Un hotspot (en inglés punto quente) é unha zona de cobertura da rede Wi-Fi, en que un punto de acceso (access point) ou diversos fornecen servizos de rede a través dun Provedor de Servizos de Internet sen fíos (WISP). Os hotspots atópanse en lugares públicos, tales como aeroportos, bibliotecas, centros de convencións, bares, hoteis, etc. Este servizo permite manterse conectado a Internet en lugares públicos. Este servizo pode fornecerse de forma gratuíta ou por unha suma que depende do provedor.

Xerador de Puntos de Acceso

Os dispositivos compatibles con acceso Wi-Fi e sen fíos permiten conectar PDA, ordenadores e teléfonos móbiles, entre outros.

Frecuencias editar

Unha rede Wi-Fi usa un radio de frecuencia para comunicarse entre o cliente dispositivo e o punto de acceso, usa transmisores de dupla banda (ou de duplo sentido) que traballan a 2.4 GHz (802.11 b e/ou 802.11 g) ou 5 GHz (802.11 a). En xeral, a gama da antena varía entre 30 e 300 metros de distancia entre o punto emisor e o receptor, dependendo do tipo de antenas utilizadas e a enerxía emitida. A pesar diso, hai moitos factores que reducen o alcance efectivo, como as interferencias e as condicións físicas da sala ou no caso de exteriores os elementos físicos.

Seguridade editar

Debido ao feito de que a comunicación se establece por medio de ondas electromagnéticas, a posibilidade de ser crackeadas ou de que unha persoa estraña se apodere da rede son bastantes. Os sistemas de seguridade WPA2 que se consideraban bastante fiábeis deixaron de ser seguros[1]. Independentemente da seguridade aplicada sobre a conexión sen fíos, nun punto de acceso público carece de importancia facer unha conexión cifrada. Se un punto de acceso é mediante unha rede sen fíos cifrada e o código para isto é coñecido, a facilidade para descifrar os datos é a mesma.

Nun punto de acceso público hai que aplicar unha configuración peer-to-peer en todos os casos en capa 2 e evitar así o multicast ou transmisión entre os clientes. Non hai necesidade de aplicar o cifrado na conexión sen fíos e debe permitirse o uso de redes privadas virtuais.

WAP con función de punto de acceso editar

Algúns modelos de WAP poden ser usados como "hotspots" e apoiar un nivel de autenticación mediante RADIO e outros servidores de autenticación.

Os últimos modelos usan niveis de cifrado de segunda e terceira xeración, dado que a primeira xeración de cifrado WEP resultou ser moi doada para crakear.

Estes novos niveis de cifrado, tanto WPA como WPA2, son considerados seguros se o contrasinal é suficientemente forte ou se usa un "passphrase" (frase de paso).

Notas editar

  1. Marcus Fernández (16/10/2017). "As redes Wi-Fi actuais poderían ser totalmente inseguras". Código Cero. Consultado o 18/10/2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar