Hugo Lieben

autor checoslovaco

Salomon Hugo Lieben ou Hugo Lieben, nado en Praga o 28 de abril de 1881 de finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1942,[1] foi un estudoso xudeu, coñecido por ser o fundador do Museo Xudeu de Praga, cidade na que estivo moi involucrado coa súa comunidade xudía e a súa ḥevrah kadisha (sociedade funeraria).

Infotaula de personaHugo Lieben

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1881 Editar o valor em Wikidata
Praga Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Praga Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNovo cemiterio xudeu de Praga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChecoslovaquia Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Arts, Charles University in Prague (en) Traducir (1902–valor descoñecido)
Facultade de Filosofía da Universidade Alemá de Praga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria dos xudeus, acción política, social engagement (en) Traducir e educação religiosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónautor , historiador , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesVěra Roubalová (en) Traducir (son's daughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hugo Lieben naceu en Praga e estudou primeiramente en Alemaña, e posteriormente na Universidade Alemá de Praga. Lieben, ao igual que o resto de estudosos xudeus da súa xeración procurou na tradición da Wissenschaft des Judentums para manter a súa identidade e reconstruír a historia xudía.

Lieben mostrou un grande interese no material e documentación relativa á vida dos xudeus en Bohemia e Moravia, ou como el mesmo expresaría en 1933, testemuñas en perigo de extinción do pasado. Lieben iniciou un proxecto para gardar os obxectos vaiosos das sinagogas demolidas durante a reconstrución da Cidade Xudía da capital checa, e que serviu de base para a fundación do Museo Xudeu de Praga en 1906, do cal supervisou as súas actividades nos primeiros anos, clasificou as adquisicións e realizou as primeiras exposicións. Lieben traballou no museo ata a súa morte en 1942.

Obra editar

Lieben escribiu numerosos estudos e compilacións de documentos de principios da historia moderna xudía (séculos XVII e XIX) en terras checas, e particularmente na cidade de Praga. Entre os seus estudos salientan os relativos á expulsión dos xudeus de Praga por parte de María Tareixa entre 1744 e 1745, artigos sobre David Oppenheim e sobre o rabino praguense El‘azar Fleckeles. Tamén realizou análises críticos sobre a Cronica Ramshak, un suposto documento antigo sobre a historia dos xudeus en Bohemia. Publicou así mesmo artigos en publicacións especializadas como Ročenka Společnosti pro dějiny židů v Československé republice (Jahrbuch der Gesellschaft für Geschichte der Juden in der Tschechoslowakischen Republik), Jahrbuch der Jüdisch-Literarischen Gesellschaft, e Monatsschrift für Geschichte und Wissenschaft des Judentums, así como artigos para enciclopedias hebraicas contemporáneas como Jüdisches Lexikon e Encyclopaedia Judaica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Vladimír Sadek (1996): Salomon Hugo Lieben: Founder of the Prague Jewish Museum, Judaica bohemiae 22.1 (1986): 3–8.

Ligazóns externas editar