae Vitae, punto 9.
  7. Humanae Vitae, punto 14.
  8. 8,0 8,1 Humanae Vitae, punto 17.
  9. Humanae Vitae, punto 16.
  10. Humanae Vitae, puntos 16 e 21.
  11. König, Cardinal Franz (2005). Burns & Oates/Continuum, ed. Open to God, Open to the World. Londres. p. 28. ISBN 0-86012-394-4. 
  12. Die Sünde der Bischöfe (O pecado dos bispos), 27 de marzo de 2008, (en alemán).
  13. Estormon, E.J. (edición). Towards the Healing of Schism: The Sees of Rome and Constantinople. p. 197. We assure you that we remain close to you, above all in these recent days when you have taken the good step of publishing the encyclical Humanae Vitae. We are in total agreement with you, and wish you all God's help to continue your mission in the world. 
  14. Catecismo de la Iglesia Católica (en castelán).
  15. " Desta maneira, na continuidade com a tradição viva da comunidade eclesial através da história, o Concílio Vaticano II e o magistério do meu Predecessor Paulo VI, expresso sobretudo na encíclica Humanae Vitae, transmitiram aos nossos tempos um anúncio verdadeiramente profético, que reafirma e repõe, com clareza, a doutrina e a norma sempre antigas e sempre novas da Igreja sobre o matrimónio e sobre a transmissão da vida humana." Familiaris Consortio (en portugués)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar