Hrivna
українська гривня
hrivna ucraína
Código:UAH
Ámbito:Ucraína Ucraína
Símbolo:грн, ₴
Fracción:100 kópeks
Moedas:1, 2, 5, 10, 25, 50 kópeks e 1 hrivna
Billetes:1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 hrivnas
Emisor:Banco Nacional de Ucraína
Taxa de troco:
26-02-2014
1 EUR = 13,3366 UAH
1 USD = 9,705 UAH
Troco actual

A hrivnia[1] ou hrivna[2] é a moeda de curso legal de Ucraína. Divídese en 100 kópeka (en ucraíno: копійка, kópica). En 1996 circulou xunto aos billetes de karbóvanets (en ucraíno: карбованець, karbóvanets, plural: карбованці, karbóvantsi) até que este foi totalmene substituído. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é UAH, e a súa abreviatura oficial hrn (грн). Porén, no ano 2004 o Banco Nacional de Ucraína obtivo a normalización dun símbolo novo, ₴, que en Unicode se escribe U+20B4.

Etimoloxía editar

O nome da divisa provén da antiga moeda utilizada na Rus de Kíiv no século XI. A palabra deriva da forma eslava grivia, que significa "crinas, cabelos". Pénsase que este termo facía referencia a algo de valor, normalmente fabricado en ouro ou prata, que se colocaba ao redor do colo. De feito, en idiomas como o búlgaro ou o serbio, grivnia significa "brazalete" ou "pulseira". Máis tarde a palabra empregouse para medir lingotes de ouro ou prata de certas características.

O termo en idioma ucraíno pronúnciase como hryvnia (гривня). Porén, moita xente o pronuncia en idioma ruso como "grivnia" (en idioma ruso Г equivale á nosa letra G). En cambio a transliteración a idiomas como o castelán, o catalán ou o francés do idioma oficial de Ucraína (ucraíno) da letra Г é H e non G, xa que cando en ucraíno se quere expresar a letra G úsase unha letra distinta, que está representada polo símbolo Ґ (г é distinto a ґ).

Símbolo da grivnia editar

 
Símbolo da grivnia.

O símbolo da divisa deriva da letra G do alfabeto cirílico (Г) na súa versión minúscula e cursiva: г.

Componse da letra cun duplo trazo horizontal, que simboliza a estabilidade, parecido ao utilizado noutras divisas, como no ien (¥) ou o euro (€).

O símbolo da hrivna, que aínda non se visualiza en todos os buscadores, propúxose en 2003 a través dunha votación popular organizada polo Banco Nacional de Ucraína e, en marzo de 2004, implantouse.

Tan pronto como o símbolo foi anunciado ao público, propúxose a súa codificación en Unicode 4.1, a cal se implantou en 2005 (U+20B4).

Historia editar

 
Unha grivnia altomedieval
(aproximadamente 200 g de prata).

No século XI utilizouse unha moeda chamada "grivnia" na Rus de Kíiv. Iván Kuzmin Kondrátiev (1870 – 1904) no libro "Remota antigüidade de Moscova" escribe:[3]

Os rublos eran partes de grivnia ou anacos de prata con marcas que indicaban o seu peso. Cada grivnia dividíase en catro partes; o nome rublo precede da palabra "рубить" (cortar), porque a variña de prata cun peso dunha grivnia se cortaba en catro partes, que se denominaban rublos.

Porén, segundo a Grande Enciclopedia Soviética, a grivnia se cortaba pola metade e a cada metade se denominaba rublo.

En 1917, tras a proclamación da República Popular de Ucraína introduciuse unha nova moeda para substituír o rublo chamada grivnia.

A grivnia substituíu os karbóvanets en setembro de 1996 debido á hiperinflación que sufriu Ucraína tras a caída da URSS en 1990. A taxa de troco fixouse en 100.000 UAK = 1 grivnia.

Porén, a introdución da grivnia mantívose en segredo. Finalmente, introduciuse de acordo ao decreto asinado polo Presidente de Ucraína o 26 de agosto de 1996 e publicado o 29 de agosto. Durante o período de transición, entre o 2 e o 16 de setembro, a grivnia e o karbóvanets circularon xuntos, aínda que os comerciantes estaban obrigados a dar o cambio en grivnais. Todas as contas bancarias convertéronse a grivnias automaticamente. Durante este período de transición, o 97 % dos billetes con denominacións en karbovánets deixaron de circular, e durante os primeiros cinco días da reforma monetaria, xa o 56 %. Despois do 16 de setembro só podían cambiarse os karbóvanets a grivnas nos bancos.

A grivnia introduciuse cando o que sería despois presidente do país Viktor Yushchenko ostentaba o cargo de gobernador do Banco Nacional de Ucraína. Porén, todos os billetes levaban a sinatura do anterior gobernador, Vadym Hetman, quen deixou o cargo en 1993. Isto debeuse a que os primeiros billetes denominados en grivnias imprimíranse a comezos de 1992 a cargo da Canadian Bank Note Company, pero decidiise pospoñer a súa circulación até controlar os niveis de hiperinflación.

Inicialmente, a taxa de troco era de 1 UAH = 1 USD. Tras da crise financeira rusa de 1998, a moeda devaluose até 5,60 UAH por dólar en febreiro de 2000. Máis tarde, o troco mantívose relativamente estábel, ao redor de 5,40 UAH por dólar desde o 21 de abril de 2005 até o 21 de maio de 2008. A mediados de outubro de 2008 a grivnia devaluouse un 38,40 %, pasando de 4,85 UAH por dólar o 23 de setembro de 2008 a 7,88 UAH por dólar o 19 de decembro de 2008.

Moedas editar

 
Todas as moedas ucraínas.

As primeiras cuñaxes da grivnia realizáronse en 1992 para a creación dunha nova moeda, pero non se introduciron até 1996, cando se controlou un pouco a inflación que sufría o país.

As primeiras moedas cuñáronse na Luhansk Cartridge Factory e na Zecca dello Stato italiana.

As características das moedas en circulación detallánse na seguiente táboa.

Denominación Emisión Metal Canto Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Grosor
(mm)
Anverso Reverso
1 Kópek 1992- Aceiro Liso 16,00 1,50 1,20 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 1 КОПІЙКА
2 Kópeks 1992-1996 Aluminio Liso 17,30 0,60 1,20 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 2 КОПІЙКН
2 Kópeks 1997- Aceiro Liso 17,30 1,80 1,20 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 2 КОПІЙКН
5 Kópeks 1992- Aceiro Estriado 24,00 4,30 1,50 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 5 КОПІЙКОК
10 Kópeks 1992- Cu+Ni+Zn Estriado 16,30 1,70 1,25 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 10 КОПІЙКОК
25 Kópeks 1992- Cu+Ni+Zn Estriado
descontinuo
20,80 2,90 1,35 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 25 КОПІЙКОК
50 Kópeks 1992- Cu+Ni+Zn Estriado
descontinuo
23,00 4,20 1,55 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 50 КОПІЙКОК
1 Grivnia 1992- Cu+Ni+Zn Liso
ОДНА ГРИВНЯ
26,00 7,10 1,85 Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe 1 ГРИВНЯ - Acios de uvas

Billetes editar

En 1996, púxose en circulación a primeira serie de billetes denominados en grivnias a cargo do Banco Nacional de Ucraína. Están datados en 1992 e as súas denominacións son de 1, 2, 5, 10 e 20 grivnias. Os billetes de 1 grivnia imprimíronse na Canadian Bank Note Company en 1992, e os demais dous anos máis tarde. Porén, até a introdución da grivnia en 1996 os billetes permaneceron almacenados no Canadá. Existen denominacións de 50 e 100 grivnais da primeira serie, aínda que nunca chegaron a circular.

Primeira serie: 1992
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Dimensións Cor predominante Anverso Reverso
    1 Grivnia 135 x 70 mm Verde 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    2 Grivnias 135 x 70 mm Marrón 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    5 Grivnias 135 x 70 mm Azul 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    10 Grivnais 135 x 70 mm Violeta 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    20 Grivnias 135 x 70 mm Amarelo 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ

En 1996 tamén se introduciu unha segunda serie composta por denominacións de 1, 50 e 100 grivnias, datados en 1994. Os billetes foron encargados á compañía británica De La Rue. Desde a creación da ceca ucraína en 1994 en colaboración coa imprenta De La Rue, todos os billetes imprimíronse en Ucraína. Máis tarde, engadiuse un billete de 200 grivnias en 2001.

Segunda serie: 1994
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Dimensións Cor predominante Anverso Reverso
    1 Grivna 133 x 66 mm Verde/Marrón 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    2 Grivnias 133 x 66 mm Marrón 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    5 Grivnias 133 x 66 mm Azul 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    10 Grivnias 133 x 66 mm Violeta 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteir das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    20 Grivnias 133 x 66 mm Amarelo 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    50 Grivnias 133 x 66 mm Amarelo/Violeta 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mikhailo Hrushevskii - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    100 Grivnias 133 x 66 mm Rosa/Verde 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    200 Grivnias 133 x 66 mm Azul 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ

A terceira serie chegaría en 2006, e está composta por denominacións de 1 a 500 grivnias. Todos os billetes emitidos continúan sendo de curso legal, pero en 2008 xa era raro encontrar algún billete das primeiras series.

Terceira serie: 2006
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Dimensións Cor predominante Anverso Reverso
    1 Grivnia 118 x 63 mm Gris 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    1 Grivnia 118 x 63 mm Amarelo/Azul 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    2 Grivnias 118 x 63 mm Marrón/Vermello 2 - ДВİ ГРИВНİ - Yaroslav I o Sabio - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    5 Grivnias 118 x 63 mm Azul 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    10 Grivnias 124 x 66 mm Vermello 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    20 Grivnias 130 x 69 mm Verde 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    50 Grivnias 136 x 72 mm Violeta 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mkhailo Hrushevskii - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    100 Grivnias 142 x 75 mm Amarelo 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Paisaxe de Cherkasi - Neno guiando a un kobzar - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    200 Grivnias 148 x 75 mm Rosa 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ
    500 Grivnias 154 x 75 mm Beixe 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Hrihorii Skovoroda - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Academia Kiiv-Mohila - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ

Notas editar

  1. "hrivnia". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2104. ISBN 9788482893600. 
  3. Кондратьев И. К. Седая старина Москвы. М., 1893.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Notas editar