Homoloxía

páxina de homónimos

Homoloxía pode referirse a:

  • Homoloxía (bioloxía), características dos organismos biolóxicos que derivan dun antepasado común.
  • Homoloxía de secuencias, semellanza nas secuencias entre proteínas ou entre ácidos nucleicos debido a unha orixe evolutiva común.
  • Homoloxía profunda, a homoloxía que se dá en xenes de especies moi afastadas que determinan procesos de diferenciación de moitos órganos.
  • Modelaxe de homoloxía, un método de predición da estrutura das proteínas.
  • Homoloxía (antropoloxía), analoxía entre as crenzas humanas, prácticas ou artefactos debido a conexións históricas ou xenéticas.
  • Homoloxía (química), relacións entre compostos nunha serie homóloga.
  • Homoloxía (matemáticas), procedemento para asociar unha secuencia de grupos abelianos ou módulos cun obxecto matemático dado.
  • Homoloxía (xeometría), relación dos lados que en cada unha de dúas ou máis figuras xeométricas semellantes están colocados na mesma orde.
  • Homoloxía (psicoloxía), características de comportamento que teñen orixes comúns na súa evolución ou desenvolvemento.
  • Homoloxía (socioloxía), "resonancia" estrutural entre os diferentes elementos que forman un conxunto sociocultural.
  • Homoloxía bioquímica, relación de correspondencia que ofrecen entre si distintas moléculas ou algunha das súas partes, que teñen orixe e función semellantes.

Homólogo/a pode referirse a:

  • Cromosomas homólogos, cromosomas do mesmo par das células diploides, que se recombinan na meiose.
  • Xenes homólogos, xenes similares cun antepasado común.
  • Recombinación homóloga, recombinación xenética entre cromosomas homólogos.
  • Comportamentos homólogos, comportamentos típicos de especies que comparten un antepasado común que estaba caracterizado por ese comportamento OU comportamentos nun individuo que teñen unha orixe común no seu desenvolvemento.
  • Desensibilización homóloga, a que se dá cando un receptor diminúe a súa resposta a unha molécula sinalizadora cando ese agonista está en alta concentración.
  • Serie homóloga (química), serie de compostos orgánicos que teñen diferentes cantidades dunha unidade repetida.
  • Temperatura homóloga, a temperatura dun material como unha fracción do seu punto de fusión absoluto.
  • Eclipses homólogas, eclipses que teñen lugar na mesma lunación (numerada de 1 a 223) de ciclos de Saros consecutivos e en condicións case idénticas.

Homolóxico/a pode referirse a:

Homologación pode referirse a:

  • Homologación, do grego "estar de acordo", para indicar a aprobación dun corpo sancionador.
  • Homologación (deporte do motor), proceso de aprobación pola autoridade correspondente do modelo de coche/moto de uso oficial nas competicións.
  • Reacción de homologación, reacción química que produce o seguinte membro lóxico dunha serie homóloga de compostos.