Hugo Chávez

militar e político venezolano

Hugo Rafael Chávez Frías, nado en Sabaneta, Barinas, o 28 de xullo de 1954 e finado en Caracas o 5 de marzo de 2013[1], foi un militar e político venezolano, 53º[2][3] Presidente de Venezuela dende o 2 de febreiro de 1999 até a súa morte.

Infotaula de personaHugo Rafael Chávez Frías

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata
Barinas
Morte5 de marzo de 2013 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Caracas
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHistorical museum in Caracas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente de Venezuela
Período2 de febreiro de 1999 – 5 de marzo de 2013
AntecesorRafael Caldera
SucesorNicolás Maduro
Datos persoais
ResidenciaLa Casona
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico
EducaciónAcademia militar da Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico e militar
Período de actividade1971 Editar o valor em Wikidata - 5 de marzo de 2013 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento Bolivariano Revolucionario 200
ProfesoresHugo José García Hernández (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Nacional da Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente coronel
Comandante en xefe Editar o valor em Wikidata
ConflitoFirst Venezuelan coup d'etat attempt of 1992 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoArremessador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeMarisabel Rodríguez (pt) Traducir (1997–2004), divorcio
Nancy Colmenares (en) Traducir (1977–1995), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaNancy Colmenares
Marisabel Rodríguez (1999-2004)
FillosRosa Virginia, María Gabriela, Hugo Rafael e Rosinés.
PaisHugo de los Reyes Chávez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elena Frías de Chávez Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdán Chávez (en) Traducir, Argenis Chávez (en) Traducir e Aníbal José Chávez Frías Editar o valor em Wikidata
ParentesAsdrúbal Chávez (en) Traducir (curmán) Editar o valor em Wikidata
Condenado porrebelión (1992) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1998Revolução Bolivariana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webchavez.org.ve
IMDB: nm1382342 Allocine: 244547
Twitter: chavezcandanga WikiTree: Chávez-1178 Find a Grave: 106247612 Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

Hugo Rafael Chávez Frías foi o segundo dos seis fillos do humilde fogar formado por Hugo de los Reyes Chávez e Elena Frías, ambos os dous mestres de Educación primaria. Sendo moi pequeno, os seus pais confiárono á súa avoa paterna, Rosa Inés Chávez, para que esta se ocupase da súa crianza. En 1966 culmina a educación primaria no Grupo Escolar Julian Pino e comeza o bacharelato no Liceo Daniel Florencio O'Leary de Barinas. Desde mozo foi afeccionado ó béisbol. Foi acólito e tivo inclinacións pola pintura, a escritura creativa e o teatro. En 1971 graduouse de Bachiller en Ciencias e tres semanas máis tarde ingresa na Academia Militar de Venezuela, onde se graduará en 1975 en Ciencias e Artes Militares, na especialidade de Enxeñaría. En 1974 viaxa ó Perú como parte dunha delegación de cadetes venezolanos que asiste ós actos pola conmemoración dos 180 anos da Batalla de Ayacucho. En 1977 é ascendido a Tenente e é destinado á cidade de Maracay. Nesta época comeza a investigar a vida de Pedro Pérez Delgado, alcuñado Maisanta, o seu bisavó materno, quen, a principios do século XX liderara unha loita contra a ditadura de Juan Vicente Gómez. Tamén nesta época casa con Nancy Colmenares, con quen terá tres fillos: Rosa Virginia, María Gabriela e Hugo Rafael. En 1982 é ascendido a Capitán e comeza a conspirar no seo do Exército.

Inicios na política editar

En 1982 fundou o Movimiento Bolivariano Revolucionario 200 (MBR200), en alusión ó douscentos cabodano do nacemento de Simón Bolívar, que se celebraría un ano máis tarde. O 17 de decembro (día da morte de Bolívar) dese ano xura baixo o Samán de Güere, xunto con Felipe Acosta Carlez, Jesús Urdaneta Hernández e Raúl Isaías Baduel reformar o Exército e iniciar unha loita para construír unha nova República. Este movemento estaba formado por oficiais de rango medio de ideoloxía bolivariana, mesturada con algunhas ideas de Simón Rodríguez e de Ezequiel Zamora ("A árbore das tres raíces"). Nesta época Hugo Chávez inicia unha relación sentimental e ideolóxica coa historiadora e socialista Herma Marksman. Igualmente mantén contactos con persoas da esquerda venezolana. En 1985 é destacado na vila de Elorza, en estado Apure. En 1986 ascende a Maior e en 1988 é asignado Axudante do Secretario do Consello Nacional de Seguridade e Defensa, localizado no Pazo de Miraflores. En 1989 observa con estupor como miles de manifestantes son masacrados por forzas do Exército no Caracazo.

En 1990 ascende a Tenente Coronel e inicia un Mestrado en Ciencias Políticas na Universidade Simón Bolívar, estudos que non conclúe. En 1991 asume o mando da Brigada de Paracaidistas Coronel Antonio Nicolás Briceño con base en Maracay. Escribe, en segredo, "Proyecto de Gobierno de Transición" e "Anteproyecto Nacional Simón Bolívar". A finais dese ano, os conxurados poñen data á sublevación: Principios do mes de febreiro.

Rebelión de febreiro de 1992 editar

 
O presidente Carlos Andrés Pérez co presidente americano George H. W. Bush

A sublevación comezou simultaneamente en Maracaibo, Caracas, Valencia e Maracay, aproximadamente ás 11 da noite do 4 de febreiro de 1992. En Maracaibo, Francisco Arias Cárdenas logra apoderarse da sede do goberno rexional e toma como prisioneiro ó Gobernador do Zulia, Oswaldo Álvarez Paz. En Caracas, Chávez establece o seu centro de operacións na sede do Museo Histórico Militar, localizado en La Planicie, cerca do Pazo de Miraflores, mentres que as súas forzas toman a estación estatal Venezolana de Televisión. Outro grupo enfróntase á Garda Nacional en La Casona (residencia presidencial), mentres que outros intentan tomar o Pazo de Miraflores. Xa a media mañá a derrota da sublevación era notoria. Chávez decide renderse e pide facelo por televisión coa escusa de chamar tamén á rendición ós outros sublevados que seguían combatendo en Caracas, Valencia e Maracay. Ó mediodía Chávez preséntase ante as cámaras de televisión e converte unha derrota militar nun triunfo político.

En algo máis dun minuto, o Tenente Coronel Hugo Chávez, segundo tódolos analistas, dixo exactamente o que tiña que dicir. Comezou dicindo "Buenos días". Logo identifica o seu movemento: "este mensaje bolivariano". Recoñece o labor dos seus copartidarios: "ustedes lo hicieron muy bien". Recoñece a súa derrota: "Nosotros aquí en Caracas no logramos controlar el poder". Lanza un reto: "lamentablemente, por ahora, los objetivos que nos planteamos no fueron logrados": asume a responsabilidade: "Asumo la responsabilidad de este movimiento militar bolivariano" e dá unha mensaxe de esperanza: "El país tiene que enrumbarse hacia un destino mejor".[4]

O cruento saldo da asonada militar do 4 de febreiro de 1992, deuse a coñecer o día 5: de acordo coas cifras oficiais do Ministerio da Defensa[5], houbo 14 mortos e 53 feridos. Con todo, estimacións extraoficiais localizan dito saldo en 50 mortos e máis de 100 feridos[5].

Os combatentes en Valencia e Maracay rendéronse. Chávez foi levado prisioneiro ó Cuartel San Carlos, no norte de Caracas.

Consecuencias editar

 
O expresidente Rafael Caldera nunha imaxe de 1972

Ó día seguinte da rebelión, o expresidente Rafael Caldera, parlamentario e principal dirixente do partido Social Cristián COPEI (COPEI), dirixiu un discurso ante o Congreso no que atacou duramente a Pérez, xustificando en certo modo o alzamento militar ("No se le puede pedir al pueblo que defienda la democracia cuando tiene hambre"). Unha enquisa revelou que o 60% da poboación estaba a favor do Golpe. Mentres tanto, centos de persoas facían cola ás portas do Cuartel San Carlos para visitar a Chávez e entregarlle regalos. Ós poucos días, o goberno decide trasladalo a un cárcere localizado en San Francisco de Yare, estado Miranda

O 27 de novembro outro grupo de oficiais, maioritariamente da Forza Aérea, sublévanse infrutuosamente contra o goberno.

Todos estes feitos debilitaron o goberno de Carlos Andrés Pérez. Iniciouse un xuízo contra el no Congreso que culminou coa súa remoción da presidencia o 2 de maio de 1993, acusándoo de corrupción.

Rafael Caldera foi o principal beneficiado político da rebelión. Poucos meses despois desligouse do Partido Social Cristián COPEI. Funda "Convergencia" e lánzase á candidatura para as eleccións presidenciais de 1993, que acabará vencendo. Chávez, desde o cárcere, chamara á abstención.

Chávez prisioneiro editar

Chávez, xunto cos principais líderes da intentona, pasou dous anos na prisión de San Francisco de Yare esperando xuízo. Alí coescribe Cómo salir del laberinto. A súa popularidade aumenta. É liberado o 27 de marzo de 1994 tralo sobresemento que lle outorgou Caldera, como parte dun acordo político con sectores de esquerda, como o MAS e o PCV[6], para lograr apoio ó seu goberno.

Inicio da Campaña á Presidencia editar

 
Logo do MVR fundado por Chávez.

Xa libre, Chávez, tendo no seu haber unha gran popularidade, o colapso dos partidos tradicionais e o crecemento do rechazo popular ás medidas políticas e económicas neoliberais, inicia o seu propio movemento político-electoral, que frutifica no Partido Movimiento Quinta República (MVR) que conta co apoio de homes de esquerda como Luis Miquilena ou José Vicente Rangel. O 14 de decembro de 1994 Fidel Castro recíbeo n'A Habana. Chávez, entre 1995 e 1997 percorre todo o país, explicando o seu proxecto político, que se baseaba, principalmente, na necesidade de convocar a unha Asemblea Nacional Constituínte que "refunde la República". Chega 1998, ano das eleccións presidenciais.

Triunfo nas eleccións editar

A Campaña política ten tres principais contendentes: Irene Sáez Conde, Henrique Salas Römer e Hugo Chávez Frías, que está apoiado polo denominado "Polo Patriótico", conformado polo Movemento Quinta República (MVR), Movemento ó Socialismo (MAS),Partido Comunista de Venezuela (PCV), Patria Para Todos (PPT) e outras catro organizacións menores. O candidato do outrora moi forte partido, Acción Democrática, Alfaro Ucero, non logrou sequera superar o 2% nas intencións de voto. Practicamente toda a esquerda venezolana se aliñara con Chávez. Irene Sáez estaba apoiada por COPEI e Salas Römer por dous novos partidos "Proyecto Venezuela" e "Primero Justicia". Xa a mediados de 1998 Hugo Chávez era o primeiro en tódalas enquisas. O 8 de novembro tiveron lugar as eleccións lexislativas. O MVR obtén 49 dos 189 escanos da Cámara dos Deputados e o 21,3% dos votos (Case igual que os obtidos por Acción Democrática). Demostrábase que era a segunda forza política do país. Ante estes resultados, COPEI retira o seu apoio a Irene Sáez e Acción Democrática retírallo a Alfaro Ucero. Ambos os partidos deciden apoiar a Henrique Salas Römer, autodenominándose Polo Democrático. O 6 de decembro Chávez obtén cos votos o que non puidera coas armas: É elixido Presidente de Venezuela co 56,5% dos votos. (Ver: eleccións presidenciais de 1998). Neste ano Chávez casa con Marisabel Rodríguez, nai da súa última filla, Rosinés.

Chávez gaña as eleccións coa promesa de cambiar a constitución vixente (1961[7]) por medio dun proceso Constituínte[8].

Hugo Chávez na presidencia editar

 
Chávez a bordo do USS Yorktown

O primeiro período presidencial (febreiro 1999-agosto 2000) editar

Chávez asume o poder o 2 de febreiro de 1999. (O 17 de xaneiro dese ano visitara novamente Cuba). Xurou sobre a Constitución de 1961 ("...juro sobre esta moribunda constitución..."). Despois do acto no Capitolio Federal, dirixiuse ó Pazo de Miraflores acompañado por un grupo de simpatizantes. Desde alí decretou a activación do "Poder Constituínte". O 25 de abril tivo lugar un Referendo. O 92% dos votantes estiveron de acordo con convocar unha Asemblea Constituínte. O 23 de maio inicia o seu programa televisivo "Aló Presidente". O 25 de xullo teñen lugar as eleccións para os integrantes da Asemblea Nacional Constituínte. O Polo patriótico obtivo 121 escanos. A oposición só obtivo 7. O 3 de agosto, dita Asemblea inicia as súas sesións. Entre os seus integrantes encóntrase a súa esposa, Marisabel Rodríguez. O 20 de novembro a Asemblea termina o proxecto de Constitución.

. O 15 de decembro realízase un referendo. O 70% dos votantes aproba a nova Constitución.

En xullo de 2000, xa cunha nova Constitución, hai eleccións para "relexitimar tódolos poderes". Chávez gaña co 59,76% dos votos. En agosto visita varios países da OPEP. Entrevístase con Saddam Hussein en Bagdad.

O Centro Carter monitoreou as eleccións. Os enviados dixeron que, debido á falta de transparencia, a percepción de parcialidade no Consello Nacional Electoral (CNE), e a presión política do goberno de Chávez que resultou en eleccións adiantadas, resultoulle imposible validar os resultados oficiais do CNE. Porén, concluíron que a elección presidencial lexitimamente expresaba a vontade da xente.

O segundo período presidencial (agosto 2000-xaneiro 2007) editar

En setembro ten lugar en Caracas o Segundo Cumio da OPEP. A finais de outubro recibe na capital a Fidel Castro, presidente de Cuba. A principios de 2001 realiza unha xira por varios países asiáticos. O 30 de maio asiste en Indonesia a unha reunión do Grupo dos Quince (G-15).

A Lei Habilitante. A primeira desavinza cos Estados Unidos e o Primeiro Paro editar

O Congreso aproba un Decreto Habilitante que lle dá poderes especiais ó presidente para aprobar un conxunto de leis, incluíndo a Lei de Terras (que impulsa unha Reforma agraria), unha nova Lei de Hidrocarburos e a Lei de Pesca.

Se ben son aprobadas unhas 49 leis, a oposición dirixida principalmente pola patronal máis importante do país (Fedecámaras) e a Confederación de Trabajadores de Venezuela (CTV), concéntranse en loitar contra as tres leis antes mencionadas.

En novembro, na cadea nacional de Radio e Televisión, amosou unhas fotos de nenos afgáns, vítimas dos bombardeos dos Estados Unidos nese país e exclamou: "No se puede combater el terror con más terror". O Departamento de Estado rexeitou estas declaracións e chamou á súa embaixadora en Caracas.

O 10 de decembro, mentres daba un discurso na Base Aérea Francisco de Miranda, máis coñecida como La Carlota, no leste de Caracas, varias persoas manifestáronse en contra das súas políticas. Fedecámaras e a CTV chamaron a un primeiro paro nacional.

Se ben o paro foi cualificado como exitoso, a oposición non logrou o seu obxectivo de facer retroceder o goberno co paquete de leis habilitantes. A polarización no país comezou a gañar forza e a maioría dos medios de comunicación comezaron a asumir unha posición netamente anti-goberno.

Derrocamento temporal de Hugo Chávez editar

Os eventos editar

A polarización continuou en 2002. En xaneiro renuncia Luis Miquilena, Ministro do Interior. O 7 de febreiro, un coronel de aviación intervén nun foro televisado e pide a renuncia de Chávez (a intención dos golpistas era manter a Hugo Chávez en Venezuela). Pouco despois fano os oficiais Pedro José Flores, Carlos Molina Tamayo, Alberto Pogglioli e Guaicaipuro Lameda. O 5 de marzo Fedecámaras, CTV, a Universidade Católica Andrés Bello e a cúpula da Igrexa Católica asinan un pacto contra Chávez. Seguen as desercións nas Forzas Armadas.

O 7 de abril o presidente Chávez anuncia por televisión o despedimento de altos xerentes da empresa PDVSA. As protestas nas rúas intensificáronse. O 9 de abril a CTV e Fedecámaras anuncian o paro xeral de vinte e catro horas para apoiar os xerentes de PDVSA. A oposición convocou o 11 de abril a unha marcha que reuniu a centos de miles de persoas, que orixinalmente ía destinada e autorizada ata a sede de PDVSA situada en Chuao [9], pero os ánimos se caldearon e foi desviada cara ó Pazo de Miraflores, onde había multitude de simpatizantes de Hugo Chávez, buscando este desvío entrar nunha confrontación directa. Ó chegar ó centro da cidade, as protestas convertéronse en violentos disturbios e enfrontamentos entre os opositores, os partidarios do goberno e a intervención da Garda Nacional e a Policía Metropolitana de Caracas.

Durante os feitos, Chávez encontrábase no Pazo de Miraflores, desde onde se dirixiu ó país en Cadena nacional e solicitou ás Forzas Armadas a activación do chamado Plan Ávila, un plan especial das Forzas Armadas venezolanas cando hai unha conmoción interna que ameaza a estabilidade e seguridade nacional. Mentres tanto, as estacións de televisión privadas dividiron as pantallas. Nun lado víase a Chávez e no outro escenas dos disturbios que ocorrían no centro de Caracas. O goberno, ante isto, respondeu mandando a sacar do aire a ditas canles[Cómpre referencia], pero estas, cun plan alternativo, lograron, cinco minutos despois, seguir transmitindo cunha imaxe de menor calidade. Os feridos e mortos comezaron a sucederse sobre as 13:30, existindo francotiradores que disparaban ós manifestantes. Terminando a tarde, as televisións transmitiron unha mensaxe previamente gravada dun grupo de almirantes e xenerais que negaban ó goberno de Hugo Chávez. Pouco despois, Venevisión transmite imaxes dun grupo de afectos ó goberno que disparan desde a ponte Llaguno cara ó sur. As canles nunca amosan a quen lles disparaban, dicindo que os partidarios de Hugo Chávez eran os que disparaban á multitude, cando existen imaxes que amosan que a rúa debaixo da ponte estaba absolutamente baleira e os chavistas estaban disparando ós francotiradores[10].

Finalmente, houbo dezanove mortos (a maioría afectos ó goberno) e uns cen feridos. Nove policías e dous efectivos da Garda Nacional foron xulgados por varias desas mortes. Acúsase a francotiradores (entre eles a un concelleiro do partido oficialista MVR, imputado ante o Tribunal 26 de Control[11] de ser os causantes doutras[12], se ben foron declarados inocentes en 2004.

Xa de noite, o presidente Chávez foi permido polos militares que lideraban o golpe, que lle exixiron entregarse e renunciar ou para evitar un ataque ó pazo presidencial, aínda rodeado de civís chavistas.[13]

A iso das 12 da noite, o Xeneral Lucas Rincón Romero, Ministro de Defensa, dirixiuse ó país por televisión e expresou que ó presidente "se le solicitó la renuncia, la cual aceptó", aínda que en realidade nunca renunciou, segundo testemuñas da reunión[14]. Na madrugada do 12 de abril, Chávez accedeu a entregarse, abandonou Miraflores e foi transportado inicialmente á base militar localizada en Fuerte Tiuna, Caracas. As imaxes do ocorrido ese día dentro do pazo presidencial foron captadas polas cineastas Kim Bartley e Donnacha O'Brien no documental "La revolución no será televisada".

Na tarde do 12 de abril foi xuramentado Pedro Carmona, presidente de Fedecámaras, como presidente interino. Acto seguido emitiu un decreto que derrogou as leis habilitantes, disolveu o Parlamento, o Tribunal Supremo de Xustiza, a Fiscalía, a Defensoría do Pobo e se deu a si mesmo poderes por encima da Constitución, o que causou unha grande indignación entre os partidarios do Presidente Chávez e nalgúns sectores moderados da oposición e terminou por restarlle apoio internacional. Entre os países que apoiaron tacitamente o Golpe cóntanse España (gobernada por José María Aznar), Chile, Colombia, e Estados Unidos de América. O sábado 13 de abril, desde a mañá, moitos seguidores de Chávez comezaron a manifestarse en Caracas. A autoestrada que enlaza a capital co oriente foi pechada polos manifestantes, ó igual que a autoestrada que comunica Caracas con La Guaira (onde están o principal porto e o principal aeroporto do país). Comezaron protestas en todo o país. As canles de televisión limitáronse a transmitir películas importadas e deseños animados. Os venezolanos, xa na tarde dese sábado, comezaron a decatarse do que sucedía grazas á canle CNN que chega a Venezuela por cable e satélite. Os captores de Chávez trasládano a unha base naval en Turiamo, onde escribe unha nota dirixida ós venezolanos expresando: "no he renunciado al poder legítimo que el pueblo me dio". Un soldado logra sacar a nota das instalacións e a envía por fax ós medios de comunicación. Daquí, Chávez é trasladado á illa de La Orchila coa intención, ó parecer, de sacalo do país.

Na noite dese día partidarios de Chávez logran tomar Venezolana de Televisión e comezan a transmitir. A estación, ó parecer por presións e ameazas dos opositores, entre eles o mesmo gobernador do estado Miranda, Enrique Mendoza, fora abandonada polos seus traballadores a noite do 11. Un importante batallón asentado en Maracay, baixo o mando de Raúl Isaías Baduel, declara a súa adhesión a Chávez e activan o que chamaron a Operación de Rescate de la Dignidad Nacional. Os partidarios de Chávez toman o Pazo de Miraflores, abandonado polos golpistas a primeiras horas da tarde. O Presidente do Congreso toma xuramento ó vicepresidente, Diosdado Cabello, como presidente provisional. Horas máis tarde, na madrugada do 14 de abril, un comando libera a Chávez en La Orchila e trasládao a Caracas por vía aérea. Diosdado Cabello transfírelle o mando. Chávez diríxese á nación, amosando un crucifixo e chamando á calma.

Logo do golpe, os altos xerentes despedidos de PDVSA foron reincorporados, pero o malestar continuaba.

Golpe ou rebelión editar

O goberno de Chávez, os seus simpatizantes e a gran maioría das fontes de referencia e de información fóra de Venezuela (Britannica, Larousse, BBC, CNN) consideran o derrocamento temporal de Hugo Chávez como produto dun errado golpe de Estado por tratarse dun intento de remover mediante a forza a un presidente electo democraticamente. Ademais, non se seguiron os procedementos constitucionais establecidos: en caso de renuncia do presidente, o vicepresidente Diosdado Cabello debía tomar o seu lugar previa aceptación da renuncia por parte do parlamento. Se o vicepresidente tampouco estivese dispoñible, o Presidente da Asemblea Nacional tiña que asumir a Primeira Maxistratura. Se este tampouco puidese facelo, correspondía ó presidente do Tribunal Supremo de Xustiza.

O 14 de agosto de 2002, o Tribunal Supremo de Xustiza ditou unha sentenza indicando que non ocorreu un golpe de estado en Venezuela[15]. Esta decisión foi acatada, pero non compartida por Chávez. En 2005 foi anulada polo mesmo tribunal.

O paro de decembro de 2002 editar

Artigo principal: Paro petrolero de 2002-2003.

Por diversas razóns, semanas despois reiniciáronse as protestas opositoras. A mediados de ano, un grupo de 14 militares activos de alto rango e retirados que estiveran implicados no golpe de abril pronunciáronse en contra do goberno na Praza Altamira, declarándose en desobediencia. Día a día, máis militares fóronse unindo á protesta ata chegar a uns 120 oficiais; o goberno decidiu non reprimir nin sufocar a protesta militar, pero os medios privados dábanlle unha cobertura total e foi amplamente apoiada por miles de simpatizantes, políticos da oposición e celebridades da farándula.

O 2 de decembro de 2002, días despois da creación dunha mesa de diálogo e acordos patrocinada pola OEA e o Centro Carter, na que sectores do goberno e a oposición se sentaron para intentar reconciliarse, comezou un novo paro xeral convocado polos sindicatos opostos ó goberno, Fedecámaras, o grupo "Xente do Petróleo", conformado pola elite de PDVSA e os medios de comunicación, co apoio da cúpula da Igrexa católica e de diversos partidos políticos tradicionalistas, tanto de dereita como de esquerda (como o MAS, Bandera Roja) "Primero Justicia", Acción Democrática e COPEI, aglutinados no que chamaron Coordinadora Democrática.

A súa duración inicialmente era de 24 horas, pero prorrogouse ata converterse nunha folga indefinida. A petición central dos folguistas era a renuncia do Presidente, ou a realización dun referendo consultivo sobre a continuidade de Chávez. Chávez non renunciou, e o paro mantívose durante 62 días.

Dito paro tivo características atípicas: tódalas televisións privadas de alcance nacional e os periódicos máis importantes déronlle apoio irrestricto. Os primeiros suspendendo toda a súa programación de entretemento e os anuncios comerciais para dar paso a programación política e informativa durante 18 ou 20 horas ó día, recoñecendo a súa dirección en contra do goberno varias veces. Os periódicos fixeron o propio. A canle oficial, Venezolana de Televisión, tamén participou nesta guerra dos medios parcializándose completamente a favor do goberno, desta forma a polarización acentuouse moito máis e os medios de comunicación imparciais practicamente desapareceron. O goberno tamén apoiou a creación de periódicos, emisoras de radio, televisións e sitios web de carácter alternativo, que son consideradas pola oposición como focos de propaganda gobernamental, pero que o goberno defende como espazos de expresión para os que eran censurados polas emisoras privadas.

Insístese en que o paro ademais era un lock out, xa que en moitas empresas, fábricas e locais comerciais os traballadores querían continuar os seus labores, pero os patróns tomaron a decisión de parar. Porén, non pode considerarse unicamente un lock out debido a que na administración pública moitos gremios se uniron ó paro.

A paralización chegou ó seu clímax cando afectou á petroleira estatal, PDVSA. Miles de empregados da empresa abandonaron os seus postos de traballo e, segundo o goberno, algúns cometeron sabotaxes para intentar paralizar a empresa.

Isto trouxo graves repercusións sobre a poboación como escaseza de gasolina e outros combustibles, ademais de alimentos e outros artigos de primeira necesidade.

As marchas entre simpatizantes do goberno e oposición sucedíanse a diario, congregadas especialmente en Caracas, atrincherándose 24 horas ó día en sitios claves que consideraban cadanseu "bastión": a oposición aglomerábase en torno á Praza Altamira e a sede de PDVSA en Chuao (ámbalas dúas no leste de Caracas), mentres que os chavistas se concentraban en torno ó Pazo de Miraflores, a praza Bolívar e a sede principal de PDVSA na Campiña (no centro da capital). A oposición, ademais, realizaba "caceroladas" tódalas noites naquelas urbanizacións de clase media e alta onde a oposición era maioritaria, realizadas polos veciños pedindo a dimisión do goberno. Nalgúns casos, realizaron marchas durante o día forzando a pechar aqueles negocios e tendas que abrían nas súas urbanizacións, ou fronte ás casas de funcionarios e simpatizantes do goberno.

Por iniciativa do novo presidente brasileiro, Lula Da Silva, conformouse un grupo de "países amigos de Venezuela", entre os que se encontraban Brasil, Chile, México, España, Portugal, Estados Unidos, (ata ese momento, Chávez levábase mal cos presidentes de todos estes países, agás Brasil) e algunhas personalidades estadounidenses, como o expresidente Jimmy Carter.

O goberno chamou a ex-empregados de PDVSA e a técnicos de Universidades e das Forzas Armadas co obxecto de que fixesen funcionar novamente a empresa petroleira. A finais de decembro este obxectivo estaba practicamente logrado, o que foi un duro golpe para os propulsores do paro, que se foi debilitando co paso dos días. A mediados de xaneiro de 2003, o goberno logrou recuperar o control total de PDVSA. O Estado decidiu despedir a 15.000 empregados. Os empresarios, pola súa conta, comezaron a abrir os seus negocios e locais comerciais, desobedecendo ás federacións que os agrupaban.

A oposición rompeu "informalmente" a folga pola presión internacional o 3 de febreiro de 2003, se ben nunca se fixo un anuncio oficial.

A partir dese momento, toda a loita política da oposición centrouse na realización dun referendo. Neste momento comeza a ter preponderancia a Órganización "Súmate".

O referendo presidencial editar

Resultados do Referéndum Revogatorio Presidencial, Agosto de 2004
Fonte: CNE dataArquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine.
(1)Non Revogar Mandato
(2)Si Revogar Mandato
OPCIÓN Votos Porcentaxe
NON: (1) 5 800 629 59,096%
SI: (2) 3 989 008 40,639%
NULO: 25.994 0,265%
Total Electores: 14 037 900 100%
Total Votantes: 9 815 631 67,083%
Abstención: 4 222 269 30,08%

Entre abril e maio fíxose a recolección de sinaturas. O 3 de xuño de 2004, o Consello Nacional Electoral anunciou que o mínimo de firmas necesarias fora recolectado e quedaba activado o referendo. Chávez dirixiuse ó país en cadena nacional e expresou máis ou menos: "Hasta ahora han jugado ustedes, ahora me toca jugar a mi... Nos vemos en Santa Inés". E con isto comezou a campaña para gañar o referendo, sendo a data fixada para o 15 de agosto. Para sacalo do goberno, a oposición debía obter máis de 3,7 millóns de votos, número que obtivera Chávez na súa reelección do ano 2000; pero tamén, para lograr iso, os votos a favor do Presidente debían ser menores ca esa cantidade.

Feito o reconto de votos, concluíuse que o 40,64% (3 989 008) estaba en contra do Presidente, pero o 59,06% (5 800 629 persoas) estaba a favor. Deste modo Chávez non foi revogado. A oposición denunciou fraude, desligándose da OEA e do Centro Carter, que avalaron estes resultados. Como consecuencia, a Coordinadora Democrática disolveuse, ó igual que "Gente del Petróleo" e foi un duro golpe para a ONG "Súmate".

Eleccións rexionais de 2004 editar

O fenómeno do chavismo estendérase tamén ás eleccións rexionais. Os resultados das eleccións para gobernadores e alcaldes de outubro de 2004 favoreceron ós partidos chavistas: 22 dos 24 estados quedaron en mans de gobernadores do partido MVR. Só os estados Zulia e Nueva Esparta quedaron en mans da oposición. Así mesmo, o chavismo fíxose co 90% das Alcaldías.

Expropiación de latifundios editar

A partir de 2005, Hugo Chávez ordenou mediante a Lei de Terras, aprobada en 2002 mediante un decreto con forza de lei, aprobado previamente pola Asemblea Nacional, a expropiación de latifundios e terras aparentemente improdutivas, para darlla a quen a quixese traballar, pola «seguridade alimentaria» e para «profundizar a revolución». Esta acción foi apoiada polos campesiños sen terras e asalariados, pero criticada polos empresarios, terratenentes, a oposición venezolana en xeral, Estados Unidos, e o expresidente arxentino Carlos Menem, que as consideraba «medidas comunistas».

Eleccións parlamentarias de 2005 editar

 
Propaganda para as eleccións presidenciais de 2006

Nas eleccións parlamentarias do 4 de decembro de 2005, absolutamente tódolos escanos do Parlamento foron gañados por deputados simpatizantes do presidente Chávez, despois de que os principais partidos da oposición decidisen retirarse e chamaran á abstención. O argumento esgrimido por ditos partidos foi a falta de confianza no Consello Nacional Electoral, se ben dito ente cumpriu con tódalas exixencias que realizou a oposición, polo que o retiro foi cualificado polos observadores internacionais da OEA e a Unión Europea como "moi sorpresivo". A abstención foi dun 75% dos votantes inscritos, lixeiramente por riba da media histórica para este tipo de eleccións.

Eleccións presidenciais de 2006 editar

Nas eleccións presidenciais do 3 de decembro de 2006 é reelixido como Presidente da República Bolivariana de Venezuela, obtendo case 8 millóns de votos Resultados da elección presidencial 2006.

O terceiro período presidencial (xaneiro 2007-xaneiro 2013) editar

Chávez asumiu o 10 de xaneiro de 2007 como Presidente reelecto do país para o período 2007-2013, anunciando ante a Asemblea Nacional que levará a Venezuela cara ó denominado Socialismo dó século XXI, lanzando a frase "Patria, Socialismo o Muerte". Nacionaliza a empresa Compañía Anónima Nacional Teléfonos de Venezuela CANTV, a maior telefónica do país, a súa filial de telefonía móbil Movilnet e a Electricidad de Caracas (EDC), empresa privada que abastece de electricidade á capital. Estas empresas estaban controladas por compañías estranxeiras, CANTV por Verizon e a EDC por AES. Non renova a concesión para operar a canle 2 á empresa Radio Caracas Televisión (RCTV).

O cuarto e derradeiro período presidencial de Chávez (2013) editar

Por mor do seu delicado estado de saúde despois de serlle detectado un cancro, Hugo Chávez non puido exercer tódalas atribucións do seu cargo no seu derradeiro período presidencial que comezaba en xaneiro de 2013. Delegou a maioría das súas responsabilidades no entón vicepresidente Nicolás Maduro.[16][17] Aínda que nesta situación só se mantería por uns poucos meses até o seu falecemento en marzo dese mesmo ano.

Indicadores Socio-Económicos da era Chávez editar

Desemprego editar

A taxa de desemprego en 1999 era do 16%; en 2004 mantívose no 15%, e en adiante a taxa amosará unha tendencia á redución, situándose na actualidade nun 9-10%. Igualmente, a taxa de persoas que traballan na economía somerxida variou: 52% da forza laboral nos anos 2000 e 2005 (informes anuais de PROVEA).

A finais de decembro de 2005, o INE (Instituto Nacional de Estadística Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.) presentou ó país a cifra oficial de Desemprego en Venezuela, estando en 8,9% para fin de ano, moito menos do 10,8% que se agardaba para finais de 2005.

Pobreza editar

Definindo a pobreza como a incapacidade de xerar nos fogares os ingresos que permitan adquirir a cesta básica de alimentos, a pobreza desenvolveuse da seguinte forma nos últimos dez anos: 73% (1994), 85% (1998), 60% (2003), para o ano 2005 localizouse nun 48% aproximadamente (debido ó grande alcance das Misións levadas a cabo polo Goberno e o crecemento económico sostido de Venezuela en todo o ano) de acordo cos datos oficiais do INE (Instituto Nacional de Estadística), órgano oficial do estado. Por outro lado, a proxección 2005 foi dun 74%, segundo datos de Datanalisis presentados na preventa do diario Últimas Noticias.

Principais obras de infraestrutura editar

Durante a xestión de Hugo Chávez e aproveitando o excedente no ingreso petroleiro do país, reactiváronse moitas obras de infraestrutura paralizadas, retomándose vellos proxectos e estimulándose o desenvolvemento de novos programas masivos de infraestrutura. Entre as principais obras inauguradas están:

Obras de Infraestrutura
Obra custo
segunda ponte sobre o río Orinoco, que une os estados Anzoátegui e Bolívar 1.280 millóns de dólares
Represa "Generalísimo Francisco de Miranda" (Caruachi) 2.500 millóns de dólares
Liña 4 do Metro de Caracas (tramo Capuchinos-Zona Rental) 800 millóns de dólares
segunda fase da Liña 3 do Metro de Caracas (tramo El Valle-La Rinconada) 800 millóns de dólares
Liña 1 do Metro de Valencia 740 millóns de dólares
primeira fase do Metro de Los Teques 800 millóns de dólares
primeira fase do Metro de Maracaibo 400 millóns de dólares
Trolebús de Mérida
Sistema de Transporte masivo de Barquisimeto (Transbarca)
Hospital Cardiolóxico Infantil Gilberto Rodríguez Ochoa 150 millóns de dólares
Estadio Metropolitano de San Cristóbal
Estadio Metropolitano de Mérida
Estadio Metropolitano de Fútbol de Barquisimeto
Estadio Monumental de Maturín
Autoestrada Gran Mariscal de Ayacucho
Autoestrada José Antonio Páez
Autoestrada San Cristóbal-La Fría
Autoestrada Acarigua-Barquisimeto
Autoestrada Circunvalación Norte de Barquisimeto
Remodelación dos 9 estadios usados na Copa América 2007

En proxecto e/ou plena execución están:

Obras de Infraestrutura en proxecto ou execución
Obra custo
Segunda Ponte sobre o Lago de Maracaibo
Terceira ponte sobre o río Orinoco 900 millóns de dólares
Metro de Guarenas-Guatire 2000 millóns de dólares
tramo do Sistema Ferroviario Nacional Barquisimeto-Puerto Cabello 500 millóns de dólares
tramo do SFN La Encrucijada-Puerto Cabello 3500 millóns de dólares
tramo do SFN San Fernando-San Juan de los Moros
segunda fase dos metros de Valencia, Maracaibo e Los Teques
liña 5 do Metro de Caracas 800 millóns de dólares
Sistema de teleférico Metrocable de Caracas

Os programas sociais editar

Hugo Chávez implantou unha política moi activa de programas sociais, chamados desde 2003 "misións", sendo as máis publicitadas as educativas, Misión Robinson: ensinar a ler e escribir nos barrios populares, baseado en métodos venezolano-cubanos; Misión Ribas: para facilitar os estudos primarios; Misión Sucre: para os estudos secundarios e universitarios. Programa médico-asistencial: Barrio Adentro. De capacitación integral: Misión Vuelvan Caras. Alimentario: Misión Mercal.

Ademais das misións, rebaixouse o imposto sobre o valor engadido (IVE), equiparouse a pensión mínima co salario mínimo, prohibiuse a privatización das pensións, duplicouse o presuposto de sanidade, fundáronse as Escolas Bolivarianas, que asumen o almorzo, comida e merenda dos nenos e nenas asistentes, fundouse o Banco da Muller, aumentouse a organización e asistencia a cooperativas agropecuarias, e creouse unha moratoria de 10 anos para evitar o desaloxo das persoas que viven en terreos ilegais a nivel urbano.

Política exterior editar

Desde que asumiu o poder Hugo Chávez foi aumentando progresivamente a súa proxeción internacional desde a palestra de mandatario nacional. As súas constantes viaxes tiveron xeralmente carácter comercial, se ben a partir de 2003 o seu traballo como figura internacional alonxouse paulatinamente deste traballo diplomático cara á promoción da súa plataforma ideolóxica, apoiando abertamente a organizacións e movementos políticos que, en certos casos, están en aberta confrontación cos gobernos nacionais. Tal é o caso no Perú, Colombia e Ecuador, así como o foi en Bolivia, antes da asunción de Evo Morales, a principios de 2006. Mantivo ademais intensas relacións diplomáticas con mandatarios internacionais abertamente enfrontados ó goberno dos Estados Unidos, reuníndose, entre outros, con mandatarios como Nguyen Minh Triet, Robert Mugabe, Fidel Castro, Saddam Husayn, Evo Morales ou Mahmud Ahmadineyad.

Integración latinoamericana editar

 
O arxentino Néstor Kirchner con Chávez en xullo de 2004

Chávez promoveu a integración latinoamericana máis que calquera outro presidente venezolano nos últimos anos, chegando máis alá das intencións doutros mandatarios pro-latinoamericanos. Accións como vender petróleo a prezos preferenciais conseguiron o apoio ó seu goberno en varios dos países do hemisferio, situación que anos atrás parecía imposible. Moitos analistas cren que Chávez influíu para que o chileno José Miguel Insulza, candidato non apoiado polos Estados Unidos gañase a elección para secretario xeral da OEA. Moitos analistas atrévense a aventurar que Chávez é o gran líder rexional, desprazando a outros mandatarios que parecían, nun principio, destinados a ocupar tal posto, como o presidente brasileiro Luiz Inácio da Silva. Afírmase tamén que a súa política en América Latina, que inclúe a creación e xestión de Petrosur, Petrocaribe, Telesur e outros, convertérono nunha personaxe influente na rexión. A aceptación de Venezuela dentro de Mercosur como socio Pleno no ano 2006, deulle un gran cambio a esta comunidade de nacións, introducindo na axenda non só temas comerciais senón tamén sociais. O seu gran proxecto gasífero inclúe o gran Gasoduto do Sur, que supón a construción dun gasoduto desde o Caribe ata o Río da Prata, onde participarían os países do Mercosur e Bolivia, en principio. Na actualidade, a súa proximidade con Bolivia e Cuba, países gobernados por Evo Morales e Raúl Castro, permitiulles levar a cabo plans controversiais, pero de grande aceptación dentro da poboación dos países, de saúde e alfabetización, sendo moitos deles levados a cabo noutros países, como Estados Unidos, Colombia, ou Perú, a través das súas embaixadas.

Relacións cos países árabes e musulmáns editar

Desde que Chávez chegou ó poder, foise acercando ós países árabes e musulmáns, tendo en conta que a maioría destes, ó igual que Venezuela, son grandes produtores e exportadores de petróleo. Chávez promoveu a celebración dun cumio extraordinario cos países da OPEP e visitou tódolos países membros, incluíndo a Libia, Irán e Iraq, cando este último era gobernado por Saddam Hussein. Desta maneira Chávez logrou estreitar as relacións cos países de Medio Oriente, cos que segue mantendo intereses comúns na área enerxética. Irán é o país musulmán con maior investimento en Venezuela, e instalou grandes empresas ensambladoras de automóbiles, tractores e outras no país. Venezuela votou en instancias internacionais a favor de Irán dentro da Axencia Internacional de Enerxía Atómica, onde Venezuela avogou por permitir o desenvolvemento da enerxía nuclear polo país musulmán. No 2006, Venezuela foi aceptada como membro observador da Liga Árabe.

Relacións con España editar

As relacións co goberno conservador de José María Aznar eran delicadas, pois o seu executivo apresurouse a recoñecer ó goberno de Pedro Carmona (España foi o segundo país en recoñecer dito goberno, tras os Estados Unidos). De feito, houbo alegacións en España contra Aznar por dar instrucións ó seu embaixador en Venezuela, Manuel Viturro de la Torre, para apoiar o golpe [18]. Posteriormente, coa chegada ó poder do socialista José Luis Rodríguez Zapatero, mellorou ostentiblemente a relación, chegando a asinarse acordos bilaterais para a venda de barcos e material militar español a Venezuela.

Exclusión mutua cos Estados Unidos editar

Como resultado da hostilidade de George W. Bush, en 2005 os agregados militares estadounidenses en territorio venezolano foron expulsados, acusados de violar a soberanía nacional e as leis venezolanas, de cometer conspiración e espionaxe. Fíxose o propio cos axentes da DEA e despois coas misións evanxélicas Las Nuevas Tribus (esta última acción apoiada pola oposición venezolana e pola igrexa católica). Só quedaron os funcionarios diplomáticos estadounidenses na Embaixada de Caracas. Existen evidencias de que durante o golpe de abril de 2002, funcionarios e barcos de guerra dos Estados Unidos participaron nel, e afírmase que hai fotos de satélite e accións por parte da Forza Aérea venezolana que o demostran, se ben non foron feitas públicas ditas fotos nin se referiu ó carácter das mencionadas accións por parte da Forza Aérea.

Analogamente, algúns funcionarios venezolanos tiveron problemas á hora de pisar chan estadounidense, negándoselles visados e entrada por parte do goberno de Bush. Ó persoal próximo ó propio Chávez lle negaran nun principio o visado para asistir á asemblea xeral da ONU, o 20 de setembro de 2006 en Nova York, onde Chávez deu un vigoroso discurso no que criticou «a resolución imposta por Estados Unidos de maneira antidemocrática» na asemblea, así como tamén criticou a política exterior dos Estados Unidos, cualificou a Bush de «diablo» e acusou á CIA de ser responsable do asasinato do político chileno Orlando Letelier (exministro de Salvador Allende), ocorrido en Washington, D.C. en 1976.

Tensión con Colombia editar

As relacións co goberno da República de Colombia presentaron algúns momentos de excepcional tensión e intercambio de reconvencións entre chancelerías. Houbo descontentos co estado colombiano por manter o refuxio dado baixo a administración de Andrés Pastrana a varios dos participantes do errado Golpe de estado de 2002, así como tamén pola acusación, negada polo goberno de Chávez, de recibir apoio por parte das FARC, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, un grupo guerrilleiro que loita contra as Forzas Armadas Colombianas. A principios de 2005, a captura do membro das FARC Rodrigo Granda produciu unha nova crise entre ambos os países, pois o goberno de Chávez acusou a Colombia de intromisión en territorio venezolano durante o procedemento. Tamén causaron roces algunhas declaracións polémicas do ministro de defensa colombiano Juan Manuel Santos que cuestionou algunhas políticas do goberno venezolano. Malia estes inconvenientes a relación entre os presidentes Chávez e Uribe foron cordiais. En agosto de 2007 Chávez foi convidado pola Senadora Piedad Córdoba a mediar no intercambio humanitario, que consiste en lograr un acordo entre o Goberno colombiano e as FARC para a liberación dos secuestrados que permanecen en poder desta guerrilla e do reintegro de guerrilleiros presos á vida civil.

Relacións con México editar

En novembro de 2005 Chávez tivo desencontros diplomáticos co presidente de México, Vicente Fox, por diferenzas sobre o ALCA no IV Cumio das Américas. O presidente venezolano declarou: «Dá tristeza que un pobo heroico como o de México teña un Presidente que se axeonlle ante o Imperio e cumpra o papel triste, que foi a cumprir ó Cumio das Américas». Despois chamou ó presidente Fox «cachorro do Imperio». Tras esas declaracións subidas de ton, o Goberno mexicano retirou o seu embaixador esperando unha desculpa formal por parte do Goberno venezolano. Ante esa acción Chávez tomou a decisión de conxelar as relacións mexicano-venezolanas, limitándoas ó nivel de encargados de negocios.

Durante a campaña electoral mexicana de 2006, o Partido Acción Nacional, o instituto político ó que pertence Vicente Fox, difundiu por televisión as declaracións de Chávez sobre o presidente mexicano onde o acusaba de intolerante e trataba de vinculalo co esquerdista Andrés Manuel López Obrador.

Tralas eleccións de 2006, onde López Obrador denunciou fraude, Hugo Chávez dixo nunha alocución que non recoñecía ó novo Goberno e que estaba por estudar a situación, unhas declaracións que recibiron resposta desde México.

Tensión co Perú editar

En xuño de 2001 o goberno de Chávez foi acusado de protexer a Vladimiro Montesinos, asesor do expresidente peruano Alberto Fujimori. Por entón, Montesinos era prófugo da xustiza peruana, acusado de corrupción durante o goberno de Fujimori.

Entre xaneiro e marzo de 2006 emitiu constantemente expresións de apoio ó candidato Ollanta Humala nas eleccións xerais peruanas, o que foi considerado pola opinión pública peruana como intromisión nos asuntos políticos do Perú, xa que ó mesmo tempo atacaba a Lourdes Flores na primeira volta e a Alan García na segunda.

O 29 de abril de 2006 Perú decidiu retirar ó seu embaixador en Venezuela polos insultos que Chávez adicou ó presidente Alejandro Toledo e ó candidato á presidencia Alan García, en medio dun fogo cruzado de declaracións punzantes. García chamou a Chávez «desvergoñado» por criticar as sinaturas do TLC cos Estados Unidos por parte de Colombia e Perú, referíndose tanto a el como ó presidente boliviano Evo Morales como «rapaces malcriados». Hugo Chávez expresou que o candidato peruano Alan García era un «canalla, tahúr e ladrón» (o goberno de García entre 1985 e 1990 caracterizouse por violacións dos dereitos humanos e crise económica. García foi acusado de corrupción, pero por razóns técnicas as acusacións prescribiron). Ademais agregou que tanto el como o presidente Toledo, son «caimáns do mesmo pozo». Chávez agregou en cadea de radio e televisión durante un acto nun teatro capitalino: «Se por obra do demo o señor García chega a ser elixido presidente do Perú, vou retirar ó meu embaixador do Perú porque cun presidente así Venezuela non vai ter relacións co Perú».

Nos primeiros días de maio de 2006 o goberno de Hugo Chávez retirou ó seu embaixador de Lima, co que as relacións diplomáticas entre ambos os países quedaron suspendidas.

Outros aspectos editar

A polarización social editar

Venezuela, como calquera outro país de Latinoamérica (exceptuando Cuba) está moi estratificada socialmente. Desde a época colonial perpetúase a falta de integración entre clases e etnias sociais. Ademais, Chávez apostou abertamente por darlles o poder ós pobres e educar á totalidade da poboación nacional en novas virtudes cívicas e solidarias, o que non convén a vellos intereses creadas. A chamada desde 2004 a construír un socialismo e eliminar o capitalismo nun país acostumado á influencia estadounidense e europea puxo en garda ós elementos que prefiren o antigo status de separación de clases, coa conseguinte polarización política. Isto vese claramente nas marchas organizadas por seguidores de ambos os bandos. Nun país onde o 52% da poboación vive en estado de pobreza, o continxente de seguidores de Chávez non fai máis que aumentar, xunto coa popularidade do Presidente, que segue obtendo as principais vitorias electorais.

Transformacións no seu partido editar

Desde a chegada de Chávez ó poder, o Movimiento V República pasou por diversas transformacións, que inclúen o abandono ou a incorporación de integrantes notables, así como tamén o apoio ou a oposición de diferentes partidos políticos.

Despois de que o presidente Chávez aprobase a Lei de Terras e Hidrocarburos por decreto emitido en 2001, algúns dos partidos aliados pasáronse á oposición. O primeiro en facelo foi o MAS (Movemento ó Socialismo), tralo que ocorreu unha fractura nese partido, da que xurdiu "Podemos" (Movemento Pola Democracia Social), conformado por ex-masistas que apoian ó presidente venezolano.

Despois, algúns membros do propio partido de Chávez, MVR, como Luis Miquilena, pasáronse á oposición nunha nova agrupación chamada "Solidaridad". Chávez tamén tivo problemas co partido PPT (Patria Para Todos): no 2000 retiráronlle o apoio por problemas na selección de candidatos ó parlamento e cargos rexionais. O propio PPT decidiu volver a Chávez despois de negociar novos termos.

Con anterioridade a todas estas escisións, Francisco Arias Cárdenas, un dos máis antigos amigos de Chávez (que tamén participara no intento de golpe de 1992), retiroulle o seu apoio, postulándose como candidato á presidencia nas eleccións de 2000 logo de constituír o seu partido "Unión". Arias Cárdenas perdeu as eleccións, pero seguiu activo na oposición ata 2005, cando volveu a apoiar ó goberno nas eleccións parlamentarias.

Nese mesmo ano, Manuel Manuit, seguidor de Chávez e gobernador do estado Guárico, foi acusado por dirixentes do MVR de estar tras presuntas violacións dos dereitos humanos cometidas por un corpo de elite da policía da gobernación contra unhas 200 persoas. Os informes foron vetados e a Fiscalía investiga. Porén, hai profundas discrepancias no chavismo en torno a este tema, malia que o día 5 de maio de 2005 un grupo de deputados chavistas, encabezado por Raúl Esté, fixo denuncias na Asemblea Nacional contra o Gobernador Manuit, por corrupción, narcotráfico e axustizamentos —con máis de 160 asasinados con ‘tiros de graza’ na cabeza, só no mes de novembro do ano anterior.

O presidente Chávez, que é ademais xefe do partido MVR, realizou críticas construtivas contra os seus propios funcionarios e seguidores, autocalificándose como un dos principais críticos do seu propio goberno. O Presidente criticou publicamente os seus ministros e exministros de Vivenda, Comunicación e Información ou Saúde, os alcaldes de Caracas etc. Tamén mencionou que hai infiltrados no seu goberno. Lina Ron, unha activista, fervente seguidora de Chávez, afirmou unha vez que "estou con Chávez, pero non co seu goberno". Luis Tascón, deputado do MVR, mencionou que aínda existe "o miquilenismo" no goberno e que a corrupción se mantén intacta.

Na campaña electoral de 2006 Chávez propuxo en varias ocasións a creación dun partido único onde se fusionasen tódalas forzas políticas que apoiasen a súa xestión en caso de resultar electo na elección presidencial. Logo de obter o triunfo, Chávez deulle nome de 'partido unitario', Partido Socialista Unido de Venezuela, e así logrou un importante pulo á formalización desa proposta.

A esquerda editar

Co goberno do presidente Chávez a esquerda máis purista e a máis radical chegaron ó poder por primeira vez en Venezuela, se ben no pasado gobernaran partidos e gobernos considerados de esquerdas (como Acción Democrática, de longa traxectoria política no país). Estes partidos son na súa conceptualización orixinal partidos de centro-esquerda ou socialdemócratas (considerados promotores do capitalismo humano, tese rexeitada por Chávez, que considera ó capitalismo perverso en tódalas súas formas), e membros numerais da Internacional Socialista (se ben a esquerda ligada a Chávez os acusa de pactar coa oligarquía e os Estados Unidos); ademais do vago liberalismo de gobernos caudillistas como Antonio Guzmán Blanco, Crisóstomo Falcón ou a familia Monagas, que ó final continuaron mantendo o sistema social tradicional, ou ós primeiros anos do segundo goberno de Caldera, sendo a súa identificación esquerdista máis unha conveniencia histórico-política que unha real tendencia de esquerda tradicional, o que só atrasou medidas políticas de dereitas, como o paquete económico de tendencia neoliberal implantado na segunda metade de dito período, a chamada Axenda Venezuela.

O goberno de Chávez amosou políticas de cambio posiblemente máis contundentes que as doutros gobernos no pasado, enfrontando ás elites económicas tradicionais do país, opoñéndose e defenestrando a diplomáticos dos Estados Unidos e de maneira directa con países cun aliñamento económico que apoia ás políticas comerciais desta nación que se contrapoña ós interese das políticas económicas que manexa o goberno que el representa. Neste aspecto, algúns detractores chaman a Chávez comunista e antioccidental, ambos os adxectivos negados por Chávez, que cualifica o seu discurso como de defensa da existencia mesma do planeta e de defensa dos pobos do sur de América e África.

Chávez chegou ó poder aclarando que a súa ideoloxía é a bolivariana, sen mencionar se esta era de dereita, centro ou esquerda política. A súa postura evolucionou co transcorrer do seu goberno. En anos recentes mantivo unha crítica constante ó neoliberalismo, e aínda que no pasado dixo que nin el nin o seu goberno son comunistas, declarouse socialista e asegurou que Simón Bolívar e Xesucristo foron socialistas. En 2005, ó asistir a un cumio en Francia, mencionou que a dereita é contranatural porque está en contra dos cambios que, segundo Chávez, son inherentes ó ser humano. Tamén atribuíu á dereita política considerar que a pobreza e as desigualdades sociais son inevitables e son algo normal, por citar só algunhas das expresións que utiliza nas súas intervencións públicas. En 2005 celebrouse en Venezuela o 16º Festival da Mocidade e os Estudantes, que congregou a cerca de 20.000 mozos de tendencia esquerdista, como evento organizado para expresar solidariedade co goberno de Chávez, que consideraba estar sendo hostigado polo goberno estadounidense de George W. Bush, a quen Chávez acusara de intento de magnicidio.

Controversia sobre Hugo Chávez editar

Mentres que os seus partidarios catalogaron o goberno de Hugo Chávez como democrático, participativo e progresista, outros analistas cualificárono como unha ditadura sutil, e demagóxica, así como un goberno popular.

Chávez describiu o seu goberno como dirixido e orientado cara ao socialismo do século XXI. Algúns analistas sosteñen que o goberno do presidente Chávez réxese por aliñamentos similares ós xa observados en Cuba co goberno de Fidel Castro, afirmacións que o mesmo Chávez negou en oportunidades por consideralo un proxecto netamente venezolano.

Predecesor:
Rafael Caldera
 Presidente de Venezuela 
1999–2002
Sucesor:
Pedro Carmona Estanga
Predecesor:
Diosdado Cabello
 Presidente de Venezuela 
2002–2013
Sucesor:
Nicolás Maduro
(
como presidente encargado)

Notas editar

  1. Muere Hugo Chávez
  2. Segundo o cadro presidencial Arquivado 25 de novembro de 2004 en Wayback Machine. da Universidade Católica Andrés Bello.
  3. Presidente n°61 contando ós presidentes interinos.
  4. "Edición dixital, con Audio Real". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2005. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  6. "Partidos que apoiaron a Rafael Caldera nas eleccións de 1993. Consello Nacional Electoral" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  7. Analítica: Constitución de 1961 (Versión dixital Arquivado 17 de setembro de 2007 en Wayback Machine.)
  8. A nova dinámica de poder en Venezuela: O MVR, Hugo Chávez e o proceso Constituínte (1999), Universidade do Zulia. (Versión dixital).
  9. "(fonte: Diario El Universal)". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  10. "La revolución nos erá transmitida, minuto 33 e 30 segundos.". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2008. 
  11. "Tribunal 26 de Control". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  12. "(fonte: Diario El Universal)". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  13. "Contraataque revolucionario no TSJ "El Universal"". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  14. "La revolución no será transmitida, 39' 20.". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2008. 
  15. Interpelación ó xeneral Manuel Rosendo referente ás súas accións durante o golpe de abril de 2002.
  16. "Chávez dice que no entrega el mando político, sino lo delega - Nacional y Política - El Universal". www.eluniversal.com. 
  17. "Chávez delega a Maduro responsabilidades en materia económica". www.elmundo.com.ve. El Mundo (Venezuela). 26 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. 
  18. "[[Gaspar Llamazares]] recalca que o feito de que Aznar «levantara el teléfono» a Carmona demostra o seu apoio ó golpe". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2007. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alberto Barrera Tyszca: Hugo Chávez sin uniforme; Caracas, Editorial Debate
  • Rosa Miriam Elizalde e Luis Báez: Chávez Nuestro; 2005, A Habana, Editorial Abril
  • Eva Golinger: El Código Chávez: Descifrando la Intervención de los Estados Unidos en Venezuela; 2005, A Habana, Editorial de Ciencias Sociales
  • Richard Gott: Hugo Chavez and The Bolivarian Revolution: The Bolivarian Revolution in Venezuela; 2005 Editorial Verso
  • Jorge Jorquera: Venezuela: The Revolution Unfolding in Latin America; 2005 Resistance Books
  • Harold A Trinkunas: Crafting Civilian Control of the Military in Venezuela: A Comparative Perspective; 2005 UNC Press

Ligazóns externas editar