Hormonas liberadoras e inhibidoras

As hormonas liberadoras e as hormonas inhibidoras son hormonas que teñen como principal función controlar a liberación ou a inhibición, respectivamente, doutras hormonas, actuando sobre as propias glándulas endócrinas.

Características editar

As hormonas liberadoras denomínanse tamén liberinas ou factores de liberación (pero non deben confundirse coas proteínas chamadas factores de liberación que interveñen na tradución de proteínas). As hormonas inhibidoras denomínanse tamén estatinas (non confundir cos fármacos para baixar o colesterol) ou factores inhibidores. Os principais exemplos son as hormonas hipotalámico-hipofisarias, que se poden clasificar atendendo a distintos criterios: son hormonas hipotalámicas (orixinadas no hipotálamo), son hormonas hipofisiotrópicas (que afectan á hipófise ou glándula pituitaria), e son tamén hormonas trópicas (que teñen como diana outras glándulas endócrinas).

Por exemplo, a hormona liberadora da tirotropina (TRH) é segregada no hipotálamo en resposta a niveis baixos de secreción da hormona estimulante da tiroide (TSH) na hipófise. O TSH á súa vez está baixo o control por retroalimentación das hormonas tiroides T4 e T3. Cando os niveis de TSH son demasiado altos, exercen retroalimentación sobre o cerebro para deter a secreción de TRH. A TRH sintética tamén a usan os médicos como unha proba para estimar as reservas de TSH na glándula hipófise, xa que estimula a liberación de TSH e prolactina desa glándula.

As principais hormonas liberadoras son as seguintes:

As principais hormonas inhibidoras que inhiben a liberación doutras hormonas son as seguintes:

Hai outros factores inhibidores que teñen tamén unha actividade de inhibición endócrina tópica. Esta actividade é só unha das moitas funcións que teñen (como a de neurotransmisores e receptores antagonistas), e non sempre se denominan hormonas, aínda que moitos son neuropéptidos ou neuroesteroides. Entre eles están os seguintes:

Mecanismo editar

As hormonas liberadoras incrementan (e os factores inhibidores diminúen) a concentración intracelular de calcio (Ca2+), o que ten como resultado a fusión de vesículas cargadas coas respectivas hormonas primarias.

Para a GnRH, TRH e GHRH o incremento de Ca2+ conséguese polo acoplamento da hormona liberadora e a activación de receptores acoplados á proteína G acoplados á subunidade Gq alfa, activando a vía IP3/DAG para incrementar o Ca2+.[1] Porén, para a GHRH esta é unha vía menor, xa que a principal é a vía dependente do AMPc.[2]

Investigadores notables editar

Roger Guillemin e Andrew W. Schally recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 1977 pola súa contribución á comprensión "da produción de hormonas peptídicas do cerebro"; estes científicos illaron independentemente por primeira vez a TRH e GnRH e despois identificaron as súas estruturas químicas.[3]

Notas editar

  1. Costanzo, Linda S. (2007). Physiology. Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 237. ISBN 0-7817-7311-3. 
  2. Walter F., PhD. Boron (2003). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. Elsevier/Saunders. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3. 
  3. Guillemin R. Hypothalamic hormones a.k.a. hypothalamic releasing factors. J Endocrinol 2005;184:11-28. Fulltext Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine.. doi 10.1677/joe.1.05883 PMID 15642779.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar