Huineng

filósofo chinés

Dajian Huineng (chinés tradicional: 大鑒惠能; chinés simplificado: 大鉴惠能; pinyin: Dàjiàn Huìnéng; Wade-Giles: Ta4-chien4 Hui4-neng2; xaponés: Daikan Enō 大鑒慧能; coreano: Hyeneung 혜능; vietnamita: Huệ Năng), nado no condado de Xinxing (Guangdong) en 638 e finado en 713, tamén coñecido como o Sexto Patriarca ou o Sexto Devanceiro de Chan, é unha figura central semilendaria na primeira época do budismo Chan. Segundo a tradición foi un leigo sen educación que obtivo o espertar de súpeto tras ouvir o sutra do diamante. A pesar da súa falta de adestramento formal, demostrou o seu entendemento ao quinto patriarca, Daman Hongren, que entón escolleu supostamente a Huineng como o seu auténtico sucesor en lugar da escolla coñecida publicamente de Yuquan Shenxiu.

Huineng
Nacemento638
Lugar de nacementoXinxing
Falecemento713
Lugar de falecementoShaoguan
NacionalidadeDinastía Tang
Relixiónbudismo
Ocupaciónfilósofo, poeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

Os estudos do século XX revelaron que a historia da carreira budista de Huineng fora probablemente inventada polo monxe Heze Shenhui, que afirmaba que era un dos discípulos de Huineng e foi enormemente crítico coas ensinanzas de Shenxiu.[1][2][3]

Huineng está considerado o fundador da escola Chan Meridional da "Iluminación Repentina", que se centra nunha obtención inmediata e directa da iluminación budista. A Platforma Sutra do Sexto Patriarca (en chinés: 六祖壇經), que se di que é un rexistro das súas ensinanzas, é un texto de grande influencia na tradición budista da Asia Oriental.

Momificación editar

 
Templo Nanhua, onde se di que Huineng viviu e ensinou.

Consérvase un corpo momificado, supostamente de Huineng, no templo Nanhua de Shaoguan (norte de Guangdong).[4] A momia foi vista polo xesuíta Matteo Ricci que visitou o templo en 1589. Ricci contou aos lectores europeos a historia de Huineng (nunha forma editada), describíndoo como semellante a un asceta cristián. Ricci chamouno Liùzǔ (i.e. 六祖, "The Sixth Ancestor").[5]

Notas editar

  1. McRae 2003.
  2. Jorgesen 2005.
  3. Schlütter & Teiser 2012.
  4. "Images of Huineng's temple and Mummy". Arquivado dende o orixinal o 12-10-2004. Consultado o 16-07-2020. 
  5. De Christiana expeditione apud Sinas, Book Three, Chapter 1. Pages 222-224 in the English translation: Louis J. Gallagher (1953). "China in the Sixteenth Century: The Journals of Matthew Ricci", Random House, Nova York, 1953.Latin original text: De Christiana expeditione apud Sinas suscepta ab Societate Jesu

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar