A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico.[1] Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das areas brancas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de alfarrobeira coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Tamén é coñecido como o oasis de América.

Oasis de Huacachina.
Vista panorámica da lagoa.
Vista panorámica do oasis e os seus arredores.

Huacachina ten unha poboación permanente de arredor de cen persoas[2] aínda que acolle decenas de milleiros de turistas cada ano.

Notas editar

  1. "Huacachina.com" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2016. 
  2. "Discovery Channel Australia: Huacachina". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar