Hubertine Auclert

Xornalista e feminista francesa


Hubertine Auclert, nada en Tilly, municipio de Sant-Priest-en-Murat[1] (Allier) 10 de abril de 1848 e finada en París o 8 de abril de foi unha xornalista, pioneira do movemento feminista e a primeira sufraxista en Francia.[2] Imitando os métodos das "suffragettes" inglesas Auclert practicou a provocación e a desobediencia civil: folga de impostos, rexeitamento do censo, inscrición nas listas electorais etc.[3] Foi a primeira en utilizar o termo "feminismo"-en 1882- no contexto en que se utiliza actualmente definido como a loita para mellorar a situación das mulleres.[4] Tamén reclamou o uso en feminino de palabras como avogado, elector, deputado etc.

Infotaula de personaHubertine Auclert

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) HUBERTINE AUCLERT Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie Anne Hubertine Auclert Editar o valor em Wikidata
10 de abril de 1848 Editar o valor em Wikidata
Saint-Priest-en-Murat, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
11.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 49 48°51′46″N 2°23′35″L / 48.862736, 2.393179 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sufraxista , editora literaria , activista polos dereitos das mulleres , bibliotecaria Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu nunha familia de boa posición social, era a quinta de sete irmáns. A pesar diso, tivo na súa familia exemplos de rebeldía contra a autoridade establecida pois seu pai, un rico granxeiro republicano que fora alcalde de Sant-Priest-en-Murat ao comezo da Segunda República en 1848, tralo golpe de estado de Napoleón Bonaparte en decembro de 1851, foi destituído e negouse a colaborar co Segundo Imperio, converténdose nun feroz opositor.[5] Igualmente, a súa nai adicouse a axudar ás mulleres solteiras, que eran rexeitadas socialmente, a atopar un traballo.[5]

Ao nove anos foi internada nun colexio relixioso en Montmarault onde realizou os seus estudos; o seu pai faleceu cando ela tiña trece anos e, moi crente, pensou en ordenarse relixiosa na congregación de San Vicente de Paul, mais non foi aceptada.[6]

Abandonou o convento en 1864 para aloxarse coa súa nai na casa do seu tío. Á súa morte en 1866, o seu irmán internouna nun convento en Montluçon. Considerada demasiado independente polas relixiosas, foi expulsada por segunda vez da vida monacal en 1869. Este rexeitamento que considera inxustificado fai xurdir nela un resentimento anticlerical.

A súa loita editar

Libre e materialmente independente —recibe a herdanza dos seus pais— escolle a causa republicana e a loita pola liberdade das mulleres a partir da revisión das leis do código napoleónico:

"Son case desde nacemento unha rebelde contra o sometemento feminino, a brutalidade do home cara á muller que me aterrou desde a miña infancia, levoume pronto a estar determinada en reivindicar para o meu sexo a independencia e a consideración".

Chegou a París nun momento no que a caída de Napoleón III e a chegada da Terceira República abrían a vía ao activismo das mulleres que exixían cambios no código napoleónico en favor da educación, a independencia económica para as mulleres, o divorcio, o dereito ao voto etc.

Foron

Os ecos dos discursos pronunciados nos banquetes periódicos organizados polo xornalista, masón e librepensador feminista Léon Richer case á saída do convento os que me fixeron vir do Borbonesado a París a combater pola libertad do meu sexo.

En París, albérgase na casa da súa irmá e incorporouse á Asociación polo dereito das mulleres. A asociación foi disolta en 1877 mais renaceu co nome da Liga Francesa polo Dereito das Mulleres con Victor Hugo como Presidente de Honra impulsada por Léon Richer e Maria Deraismes.[7] Hubertine converteuse na primeira activista francesa en proclamarse «feminista».[8][9]

Mentres que o movemento feminista francés orientou maioritariamente a súa acción aos cambios legais, Auclert exixiu para as mulleres o dereito a presentarse ás eleccións argumentando que as leis inxustas non se votarían nunca de se escoitaren as voces das lexisladoras.

Victor Hugo propúxolle participar no xornal Avenir des femmes (en galego, O futuro das mulleres) dirixido por Léon Richer e Maria Draismes.[10] Auclert implicouse no movemento para defender de maneira máis radical os dereitos das mulleres e en particular o dereito ao voto. En 1876 fundou a sociedade O dereito das mulleres con este obxectivo, organización que en 1883 se converteu na sociedade O sufraxio das mulleres.

Na primavera de 1877 lanzou un chamamento ás mulleres de Francia:

Mulleres de Francia, nosoutras tamén temos dereitos a reivindicar: é tempo de saír da indiferenza e da inercia para protestar contra os prexuízos e as leis que nos humillan. Unamos os nosos esforzos, asociémonos, o exemplo dos proletarios interpélanos, saibamos emanciparnos como eles!

En 1878, a pesar da proposta de Auclert, o Congreso Internacional sobre os dereitos das mulleres que se celebrou en París non apoiou o sufraxio feminino.

 
Auclert en 1910

Apostou entón polo movemento socialista e participou no terceiro congreso nacional obreiro que en outubro de 1879 se celebrou en Marsella. Alí presentou un longo un longo informe onde dixo: «Unha república que manteña as mulleres en condicións de inferioridade non poderá facer os homes iguais». A pesar da clara advertencia as mentalidades proletarias non foron receptivas.[9]

En 1880, organizou unha folga de impostos defendendo a idea de que, dada a ausencia de representación legal, as mulleres non debían ser gravadas con impostos. Un dos seus conselleiros xurídicos foi o avogado Antonin Lévrier con quen casará en 1887. O 8 de abril de 1881 a alta xurisdición administrativa rexeitou a súa petición e Hubertine Auclert debe ceder cando os axentes xudiciais chegan á súa casa e a precintan.

O 13 de febreiro de 1881 lanzou La Cittoyenne (en galego, A Cidadá), un xornal en defensa da liberación feminina que recibiu o apoio da elite do movemento feminista, entre elas o da escritora e xornalista libertaria Caroline Rémy coñecida como Séverine e o da escritora e artista Marie Bashkirtseff, para o que escribiu varios artigos.[9] Mentres as súas contemporáneas preferían unha estratexia de pequenos pasos reivindicando primeiro a igualdade dos dereitos civís, Auclert escolleu militar en favor dos dereitos políticos das mulleres.[10]

En 1884, Auclert denunciou a lei do divorcio por mor da flagrante discriminación contra as mulleres ás que non se lles permite gardar o seu salario e propuxo a idea entón radical dun contrato de matrimonio entre cónxuxes con separación de bens.[10]

Hubertine Auclert innovou tamén na loita feminista reclamando a feminización de certas palabras (avogado, elector, deputado etc.).[9]

En 1888, estabeleceuse durante catro anos co seu marido en Alxeria antes de regresar a París. Obrigada por razóns financeiras a pór fin á experiencia de La Citoyenne, Auclert continuou o seu activismo.

En 1894, colaborou co xornal La Libre Parole lanzado polo xornalista Édouard Drumont.

 
Tumba de Hubertine Auclert no Cemiterio do Père-Lachaise de París

En 1900 participou na creación do Consello Nacional das Francesas, unha organización creada co obxectivo de federar os grupos feministas franceses que pronto apoiará o voto das mulleres e, froito da súa estancia en Alxeria, publica ese ano Les femmes arabes en Algérie (en galego, As mulleres árabes en Alxeria), unha obra na que denunciou o duplo peso que recaía sobre estas mulleres: o da tradición ancestral e o do colonialismo.[10][10]

En 1908, as francesas casadas lograron finalmente o control dos seus propios salarios mais Auclert, que tiña xa 60 anos, continuou reivindicando a igualdade completa e protagonizou varias accións para chamar a atención da discriminación contra as mulleres. Durante as eleccións municipais dese ano, rompeu simbolicamente unha urna en París. O 24 de abril de 1910 facendo estratexia con Marguerite Durand, e desafiando as autoridades, presentouse como candidata ás eleccións lexislativas. Seguíronlle outras dúas mulleres: Renée Mortier e Gabrielle Chapuis. Candidaturas que foron rexeitadas.[9]

Entre os seus argumentos habituais estaba o render homenaxe a Xoana de Arco e convertela nun símbolo da loita feminista estaba entre os seus argumentos habituais: «Xoana de Arco foi a personalización do feminismo, non tivo en conta nin dos usos, nin da autoridade dos poderosos, e utilizou, a pesar dos homes, dos dereitos dos homes para salvar o país».

Considerada como unha figura central na historia do movemento dos dereitos das mulleres francesas, Hubertine Auclert, proseguiu o seu activismo até a morte. Foi enterrada no cemiterio do Père-Lachaise, división 49, de París. A escultura sobre a súa tumba conmemora o «sufraxio das mulleres».[9]

Obra editar

  • Les femmes arabes en Algérie (1900). París: Société d'éditions littéraires
  • Le vote des femmes (1908). París: V. Giard & F. Brière
  • Les Femmes au gouvernail (1925) Marcel Giard (publicado postumamente).

Outros datos editar

  • Hai unha escola de Tolosa que leva o nome de Hubertine Auclert.[11]
  • En 2013, no 11 distrito de París inaugurouse a praza Hubertine-Auclert.[12]

Notas editar

  1. "Saint-Priest-En-Murat | Communauté de Communes de la Région de Montmarault". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  2. "Figures du féminisme - Hubertine Auclert : La première suffragette". 
  3. "Nous avons lu : Hubertine Auclert, pionnière du féminisme (2007) - Archives du Féminisme". 
  4. "Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller. Feminismo". O Portal das Palabras. 7 de marzo de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Gabriel, Oihana (18-07-2018). "Figures du féminisme: Révoltée, suffragette, sens du happening... Qui était Hubertine Auclert?". 20minutes.fr. Consultado o 11-03-2019. 
  6. "Le Galois" (324). 02-08-1880. Consultado o 11-03-2019. 
  7. Bascou-Bance. La mémoire des femmes: anthologie (en francés). Les Guides MAF. ISBN 9782914659055. 
  8. Perrot. Mon histoire des femmes (en francés). Seuil. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Debré; Bochenek. Ces femmes qui ont réveillé la France (en francés). París: Arthème Fayard. ISBN 978-2-213-67180-2. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Courte biographie de Hubertine Auclert". 
  11. "Collège Hubertine Auclert". Consultado o 11-03-2019. 
  12. "La place Hubertine-Auclert - 75011". parisrues.com. Arquivado dende o orixinal o 19-05-2019. Consultado o 11-03-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar