Horror vacui é unha locución latina que significa literalmente "horror ao espazo baleiro". E ten diferentes significados dependendo do campo no que sexa usado.

A caída de Babilonia, gravado por Jean Duvet das series sobre a Apocalipse, circa 1555.

Historia e características editar

Na arte editar

A expresión latina horror vacui (literalmente “horror ao espazo baleiro”) emprégase na historia da arte, especialmente na crítica da pintura, para describir o recheo de todo o espazo baleiro nunha obra con algún tipo de imaxe ou figura. É unha das características xerais do embaldosado matemático (concepto xeométrico que consiste en cubrir por completo un plano mediante unha unión de dúas figuras) e dos densos campos de recheo nos deseños entrelazados dos celtas. Algúns exemplos de horror vacui poden verse en obxectos bárbaros, tales como o barco viquingo de Sutton Hoo. Tamén é carecterística da estética do Barroco e especialmente do Rococó, así como na decoración islámica e na luxosa e ostentosa arte bizantina. O termo aplícaselle principalmente a ao crítico e investigador italiano Mario Praz, quen o usou para describir a atmosfera agobiante e desordeada do deseños de interiores na época vitoriana.

Na ciencia editar

Desde Aristóteles, libro V da súa Física [1] , e ata o século XVII, negouse a existencia do baleiro [2], xa que se consideraba como algo loxicamente imposible.

Tamén Platón, os estoicos e a maioría das escolas antigas (atomistas e tratados de pneumática dos enxeñeiros alexandrinos) contribuíron a esa práctica unanimidade que chega ata a Idade Media e a incipiente Idade Moderna.

Baixo ese punto de vista unánime foron interpretados certos fenómenos: por exemplo, a succión que exerce unha ventosa, a dificultade en separar un fol se non se permite a entrada do aire etc. Todas estas observacións, acompañadas de rudimentarios experimentos, parecían demostrar que a natureza resístese a tolerar a ausencia de aire: ou sexa, que a natureza aborrece o baleiro.

Na Idade Media estas pequenas probas serviron para reforzar desde un punto de vista empírico algo que xa viña afirmado desde un punto de vista filosófico. Así foi acuñado o principio do horror vacui.

A aceptación moderna do baleiro débese especialmente a Torricelli e a Newton. O principio do horror vacui converteuse en dogma practicamente irrebatible ata o século XVII. Torricelli (1608-1647), demostrou que os efectos atribuídos ao horror vacui eran debidos en realidade á presión do aire.

A difusión en toda Europa das experiencias de Torricelli animou a moitos outros científicos na mesma liña. Os máis destacados foron Pascal (1623-1662) en Franci, Boyle (1627-1691) en Inglaterra, e Guericke (1602-1686) en Alemaña.

Pascal inverte os termos da súa época co seu famoso experimento na montaña de Puy-de-Dôme e na cidade de Clermont, (Auvernia), aos seus pés. Realizouse o mesmo experimento ao pé da montaña e no seu cumio. Deste xeito, comprobouse a hipótese de Pascal. A altura do mercurio é menor no cume que ao pé da montaña. A explicación consiste en que "os lugares elevados, tales como os cumes das montañas, soportan unha presión da masa do aire menor que os lugares profundos, como poidan ser os vales; iso débese ao feito de que haxa máis aire por encima dos vales que dos cumes das montañas."

Polo tanto, a explicación polo horror ao baleiro vólvese insostible xa que non é posible pensar que a natureza aborrece máis ao baleiro abaixo que no cumio da montaña.

Entre 1644 (data dos experimentos de Torricelli) e 1687 (data da publicación por Newton das súas Philosophiae naturalis e Principia mathematica) habería que situar o período crucial da aceptación moderna do baleiro.

Dun horror ao baleiro, dunha negación da súa existencia pola materia e a súa extensión -tese que suscita Descartes-, pásase a unha demostración de que o baleiro é, en realidade, efecto do peso e a presión do aire.

Na literatura editar

Jacques Hamelink, escritor, poeta e ensaísta holandés, nacido en 1939, escribiu unha obra co título de Horror Vacui en 1966, que foi traducida ao francés. Destacaron tamén importantes autores e artistas que usaron o horror vacui como foron Robert Williams ou Robert Crumb. Por exemplo nunha famosa serie chamada Onde está Wally? (Where's Wally?) destacou polas súas macabras ilustracións baseadas no horror vacui o debuxante Edward Gorey.

En xeografía e cartografía editar

Nos mapas antigos e en moitos mapas turísticos actuais adóitanse representar sitios interesantes que ocupan todo o espazo cartográfico, para disimular a falta doutros lugares. Trátase dun verdadeiro Horror Vacui, que se manifesta tamén en moitos textos, nos que se indican descricións fantásticas de sitios descoñecidos. Por exemplo, “as lendas del Dorado e da laguna de Pirema”, na conca de Orinoco onde non se coñece o lugar con exactitude. Estes Horror Vacui incluíronse en moitos libros para substituír o descoñecemento real do territorio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar