Horus

deus exipcio

Horus "o elevado", deus celeste e deus curador na mitoloxía exipcia. Consideróuselle iniciador da civilización exipcia.

Horus no seu templo de Edfu

Nome exipcio: Hor. Nome grego: Horos. Deidade grega: Apolo Febo. Nome latino: Horus.

Iconografía editar

É representado como falcón, ou home con cabeza de falcón, coa coroa Dobre. Tamén como un Sol con ás de falcón sobre portas e nas salas dos templos; e con forma leonina como Harmajis. O símbolo xeroglífico do falcón sobre unha percha empregouse desde épocas predinásticas para representar a idea de deus.

Historia editar

Horus é un deus moi antigo, xa coñecido na época predinástica. Era un deus vinculado á realeza que tutelaba aos monarcas tinitas, cuxo centro de culto era Hieracómpolis. Dende o Imperio Antigo, o rei é a manifestación de Horus na terra, aínda que ao morrer converterase nun Osiris, e formará parte do deus creador Ra. Durante o Imperio Novo asocióuselle ao deus Ra, como Ra-Horajti.

Mitoloxía editar

Horus, fillo de Osiris, ao chegar á maioría de idade, axudado polos Shemsu Hor loitou contra Seth para recuperar o trono do seu pai, asasinado por Seth. Seth quedou como o deus do Alto Exipto e Horus do Baixo Exipto. Posteriormente Horus foi deus de todo Exipto, mentres que Seth era deus do deserto e dos pobos estranxeiros. Representa a loita entre a fertilidade do val do Nilo (Osiris) e a aridez do deserto (Seth).

Máis adiante deixou o goberno aos reis míticos, denominados Shemsu Hor, segundo a tradición.

Como deus solar, Horus defende a barca de Ra, coa axuda de Seth, contra a gran serpe Apofis. Ademais é o protector de Osiris no inframundo exipcio, ou Duat. Durante o xuízo de Osiris, segundo o Libro dos Mortos, é o mediador entre o morto e Osiris.

Sincretismo editar

O seu culto adaptouse ao mito de Osiris nun intento de sincretismo relixioso, sendo moitos os deuses que se encarnaron e fusionaron con Horus en diversas localidades exipcias.

Horus aparecía en moitas formas, sendo representado como:

Símbolo solar:

  • Harmajis, Hor em ajet "Horus no horizonte", Sol nacente asociado con Jepri.
  • Hor jenti jet, Sol da mañá.
  • Haractes, Horajti "Horus do horizonte", fusionado con Ra.
    • Hor Iabti, "Horus de oriente", semellante a Haractes.

Horus neno:

  • Harsiese, Heru sa Ast, novo, o fillo de Isis e Osiris.
  • Harsomtus, Hor Samtauy, renacido de Hathor, como fillo de Hathor e Horus en Edfú.
  • Harpa, Har pa Ra, deus solar de Coptos.
  • Ihy, asimilado a Harsomtus e Harpócrates.
  • Panebtauy, como fillo de Haroeris.
  • Harpócrates, Hor pa jard, que asimilou a Harsiese e Harsomtus.
 
Imaxe de Horus neno. Período tardío

Horus maior:

  • Haroeris, Her Ur, "Horus o vello", irmán de Osiris e Seth. Supremo deus do Alto Exipto. Os seus diversos aspectos eran:
    • Horus Behedety, Hor Behutet, venerado en Edfu.
    • Horjenti-Irti, Hor ur jent ar ti, o "Señor dos seus ollos".
    • Hor Semsu, fillo de Nut, ou de Osiris e Isis.
    • Hor Marti.
  • Harendotes, Hor Nedy Her Atef, "o vengador do seu pai".
    • Hartomes, Hor tema a, outra forma de Harendotes.
  • Hor nejeny, venerado en Nejen.
  • Horpanebtauy, "Horus, Señor das dúas Terras".

Tamén como:

  • Hor duat, Horus da Duat, "Señor das estrelas circumpolares".
  • Hor imy shenut, "O que está en Shenuet".
  • Hor hery uadyef, o "Señor dos espíritos de Pe (Buto)".
  • Horus Iunmutef, sacerdote nos ritos funerarios.

Ademais foi asociado a dous planetas, como:

Culto editar

 
Templo de Horus en Edfu

Coñecido desde a época predinástica, é probable que o seu culto tivese orixe no delta do Nilo aínda que foi venerado en todo Exipto con importantes templos en Edfu, Hieracómpolis e Letópolis. En Bubastis e Menfis, adorado como Hor Hekenu, identificado con Nefertum. En Buto e Mesén, como Hor neb mesen, similar a Hor Behedety. Nas zonas limítrofes con Libia, como Hor Tehenu. En Letópolis, como Hor menu.

O seu culto estendeuse polo Mediterráneo, como Harpócrates, vinculado á súa nai a deusa Isis.

Epítetos editar

Tivo os títulos de "o afastado", "o elevado", o "Señor das estrelas circumpolares".

Nomes teóforos editar

Desde a época predinástica incluíron o seu nome a maioría dos faraóns, formando parte do seu titulatura como nome de Horus e nome de Hor-Nub.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar